Hace 2 semanas
11 feb 2014
Antigas pegadas humanas en Norfolk.
Arqueólogos británicos descubriron na costa de Norfolk, Inglaterra, unhas pegadas humanas de 800.000 anos de antiguedade. Son as máis antigas atopadas fóra de África. Estas pegadas fosilizadas corresponden a un grupo duns cinco individuos dunha especie humana primitiva que podería estar relacionada cos homínidos de Atapuerca. Será este o homínido máis antigo fóra de África?

Evolución acelerada

Ao referirnos ao termo evolución tendemos a pensar nun proceso moi lento determinado por diferentes factores. Nos derradeiros anos os procesos evolutivos dalgunhas especies comezaron a ir a un ritmo máis rápido por un proceso de selección natural causado por diferentes actividades do ser humano como o quencemento global. Algunhas especies como o esquío vermello de Yukon, en Canadá. Neste caso aprézouse no fenómeno de que as femias dan a luz 18 días menos de media que os seus antepasados para poder alcanzar as noces maduras antes que ninguén, o que nos dá a entender que so sobreviven as que teñen a oprtunidade de coller o alimento as que nacen antes. Ou o caso do sapo xigante que en so 70 anos desarrollou unhas patas máis fortes.
Estes datos suxiren unha pregunta: Estes cambios poden considerarse beneficiosos ou un aviso para non sobrepasar o límite?
10 feb 2014
A curiosa morte dos salmóns
Non podemos dicir que os salmóns nos resulten uns peixes especialmente raros xa que son bastante comúns. O curioso destes animais é a súa prematura morte: tras volver a remontar o río no que naceron para poñer as súas ovas (despois de descender ao mar para vivir) morren debido á secreción do seu propio corpo de grandes cantidades de corticosteroides os lle producen danos en todos os tecidos do seu corpo.
De non iniciar a súa madurez sexual, poderían os salmóns sobrevivir durante máis tempo?
Fonte: http://victorhut.wordpress.com/2007/05/18/el-suicidio-de-los-salmones/
¿Por que creemos en cosas raras?
Dedicado a 1ºC, esta semana un libro para vós.
En 1990 o 65% dos estadounidenses cría no dioivo e un 52% na astroloxía. Por que temos esa facilidade para crer en cousas imposibles? Un libro imprescindible para os que sufrimos por ter unha mentalidade científica.
Etiquetas:
libros,
pseudociencia,
Un libro cada día
9 feb 2014
Área do cerebro que nos fai humanos.
Investigadores observaron algunhas diferenzas clave entre o cerebro humano e o dos monos. Diferenzámonos dos chimpancés nun porcentaxe moi pequeno de xenoma. O que nos diferenza deles está na corteza, a parte máis evolucionada do cerebro. Un experimento comparou doce áreas da corteza entre humanos e monos, das cale só unha parece ser exclusivamente humana. Se carecéramos desa área na corteza, comportaríamonos igual que os monos?

Suscribirse a:
Entradas (Atom)

