2 mar 2015

A consciencia



A consciencia e o acto psíquico mediante o cal unha persoa se percibe a si mesma no mundo.
No norte de Irak,encontráronse restos de neandentais que contiñan polen de flores ao seu arredos. Parecía que nestes enterramentos depositaban flores para honrar ós mortos.

Eran conscientes da súa propia vida e dos seus destinos?

1 mar 2015

A carne e a intelixencia humana



Pode estar relacionado o desarrollo da nosa intelixencia cun cambio na dieta dos nosos antepasados? Moitos aseguran que o aumento das graxas animais e proteinas consumidas contribuiron a un incremento do volume cerebral e polo tanto da nosa intelixencia. 
Pero, se isto é certo, como é que primates vexetarianos (chimpacé, gorila...) son considerados máis intelixentes que outros animais carnívoros, coma o león e o tigre?

Vestido azul ou branco?




ilusión óptica que estos días está enchendo as redes sociais, sobre un vestido, está producindo asomos en moitas persoas. Na imaxe podemos ver un vestido, a cor que apreciamos dependeexclusivamente de como o noso cerebro aprecia a luz que incide sobre el. Son as ilusións ópticas un timo?

Partes do corpo humano que non serven





Neste artigo resúmense as partes inútiles do noso corpo, e as súas función se é que as teñen, tales coma o apéndice, o pelo corporal, cocxis... Son en realidade inútiles? Ou aínda non encontramos a súa función? Son só restos da evolución?

Sorprendente artigo sobre hipóteses evolutivas



Este artigo preséntanos diferentes hipóteses evolutivas como o control evolutivo sobre a determinación do sexo nos bebés, ou o control na elección sobre a parella e os amigos...ata unha hipótese sobre a orixe da homosexualidade, analizando a xenética.
Son estas hipóteses válidas? Falamos de pseudociencia ou ciencia?

Poden ler os monos?‏



Investigadores da Universidade de Marsella (Francia), lograron que chimpancés recoñeceran palabras en inglés con moita exactitude, según afirman nunha publicación na revista "Science", o seu seguinte propósito é que comecen a relacionar palabras.

Son estes experimentos válidos? É un 75% de acertos un resultado  considerable?

Bailar ofrece vantaxes evolutivas



Marcel Zenter e os seus compañeiros da universidade de Nueva York publicaron recentemente un estudo sobre "a predisposición innata ao baile no humano" na revista PNAS. Un estudo xenético aos bailaríns mostrou diferenzas importantes en dous xens. É isto certo? Estamos predispostos a bailar? Axudanos o baile a evolucionar?