22 mar 2013

Entradas da terceira avaliación 2012-2013

Volvemos ao traballo.
Como sucedía no trimestre anterior, neste novo trimestre as entradas deben cumprir unhas condicións máis estritas que na avaliación anterior:
  • O tema de todas as entradas debe estar relacionado coa relación ciencia-pseudociencia, a saúde e a revolución da biotecnoloxía, os temas que trataremos nesta avaliación.
  • Calquera entrada que copie fragmentos da fonte será desestimada.
  • As fontes non poderán ser repetidas polo mesmo autor.
  • Todas as entradas deberán dar lugar a unha polémica referida á controversia ciencia-pseudociencia ou a relación dos avances científicos coa sociedade.
  • Lembrade que os comentarios tamén se valoran.
  • As entradas deben ser curtas e incluír hipervínculos, etiquetas e, algo moi importante, referencias que nos permitan analizar as fontes de cada entrada. Este aspecto é moi importante, nesta avaliación se valorará especialmente o uso da rede para complementar a información.
A partir do xoves 28 tedes as portas do blog abertas. Ánimo e a traballar.

18 mar 2013

Evolución

Unha marabilla de libro no que vemos a evolución en acción. Como moi a define o autor, a evolución biolóxica é o maior espectáculo sobre a Terra.
E, por certo, así lle dedicamos un pouco de espazo a un dos máis interesantes divulgadores deste tema, Richard Dawkins, un escritor que nunca deixa indiferente.
Pinchando sobre a imaxe podes ver o interior do libro

12 mar 2013

Fiaríaste de Internet ao 100%?


Este mes pasado dise, que un equipo internacional de científicos descubriu o antepasado máis antigo dos mamíferos, pero podo ser isto certo? Observando dúas noticias que tratan do mesmo descubrimos que na primeira delas cóntanos que era un diminuto insectívoro que se diversificou logo da extinción dos dinosauros hai 65 millóns de anos. Mentres na outra noticia dinos que isto sucedeu fai 66 millóns de anos e que este descubrimento cuestiona a teoría de que os mamíferos se diversificaron xusto despois da extinción dos dinosauros. Volvendo a primeira noticia, nela aparece que a criatura daba luz a unha soa cría e que o seu cerebro era complexo cun gran lóbulo que lle permitía interpretar olores. Pola contra na segunda noticia non nos fala nada diso, só nos di que tiña un útero con dúas trompas e unha placenta similar a humana. Tamén nos conta que no sangue materno comunicábanse coas membranas que rodean ao feto. Que noticias debemos crer? Esta ben fiarse de todo o que sae en Internet?


FONTES:

www.elmundo.es/elmundo/2013/02/07/ciencia/1360239170.html
cuadernodeutopia.blogspot.com.es/2013/02/estudio-revela-el-ancestro-mas-antiguo.hml

11 mar 2013

Rematamos a segunda avaliación

Xa estamos cerca da fin desta avaliación polo que dende hoxe non serán aceptadas novas entradas.
Grazas por participar