5 may 2012

A biotecnoloxía, arma pra contrarrestar a fame

Actualmente, moitas persoas están nunha mesma situación. Encóntranse todas nunhas condicións extremas de fame. Para acabar con estas condicións débense producir mais alimentos. A biotecnoloxía seria a solución a este problema. Coa biotecnoloxía pódese acabar ca fame no mundo e conseguir uns alimentos mais sans xa que se poderían facer alimentos resistentes a plagas e así aforrar o diñeiro e axudar o medio ambiente.
Este planteamento foi posto polo subdirector da Organización Mundial das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura no VII Encontro Internacional de Biotecnoloxía en Novembro de 2010.
Comeriades alimentos "artificiais" que serían mellores para o ser humano mais para o noso arredor?

Fonte: http://www.informador.com.mx/jalisco/2010/246063/6/la-biotecnologia-arma-para-contrarrestar-la-hambruna.htm

O virus da Sida xa infectaba mamíferos fai cen millóns de anos







Os retrovirus que dan lugar ao HIV,o virus da Sida, son moito máis antigos do que se pensaba. De feito, foron encontrados no sistema inmune de mamíferos moi primitivos, entre os primeiros que existiron, fai uns cen millóns de anos, o que supuxo unha sorpresa para os investugadores. Ata agora, os retrovirus deste tipo máis antigos "só" se remontaban a quince millóns de anos atrás.
Considerando que encontraron o que parece ser o virus do SIDA nun mamífero. Isto pode dar grandes achegas para o tratamento e mesmo a curación da enfermidade en seres humanos?

Fonte: http://www.cordoba.abc.es/20090929/ciencia-tecnologia-biologia/virus-sida-infectaba-mamiferos-200909291049.html

28 abr 2012

Imprimir os teus medicamentos dende casa, en impresoras 3D

Investigadores da Universidade de Glasgow crearon un proceso chamado reactionware que usa impresoras 3D caseras para imprimir medicamentos dende o fogar e según din os médicos, podríanse fabricar recetas preestablecidas e incluso medicamentos a medida, para as necesidades individuais dos pacientes. Os científicos predicen que a técnica será utilizada polas empresas farmacéuticas nun plazo de cinco ans, e polo público dentro duns 20.
E se tal invento se pon en malas mans? A obtención dun medicamento dependeria só das reacción que fai a impresora, entón, confiariamos plenamente no que nos da?
http://alt1040.com/2012/04/reactionware-investigadores-presentan-proceso-para-tres-de-imprimir-medicamentoshttp://www.alojamientolinux.es/2012/04/17/reactionware-investigadores-presentan-proceso-para-tres-de-imprimir-medicamentos/

26 abr 2012

Síndrome de Savant: o problema dos sabios

Que é o Síndrome de Savant?

Este vídeo amósanos algunhas das habilidades que posúe Kim Peek,o superdotado máis famoso do mundo.Cando Peek tiña nove meses o psiquíatra díxolle que tiña un retraso mental grave e que nunca sería capaz de aprender.Co tempo esto desmentiuse xa que con tan so catorce anos acabou os estudos de bacharelato.      

Unha cita con Kim Peek, o superdotado máis famoso do mundo. 

Quen sabe se non estamos rodeados de persoas que padecen este síndrome? Pode ser porque non é moi común?Toda persona cun coeficiente intelectual máis alto do normal pode estar a padecer este síndrome?.

24 abr 2012

CHEGOU A OPERACIÓN BIKINI PERO NADA DE COMER PRODUTOS LIGHT


Científicos españois (CNIO) descubriron en ratos un xen anticancer que pode combater a obesidade, o cáncer e incluso o envellecemento. Un destes investigadores di que os xens supresores de tumores protexen contra o cáncer e contra o dano que fai co tempo no corpo. Un soño, unha pastilla que funcione como xen Pten.


18 abr 2012

Se che rompen o corazón a ciencia darache outro nunha semana

A decelularización ven sendo utilizada para crear tecidos cardíacos. Os científicos usaron deterxentes e substancias químicas para acabar coas vellas células cardíacas; inxectan células nais e suministranse nutrintes, en oito días temos un corazón novo. Segun os investigadores non esta claro o cronograma, aínda non chegou a probarse en humáns pero faltan poucos anos.
Que vos parece se tamén se puideran facer pulmóns en laboratorios?

Compra e venta da sangue



A Federación Española de Donantes de Sangre rexeita a idea de vender plasma sanguíneo en España. A companía Grifols pedíulle ao Goberno Español que se permetise a sua venta. Martín Manceñido, presidente da federación, explica que si se permitise vender a sangue, produciríase un gran desequilibrio internacional da saúde e resentirían as donacións altruístas.

Cres que se debería permitir a venta do plasma sanguíneo?