12 may 2013

Reloxos RubberChic


Estes reloxos feitos de silicona e que supostamente levan turmalina e xermanio teñen uns efectos sanadores, segundo din os seus creadores como: curar a depresión, axuda a limpar o fígado e os riles, alivia as enfermidades agudas e crónicas… Todo isto por tan so 25 dólares. Pois ben, isto non é tan así posto que xa está demostrado que a turmalina non ten ningún deses efectos. Os creadores deste reloxo poderían demostrar cientificamente que realmente causa eses efectos no corpo humano?


Fontes:

6 may 2013

50 cousas que hai que saber sobre Xenética


E ti cantas sabes? Espero que todas estas porque é o tema que estamos estudando na clase.

29 abr 2013

Órganos á carta

Queres clonar ao teu can morto? Hai unha empresa qe afirma poder facelo. Pode a natureza fabricar clones sen axuda humana? Por suposto, todos os días. Podemos facer que unha parella teña un fillo que axude a curar a un irmán? Si, a pregunta é si debemos.
Estas son só algunhas das cuestións que nos explican neste libro. Animádevos a miralo porque unha vez que empezades non hai forma de parar.

22 abr 2013

ADN, o segredo vida

James Watson foi, xunto a Francis Crick, o descubridor da estrutura do ADN. Cóntaba só 24 anos cando conseguiron desenmascar a forma da molécula máis importante da vida e dende entón foron moitos os traballos nos que colaborou este científico. Neste momento, na fase final da súa vida, Watson vese capaz de ser politicamente incorrecto e esa debe ser a definición deste libro, unhas memorias sen censura dunha mente peculiar. Por moito que podamos estar en desacordo con algunhas das súas afirmacións, non deixa de ser unha lectura moi recomendable.

18 abr 2013

Dous xemelgos son arrestados polo crime dun dos dous.





Dous xemelgos univitelinos son arrestados en Francia xa que un deles é o culpable dunha serie de violacións. Debido a que son xemelgos monocigóticos e que poseen o mesmo ADN  a policía tivo que arrestar aos dous polo delito dun xa que ambos xemelgos se declaran inocentes e negan o delito. A investigación policial segue aberta. Pregúntome se haberá algunha proba que poida demostrar cal dos dous xemelgos é o culpable.
Credes que se resolverá o caso? Cal dos dous xemelgos será o culpable? 

Fontes:

15 abr 2013

Manual del cielo y sus mitos


Manual de los cielos y sus mitos from pcicare

Como son optimista supoño que xa fixo bo tempo e fomos capaces de ver estrelas así que aquí tedes un libro que vos botará unha man para atopar as estrelas sen axuda, e xa de paso algo de historia das constelación que non vén nada mal. 

Efectos do tabaco sobre a saúde




Como prometín aquí tedes o vídeo que gravamos na clase.
Un saúdos aos actores e á editora do vídeo. Moi bo traballo.
Por certo, si queredes comentar lembrade que os comentarios están moderados e tardarán un pouco en saír.