7 feb 2012

Volvemos na terceira avaliación

Podedes ir pensando entradas para a terceira avaliación.
Volvemos a ter obxectivos similares pero neste caso os temas, ademais de ciencia e pseudociencia, son a revolución xenética, a saúde e o medio ambiente.
Lembrade que na biblioteca tedes unha sección de divulgación científica con libros para a terceira avaliación.

COMEZA O PROXECTO M.A.R.T.E. EN RIO TINTO


Científicos e enxeñeiros da NASA, de Universidades americanas e do Centro de Astrobioloxía de España, comezaron un proxecto, de tres anos de duración.O proxecto chamado “MARTE” consiste en perforacións de ata 150 metros de profundidade, para a búsqueda de microorganismos extremófilos que se espera que existan nas fontes do Río Tinto. As bacterias existentes no río xogan un papel importante no mantemento das condicións de acidez do río. Os científicos esperan encontrar bacterias similares no subsolo do Río Tinto. Coas perforacións obteranse mostras que aportarán importantes datos sobre as formas de vida existentes. Habrá vida en Marte?

6 feb 2012

O ser humano evolucionou a partir dos peixes, proba diso atopámola no noso propio corpo.



Na súa fase inicial o embrión humano é moi semellante ao doutros mamíferos que tamén comezaron a formarse a partir dos peixes. O video amosa os supostos pasos da evolución humana no proceso de formación do rostro dun meniño nos dous primeiros meses de vida no ventre materno.
Parece creíble o simulacro de evolución? Pode ser realmente certo que procedamos dun animal que a ollos actuais nos pareza en comparación con nós mesmos tan diferente?
As imaxes foron creadas a partir de escáneres de alta calidade de embrións humanos nas fases iniciais de desenvolvemento.

Atopan bacterias ó borde do espazo exterior

Tres novas especies de bacterias que non se atopan na terra foron descubertas na parte superior da estratosfera científicos indios.
O experimento levouse a cabo empregando un globo de 459 Kg de carga útil e en total detectáronse 12 bacterias e 6 colonias de fungos que mostraron unha maior similitude co 98% das especies coñecidas na Terra.
O máis destacable é que nestas tres novas especies había significativamente unha maior resistencia á radiación ultravioleta en comparación (xeneticamente falando) cos seus parentes máis achegados.
Aínda que este estudo non sexa concluínte para establecer a orixe extraterrestre dos microorganismos...Axudaranos a progresar no avance por descifrar a orixe da vida? 

Elemental, queridos humanos.


Se es unha desas persoas ás que lle interesa coñecer coñecer o mundo que os arrodea non podes perderte este libro, no que se explica a historia da Terra dende os seus inicios ata a actualidade, pasando pola evolución e facéndonos reflexionar sobre o noso planeta.
Para ler máis

Un estudio apunta que os organismos teñen unha capacidade innata para evolucionar

En Barcelona un grupo de investigadores, tras realizar varios estudios afirman que os organismos teñen unha capacidade innata para permitir a evolución.Este estudio demostra que os organismos son capaces de facer frente a procesos extremos de mutación e de reorganización dos xenes. Polo tanto, é esta unha evidencia que demostra que a teoría de Lamark non estaba totalmente equivocada?

Evolución e relixión.

A polémica entre cristiáns protestantes e os defensores da teoría da evolución é cada vez máis candente en Estados Unidos, polo que se publicou un libro de aire conciliador. Este libro está destinado á persoas laicas, e dedica gran parte do seu espazo a explicar as diferenzas entre ciencia e relixión. Nel, sostense que a aceptación da teoría evolutiva non precisa o abandono da fé en Deus. Ademais, o libro ataca con argumentos a unha forma do creacionismo, bautizada como "deseño intelixente" ao que califica de incorrecta e falsa. Esta ideoloxía, surxe en Estados Unidos no ano 1987, e extendeus a outros países. Dentro da Igrexa Católica, o Papa Benedicto XVI señalou que considerar ao home e á súa razón un produto casual da evolución é irracional, e declarou, tamén, que a teoría da evolución non está demostrada "fehancientemente". Credes que o Papa debería facer declaracións deste tipo?
Fonte: http://www.tendencias21.net/La-polemica-sobre-evolucion-y-diseno-inteligente-es-innecesaria_a2002.html