8 oct 2014

Fisiognomía
Algunha vez creches saber como era unha persoa só pola súa apariencia? É probable.
A fisiognomía é unha pseudociencia que pretende precisamente facer iso, estudar o carácter das persoas a través do seu aspecto físico, especialmente do seu rostro.
Pero, é posible coñecer rasgos da personalidade dunha persoa polos seus rasgos físicos? Pode unha persoa ser máis amable que outra polo feito de ter os ollos máis separados ca esta?

7 oct 2014

Están os extraterrestres contactando con nos?


Os círculos nas colleitas son debuxos que aparecen en campos de cultivo. Un investigador afirma que os círculos que aparecen nalgunhas colleitas son feitas por "razas alieníxenas da Galaxia de Andromeda", os cales se puxeron en contacto con el. Tamén asegura que estes circulos que aparecen nas colleitas de trigo ou maíz, son unha zona para comunicarse cos extraterrestres.
É realmente posible que os extraterrestres contacten con nos mediante campos de trigo? 



Como protegernos de los peligros de Internet


5 oct 2014

La conquista lunar ¡Vaya Timo!



Seguro que o home chegou á Lúa? Non será unha conspiración dos vosos profesores para obrigarvos a abandonar a idea de ser o primeiro en chegar a ela?
Neste novo título da coñecida colección ¡Vaya timo! tedes unha resposta científica.

3 oct 2014

Astroloxía


¿Outorgámoslle veracidade aos datos dos horóscopos aos que todos lles botamos ollada unha vez en calquera das numerosas revistas nas que se atopan? Non deberíamos.
A astroloxía é un exemplo de pseudociencia. Intenta relacionar a colocación de constelacións  con determinadas características persoais basadas plenamente na "falsa ciencia".
Existe relación alguhna entre a colocación dun astro con situacións persoais?

2 oct 2014

LA RIDÍCULA IDEA DE NO VOLVER A VERTE

A través da nosa maior debilidade, as pasións, Rosa Montero iguala a calquera persoa coa tenaz Marie Curie, unha muller fría por fóra e ardente por dentro.
 Sen dúbida unha historia de superación persoal.

1 oct 2014

Viaxe a Viveiro


Sabías que dende a Terra ata Viveiro hai unha distancia de 59 mil quilómetros aprox.?
Neste lugar posiblemente habiten marcianos, para confirmalo hai que ir ata Marte. Viveiro atópase nas coordenadas 49 graos e 118 oeste na cartografía de Marte, e dicir,o nome de Viveiro(un dos pobos da mariña lucense) déuselle a un dos cráteres deste planeta, o cal esta rodeado doutros foxos con nomes de vilas do mundo.

·         A vila ten que ter menos de 100 mil habitantes para poder poñerlle o seu nome a un dos cráteres. Ponteceso, Corme , Malpica, Laxe… podería ser o novo nome dun deses foxos?