30 nov 2010

DE CINZA A DIAMANTE



Algordaza SA é o único laboratorio no mundo que crea Diamantes de orixe humano cun proceso de transformación exclusivo. o seu proceso científico non engade carbono ó carbono provinte das persoas, nin fai manipulación da cor dos Diamantes obtidos (un selo de diferenciación e garantía)



- Eu penso que é unha maneira un pouco frívola de recordar a un ser querido, aínda que pensando ben, que máis da que te coman os bermes que acabar incrustado nun anel? (eu case prefiro o segundo).O peor ten que ser que a túa familia en lugar de empregar o teu carbono para facer un diamante o emprege para facer un lápiz.

A estrada.

A estrada escrito por Cormac MaCarthy é considerado unha das grandes obras da literatura universal, e con razón.
É unha historia contemporánea que se desenvolve nun hipotético E.E.U.U desolado pola acción do home, onde un pai e o seu fillo percorren a estrada que simboliza a esperanza a unha savación incerta.
O amor entre eles é determinante para seguir o camiño. O mundo derrúbase e a fame invade os pouos sobreviventes; a procura e comida é a ansia de todo os personaxes. Ata agora a nai Terra deunos todo preciso para a subsistencia; pero que ocorrería se algo impedira que seguise sendo fértil?; se as cinzas cubrisen os campos, se os animais desaparecesen. Saberíamos distinguir o ben do mal en situacións tan extremas? Quizáis as necesidades vistas ata agora son insignificantes comparándoas cas que nos mostra esta historia.
Se consideras que o mundo está establecido e que a súa continuidade é eterna, deberías sumerxirte nesta historia, pensarás doutra forma.

CAPACIDADE INNATA DOS PITIÑOS PARA REALIZAR CÁLCULOS MATEMÁTICOS


O que non se sabía até a data é que os pitos teñen tamén esa capacidade innata para sumar e restar. Estes animais realizaron operacións de aritmética básica para pescudar ante dúas pantallas cal era a que ocultaba o maior número de obxectos coñecidos. Ao parecer, os pitos tentan estar preto dos elementos cos que se criaron, da mesma maneira que están á beira da súa nai e séguena nada máis saír do ovo. Ese instante de recoñecemento recoñécese como “sinal”. Déixalles pegada. Así, os investigadores compraron pitos de apenas unhas horas e durante dous días tivéronlles en gaiolas con varias cápsulas amarelas de ovos Kinder. Despois, ao situarlles nunha caixa con area na que había dúas pantallas lixeiramente enfrontadas e que ocultaban ditas bólas amarelas, os pitiños miraban a ambos os dous lados da pantalla, e quedaban onde había un maior número de bólas. Con outras experiencias polo estilo, lográronse tamén resultados similares, demostrando que a habilidade para sumar e restar é innata nestas aves.
¿Credes que estas pequenas aves teñen algún tipo de intelixencia ou é unha pura coincidencia? ¿Non credes que esto é algo similar ó que ocorreu co pulpo Paul no mundial, pura coincidencia ou casualidade?

O Gran colisionador de Hadróns (LHC) consigue xerar ‘big bangs’ en miniatura


O acelerador de partículas máis grande do mundo volviunos sorprender conseguindo unhas colisións con temperaturas de ata 10.000 millóns Cº, que foron definidas polos investigadores como mini big bangs. Conseguiuse cambiando os materiais que se aceleraban no gran anel subterráneo: os protóns foron substituídos por ións de plomo (átomos de plomo ós que se lle quitaron os electróns). A temperatura obtida, aínda que só dura un fugaz instante, é un millón de veces máis alta que a rexistrada no el interior do Sol. A estas temperaturas, protóns e neutróns fúndense nunha sopa quente e densa de quarks e gluóns.

Opinión persoal: É incrible que xa chegaramos a este punto da ciencia, se en tan pouco tempo podemos reproducir mini big bangs, non tardaremos en ser capaces de reproducilos a maior escala, e poder manipular mellor os elementos.

