10 jun 2013

O mono obeso



Obesidade, hipercolesterolemia ou diabetes crecen nas sociedades desenvolvidas coma unha praga. Neste libro discútese a orixe evolutiva dalgunhas doenzas moi actuais e o peso xenético desas enfermidades.

7 jun 2013

Natalia Aguiar fala de La pizarra de Yuri


Este libro vale para moita xente. Ten moitas historias distintas polo cal ti podes elixir as que queres ler e as que non. Carlo está, que a maioría son curiosidades como "Esta es tu dirección" e que lle resultaría aburrido a xente que non quere saber máis do necesario. En cambio o apartado "El poder de la humanidad" gustaría a xente interesada na historia e o apartado ... (para ler máis) Natalia Aguiar Pastoriza 3º ESOA

3 jun 2013

S=EX2.

Sexo nos bares, esta noite si, carino, que me doe a cabeza, pornografía: da distorsión á educación, ter un orgasmo co poder da mente. Son algúns dos capítulos deste libro. Probas ou tes dor de cabeza?

27 may 2013

A natureza en perigo

Algo de ecoloxía para rematar o curso. De verdade está a natureza en perigo? Miguel Delibes de Castro contesta a esa pregunta no libro cunha prosa digna da familia.

20 may 2013

Os inventores de enfermidades

Necesitamos todos os medicamentos que tomamos? Hai conspiracións para facernos enfermar? Non o sei pero con este libro si que podedes terminar enfermando.

13 may 2013

A CUÁDRIPLE HÉLICE DO ADN



A estructura da doble hélice do ADN foi descuberta por James Watson e Francis Crick na
Universidade de Cambridge en 1953. Sesenta anos despois membros da mesma
universidade identifican estruturas en cuádruple hélice no xenoma humano. Según esta
publicación, estas estruturas atópanse en rexións especialmente ricas en guanina (G).
Este descubrimento apunta que as cadenas cuádruples son imprescindibles para o proceso
de replicación do ADN e para a división celular.









Este descubrimento pódese considerar unha nova revolución da Bioloxía?

O mundo según Monsanto

Comerías transxénicos? Que son? Alguén viu algunha vez a un tomate transxénico pegarlle unha torta a alguén? Neste libro podedes ler unha resposta a estas preguntas. Tendo en conta que xa hai un mes da recomendación do libro de James Watson vai sendo hora de ver a outra versión.