9 jun 2017

Elba, a pastora galega de hai 9300 anos


Fai 9300 anos, unha muller que camiñaba xunto ao seu gando, caeu nunha coba cuberta pola neve. Os seus restos foron atopados recentemente e foron analizados profundamente, conseguindo obter ADN e analizar o seu xenoma, logrando o que o noso coñecido Ángel Carracedo negaba.








7 jun 2017

Crean o primeiro diccionario ilustrado sobre neurología neonatal para padres con neno hospitalizados






Un grupo de neonatólogos (os que se ocupan da saúde dos recien nacidos)  e neurólogos  crear o primer diccionario ilustrado de términos de Neurología Neonatal. Facil de ler e chea de dibuxos, axudara aos pais e nais a estar be informados das enfermidades dos seus pequeños
http://elpais.com/elpais/2017/06/06/mamas_papas/1496745487_699090.html

2 jun 2017

LOS ORÍGENES DEL HOMBRE ¿ DE DONDE VENIMOS


Neste libro descubrirás dende os nosos parecidos xeneticos cos chimpances ata as odiseas mundiais dos Homo Ergaster pasando polas ferramentas do Homo Habilis e outros descobrementos interesantes sobre os nosos ancestros e que te demostrará que a evolución do home é moito mais que catro macacos en fila india.


     

Consello xenético

Neste artigo fálanos de que o xenetista Ángel Carracedo quere salientar os beneficios que ten un consello xenético para algunhas enfermidades. Debería a xente ter unha consulta deste tipo cando ten antecedentes de enfermidades perigosas ou pode vivir sen coñecer que mutuacións perigosas posee?
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2016/03/01/angel-carracedo-anima-mejorar-asesoramiento-familias-enfermedades-raras/0003_201603O1C5991.htm

Un me gusta para a epixenética

Boas, somos Jenni, Bea e Nuria, alumnas do IES de Ponteceso, e precisamos da túa axuda! Entra nesta páxina (http://cienciaclip.naukas.com/video/epixenetica/) e dálle a "gústame" e, se podes, difunde isto. Unha viaxe ao CERN (o maior laboratorio de física de partículas do mundo) ou unhas entradas para Naukas 2017 están en xogo. Moitas grazas e que viva a #cienciaengalego

28 may 2017

¡¡¡FELIZ DÍA DO ORGULLO PRIMATE!!!!


Resultado de imagen de dia del orgullo primate

Dende o ano 2010, establecese o día 24 de Novembro coma Día do Orgullo Primate, xa que nesa data leváronse a cabo dous importantes logros da historia da bioloxía: a publicación da Orixe das Especies(1859), obra maestra  de Darwin, e o descubrimento da Australopithecus LUCY (1974). Asi que xa sabes, no teñas vergoña de facer o chimpancé o 24 de novembro!

10 may 2017

Como convertir un rato nun zombi asesino.



Cientificos expertos en optogenética (tecnica que se usa para acender e apagar grupos de neuronas no cerebro) consiguen identificar e controlar as neuronas da amígdala que controlan a persecución  e o ataque ás presas nos ratóns, convertindolles en seres que aniquilan todo o que vean. Que o queso temble, que o apocalipsis zombi chegou!