27 may 2013

A natureza en perigo

Algo de ecoloxía para rematar o curso. De verdade está a natureza en perigo? Miguel Delibes de Castro contesta a esa pregunta no libro cunha prosa digna da familia.

20 may 2013

Os inventores de enfermidades

Necesitamos todos os medicamentos que tomamos? Hai conspiracións para facernos enfermar? Non o sei pero con este libro si que podedes terminar enfermando.

13 may 2013

A CUÁDRIPLE HÉLICE DO ADN



A estructura da doble hélice do ADN foi descuberta por James Watson e Francis Crick na
Universidade de Cambridge en 1953. Sesenta anos despois membros da mesma
universidade identifican estruturas en cuádruple hélice no xenoma humano. Según esta
publicación, estas estruturas atópanse en rexións especialmente ricas en guanina (G).
Este descubrimento apunta que as cadenas cuádruples son imprescindibles para o proceso
de replicación do ADN e para a división celular.









Este descubrimento pódese considerar unha nova revolución da Bioloxía?

O mundo según Monsanto

Comerías transxénicos? Que son? Alguén viu algunha vez a un tomate transxénico pegarlle unha torta a alguén? Neste libro podedes ler unha resposta a estas preguntas. Tendo en conta que xa hai un mes da recomendación do libro de James Watson vai sendo hora de ver a outra versión.

12 may 2013

Reloxos RubberChic


Estes reloxos feitos de silicona e que supostamente levan turmalina e xermanio teñen uns efectos sanadores, segundo din os seus creadores como: curar a depresión, axuda a limpar o fígado e os riles, alivia as enfermidades agudas e crónicas… Todo isto por tan so 25 dólares. Pois ben, isto non é tan así posto que xa está demostrado que a turmalina non ten ningún deses efectos. Os creadores deste reloxo poderían demostrar cientificamente que realmente causa eses efectos no corpo humano?


Fontes:

6 may 2013

50 cousas que hai que saber sobre Xenética


E ti cantas sabes? Espero que todas estas porque é o tema que estamos estudando na clase.

29 abr 2013

Órganos á carta

Queres clonar ao teu can morto? Hai unha empresa qe afirma poder facelo. Pode a natureza fabricar clones sen axuda humana? Por suposto, todos os días. Podemos facer que unha parella teña un fillo que axude a curar a un irmán? Si, a pregunta é si debemos.
Estas son só algunhas das cuestións que nos explican neste libro. Animádevos a miralo porque unha vez que empezades non hai forma de parar.