5 jun 2012

Sempre se escoitou que un fillo da vida

Estudos recentes demostran que esta afirmación é certa. Nas mulleres que dan a luz despois dos 45 anos atopanse catro xens que inhiben a apoptosis e xens asociados coa lonxevidade. Quizas a eterna xuventude estea en ser nai ós 50?
http://www.informador.com.mx/tecnologia/2012/369002/6/investigacion-israeli-encuentra-genes-rejuvenecedores-en-madres-maduras.htm

Científicos de UE identifican 65 xenes vinculados co autismo

Dos 65 xenes identificados relacionados co autismo, poden demostrar que catro deles, denominados SCN2A, CHD8 KATNAL 2 e GRIN2B, mantén un forte vinculo ca enfermidade. Isto fai que teñan unha imaxe mais clara de como se produce o autismo, que os conducira a detectar obxectivos terapéuticos que lles permita desenrolar novos tratamentos contra a enfermidade.Segun científicos ter fillos a unha idade avanzada tamén provoca o risco de autismo. Crees que o autismo se determina nos xens ou na idade dos pais?
http://www.informador.com.mx/tecnologia/2012/367941/6/cientificos-de-eu-identifican-65-genes-vinculados-al-autismo.htm

Bacterias que resisten antibióticos



Científicos identificaron un mecanismo en bacterias  que lles confire resistencia ante varios dos antibióticos habitualmente usados.Moitos antibióticos  son efectivos xa que inducen un estrés oxidativo  nas bacterias e  agora descubriuse que estes combaten dito estrés mediante a liberación de óxido nítrico (NO). Isto confire resistencia fronte ao antibiótico debendo aumentar as doses. Este descubrimento permitirá desenvolver axentes que bloqueen o óxido nítrico, permitindo o uso de  antibióticos a doses máis baixas e, polo tanto, con menos efectos adversos. ¿Servirá para curar enfermidades crónicas?

A célula nerviosa artificial




A primeira célula nerviosa artificial que pode comunicarse con neuronas do noso corpo, usando neurotransmisores, estase desenvolvendo por científicos nunha universidade de Suecia e queren crear unha pequena unidade que poderá ser implantada no corpo e liberar neurotransmisores para tratar pacientes. Os proxectos actuais apuntan a aliviar condicións como a xordeira, epilepsia e Párkinson. ¿Servirá para que un lesionado medular volva a andar?



Rematamos o curso

O víndeiro venres 8 de xuño remata o prazo para enviar entradas ao correo.
O prazo para publicar e comentar remata o venres 15 de xuño.

29 may 2012

É bo consumir lácteos?

 
Dende que nacemos, os médicos recomendan tomar leite xa que é un compoñente esencial dos osos porque posúe moito calcio, proteínas e vitaminas, e desempeña un papel importante nos procesos metabólicos e de crecemento.
Agora, moitos nutricionistas afirman que entre os compoñentes da leite de vaca se atopa unha proteína, a caseína, que ao estómago lle costa dixerila e entón queda adherira no noso organismo.
A pregunta é: de quen nos temos que fiar?



28 may 2012

Pódese resucitar un mamut ?


                                                       
Uns científicos do centro de Siberia realizarán unha clonación ensartando o ADN dun mamut en células do que é unha elefanta actual. O material xenético procede dun mamut conxelado dende fai 10.000 anos.
A maioría dos especialistas en clonación cren que con esta técnica poderanse recuperar animais desaparecidos, aínda así, só se prevé que se poderá facer en especies con menos de 100.000 anos, polo que non teremos o pracer de que os nosos descendentes poidan ver unha “réplica” dun dinosauro.
É ético que se clonen os xenes dun animal en extinción para que a especie volva a rexurdir?