Adeus ás agullas: novo método para medir a glucosa sen necesidad de extraer sangue

Os pacientes de diabetes tipo 1 poderían controlar a súa enfermidade gracias ó equipo de Espectroscopia de Raman do Laboratorio de Espectroscopia do Instituto de Massachussets, tras 15 anos de investigación. A máquina usa tecnoloxía de luz non invasora para medir os niveis de glicosa en sangue escaneando o brazo ou o dedo do paciente con infravermello preto. Grazas a un algoritmo é posible calcular os niveis de glicosa en sangue. Como toda a nova tecnoloxía, ten aínda as súas limitacións, posto que se o paciente consume glicosa ou algún produto azucrado, tomaría aproximadamente uns 10 minutos para que o novo nivel de glicosa se vira refrexado no fluído intersticial. Pero este obstáculo está sendo superado..

Opinión persoal: Penso que é un grande avance, pois, aínda que non sexa o maior descubrimento do mundo, facilitará a vida de moita xente amenizando as consecuencias dunha enfermidade, como pode ser a diabetes. Os pacientes poderán medir o seu nivel de glicosa con moita comodidade. Agora ben, haberá que ver canto costará isto, ou como o poñerán a disposición dos usuarios, de todas formas, parece un avance moi útil.

O cheiro do medo


A doutora Denise Chen, profesora asistente de psicoloxía na Universidade de Rice, en Houston, tentou averiguar se as persoas que teñen medo desprenden un aroma diferente.

Para iso, fixo ver ós seus suxeitos experimentais 13 min. da película Indiana Jones e tamén 13 min. da película Ace Ventura. Antes, baixo os brazos, colocoulles panos de gamuza. Despois, Chen introduxo os panos en xerras de cristal e conxelounos a -44 Cº. Unha semana despois, Chen desconxelou os paños e fíxollos cheirar ós seus suxeitos. Según Chen, experta no campo da chamada “comunicación olfativa da emoción”, o medo produce sinais químicas e cambios no cheiro corporal, como tamén o fai a felicidade. Os homes que cheiraban os panos impregnados de medo, aumentaban os seus niveis de precaución e vixilancia, pois os suxeitos que cheiraban este aroma sacaban mellores resultados nas probas de asociación de palabras.

Opinión persoal: Pareceume unha investigación cuns resultados moi curiosos, pois sempre falamos de que os animais cheiran o medo, e parece que agora o podemos dicir cun sentido literal. ¿Será este mesmo olor o que perciben os animais? O que máis me chamou a atención foi o aumento nos niveis de precaución e vixiancia dos homes, sabendo isto… poderíase encontrar unha maneira de utilizar estes cheiros para aumentar a atención do home en momentos como un exame, unha conferencia, etc.?

O casco de Deus: ¿o artefacto que sirve para ver máis alá?


Se un sente que Deus existe, tende a pensar que é así, ¿onde quedarían estas sensacións se se puideran inducir con un artefacto?

Esa é precisamente a función do casco de Deus, que se garda no laboratorio de neurociencia do doutor Michael Persinger, en Sudbury. O casco está cheo de imaxes e cables e serviu para levar a cabo 25 anos de experimentos con diferentes suxeitos, que foron expostos a pequenos campos electromagnéticos. Tras un rato con este casco enchufado, o 90% dos suxeitos (ateos ou crentes) afirman experimentar una presencia extraña. Dependendo das crenzas, o suxeito experimentará a presenza de Xesús ou dalgún outro ente sobrenatural. Incluso un dos suxeitos criu sentir a cércana do demo. O casco de Deus simplemente acende a chispa na parte do cerebro onde nacen esos pensamentos místicos e espirituais.

Opinión persoal: O feito de que os suxeitos deste experimento afirmen e aseguren que é realmente Deus o que están a sentir fai deste artigo un artigo pseudocientífico, pois principalmente están dar por sentado que Deus (ou no caso doutros suxeitos, o demo) existe, cando non hai ningunha prova que o demostre, mostrando unha actitude totalmente relixioasa (o contrario por excelencia da ciencia).