26 oct 2010

Amianto ou Asbesto


O amianto, ou asbesto, é un grupo de minerais metamórficos fibrosos. Estes minerais teñen fibras largas e resistentes que se poden separar. Cando o asbesto é inhalado ou cando un material que o contén é perturbado, libera partículas ou fibras ó aire. Dependendo da concentración, do tempo ó que esteas exposto e do tamaño das fibras inhaladas, corres un gran risco de contraer unha enfermidade asociada con este mineral: Mesoteliomas, Cáncer de pulmón e Asbestosis ou Fibrosis pulmonar. En 1978 o Parlamento Europeo declarou ó amianto como substancia canceríxena. O uso, a produción e a comercialización do amianto están prohibidos dende o ano 2002, pero isto non afecta ós materiais que estaban instalados anteriormente
Penso que ditos materiais deberían ser retirados, eliminando por completo o amianto, xa que é un material moi perigoso para as persoas. A eliminación dos materiais instalados anteriormente implica o gasto de moitos cartos, pero deste xeito acabaríase con el e non correríamos ningún risco, porque agora é como unha bomba de reloxería, é dicir, atópase aí e podemos enfermar en calquera momento.

19 oct 2010

SPLICE: Experimento motal


Unha parella de científicos acadaron o éxito tras a creación dun híbrido animal mediante a combinacion de ADN. Pero eles non só se conformaron con iso e deciden tamén facer un híbrido humano usando AND humano.O experimento levado acabo en secreto ameaza con convertirse no seu propio pesadelo.Dren, o nome deste híbrido, pon en perigo as súas vidas e a vez a de todo o mundo.

Opinón:

Os protagonistas querían atopar a cura de moitas enfermidades con este híbrido humano pero foiselles todo das mans.Ten algunhas escenas inmorais e que van contras os nosos principios éticos.

O que nos qeren decir con esta película e que aínda qe haxa cousas que se poidan facer non deberían levarse acabo.

Por último só quero decir que a quen lle guste a xenética ou teña gana de ser ciéntifico que non a vexa porque ao mellor quítanselle as ganas.

3 mar 2010

Orgullosos do galego, orgullosos do noso



A Coordinadora de E.N.D.L. acaba de presentar a súa nova campaña Orgullosos do noso, orgullosos do galego, unha campaña que pretende transmitir no seo da comunidade educativa, e no conxunto da sociedade, un sentimento de orgullo pola lingua propia como sentimento común de todos os galegos á marxe da orixe, a ideoloxía, o credo ou a idade de cadaquén. Dende a CGENDL considérase que a lingua galega é un elemento de unión e un rico patrimonio de futuro que nos dota de identidade e nos conecta con millóns de persoas en todo o mundo. E esa é unha das mensaxes que, no momento en que estamos, cremos que hai lanzar á sociedade.

Iste é o vídeo.
Publicado en Biblioafonso