30 nov 2010

A psicofonía.


A psicofonía é un dos fenómenos máis estudados na actualidade. Apareceu en 1959 cando Friedrich Jürgenson foi a un bosque de Estocolmo a grabar o son duns paxaros para a banda sonora dun documental, cando recollíu a grabación escoitou algo máis caos paxaros, pero non lle deu moita importancia. Despois de varias grabacións escoitando algo estrano, nunha desas grabacións recoñeceu a voz da súa defunta nai decindo: "Jurgi, Jurgi, o meu pequeno Jurgi..."
Na actualidade hai moita xente que se adica a investigar sobre este fenómeno. Credes realmente que paga a pena invertir cartos e tempo nisto?

Sinceramente, eu creo que non paga a pena, xa que nas grabacións que parece que se escoitan estas cousas , ou ben son grabacións escoitadas do revés, ou cunha mala calidade de sonido.

29 nov 2010

MEIGAS


As meigas tamén son coñecidas como curandeiras e videntes, e as xentes acuden a elas para ser curadas cos seus rescritos, ensalmos e conxuros. A pesar de que o problema do “paciente” sexa físico, elas diagnostícano como un meigallo. Son mulleres que realizan ou curan o mal de ollo pero, en realidade existe o mal de ollo? Non hai probas de que o que fagan sexa verdade, é dicir, todo o que din e fan non ten un soporte físico nin científico no que sosterse porque non hai nada que demostre que é certo. Por exemplo: os amuletos que lle entregan como unha axuda á cura, en realidade son efectivos? Non podemos verificalo. Por iso eu penso que estamos a falar de pseudociencia.

Os gatos caen sempre de pe?



Si,Estudos científicos dos anos 80 din que teñen un movemento reflexo que lles fai ``poñerse`` no aire de forma que sempre caen de pe,isto é posible grazas ao seu movemento de columna inusualmente flexible e a que non teñen un equivalente a nosa clavícula no seu esqueleto.Todo isto permítelles amortizar o golpe dende grandes alturas.De feito,canto mais alto,máis tempo lles dá a reorientarse e a organizar o ángulo perfecto da caída.Os gatos teñen pensamentos ao igual que temos as persoas,polo tanto teñen a capacidade de colocarse ben cando están en movemento para caer ben e non facerse dano.

Pódese ver dende o espazo a gran Muralla china?



Non,Yang Liweu,o primeiro astronauta chino que viaxou ao espazo,asegurou ao volver:A gran Muralla china non se ve dende aí arriba`.Dende así pois,dábase por feito que isto non era máis que un mito que non era certo,ata que a axencia Europea do Espazo publicou no 2004 unhas imaxes que eran,precisamente,da Gran Muralla ,tomadas dende o espazo.Aos poucos días tiveron que corrixir isto,debido a que os investigadores chinos describiron que o que lles parecía a Muralla non era máis que o traxecto dun río que flúe ao noroeste de Pekín,Tampouco se pode ver dende a Lúa. Os investigadores eran chinos,polo tanto querían que se lles dise valor a Muralla china e entón,dicían que a Muralla china era tan alta que se vía dende o espazo.Sobre isto,outros investigadores comprobaron que iso non era certo,e así foi,o que eles estaban a ver,non era máis que un río do noroeste de Pekín.A fin de contas,isto dinos que os científicos din o que eles queren ou o que máis lle interesa.

A idade nunha gota de sangue.


Uns investigadores holandeses, sinalan que os linfocitos T, unhas celulas defensivas do sangue, poderían axudarnos a saber a idade das persoas. Cando deron con esta clave, deduciron que sería un gran avance para non atoparse co problema, de que o ADN obtido do homicida, (no suposto caso de que estivemos a falar dun asasinato), non coincidesen co sospeitosos xa ficahados; xa que os perfís de ADN, so poden identificar persoas xa fichadas polos corpos de investigación. Por iso se traballa neste tema, para obter rasgos físicos dunha persoa a que pertence a mostra do sangue. O gran obxectivo que queren chegar a ter é a idade, xa que pode axudar moito na búsqueda do asesino,( se seguimos co exemplo anterior). Será isto un gran avance na ciencia? Ou so servirá para crear un novo conflito político-científico?

28 nov 2010

ANDROMEDA FORMADA POR CHOQUE ENTRE GALAXIAS

Grazas a un grupo de científicos que invstigou sobre Andrómeda, a galaxia máis proxina á Vía láctea, logrouse averiguar a suacreación e evolución.

Os resultados indican que duas galáxias chocaron fai mais de 9.000 millons de anos e que permaneceron unidas ata fai , aproximadamente, uns 5.500 millons de anos.

Aseguran que, mentres eles foran capaces de detectar as galaxias máis próximas, hai outros moitos “buratos negros” sen investigar, que constituen o Grupo Local de Galaxias (formado por unas 40 galaxias). Pero, ¿que se agocha tras todos eses buratos negors dos que tanto oimos falar?

Entre Lobos

Moitas veces temos escoitado que a realidade supera a ficción. Qué pensarías se a película de Mowli fora realidade? Efectivamente, esta película de Gerardo Olivares conta a historia de Marcos Pantoja, un neno que é vendido e despois abandonado en Sierra Morena durante doce anos. Vive só coa compaña dos lobos. É posible que un ser humano poida prescindir da sociedade?; e se o rescatásemos ós vinte anos podería volver formar parte dela? Sempre escoitamos que os seres humanos somos seres sociais, ata que punto isto é verdade?