As afirmacións que nos aporta Richard S. encadran perfectamente dentro da concepción pseudocientífica xa que o seu campo de actuacion está fora da realidade debido a que non se sabe se Deus é real xa que non existen probas científicas que o verifiquen neste momento. A concepción científica prentende explicar fenómenos e interpretar a realidade, podendo comprobarse mediante o método científico todas as observacións para chegar a conclusións verídicas pero mutables. A pseudociencia, en ningún momento da a posibilidade de que alguén comprobe o que afirma, polo tanto é dogmática: as súas afirmacións considéranse inmutables. Mentres que a concepción científica é critica, pódense comprobar todas as súas propostas. Todo o contido e a base do texto están baseadas en crenzas relixiosas. Sen embargo no campo científico as conclusións baséanse en feitos, observacións e experiencias. A linguaxe empregada é ambigüa polo que definitivamente queda enmarcado o texto na pseudociencia xa que na concepción científica a linguaxe que se emprega é precisa e inequívoca. Todas as afirmacións que fai Richard S. son definitivas e conciden cos supostos de partida, pero no campo da ciencia todas as conclusións son provisionais e calquera pode comprobalas mediante o método científico, xa que poden ser modificadas nun futuro.
Hace 3 horas
Pero que dixo este home?
ResponderEliminarAdemais de ser o autor do texto do cal elaborei o meu comentario, este home foi un gran defensor da teoloxía natural, ou o que é o mesmo: os argumentos filosóficos para a existencia de Deus. Tamén é un dos máis importantes apoloxistas Cristianos, defendendo que a fe na Cristianidade é racional e coherente nun sentido filosófico riguroso.
ResponderEliminarArgumenta que Deus é unha entidade cuxa existencia non é necesaria lóxicamente, pero sí necesaria metafísicamente.
Articula a súa obra dende a filosofía ata a teoloxía. Swinburne basase nos seus propios argumentos para defender as crenzas cristianas particulares. Intenta conxugar os planteamentos Cristianos máis tradicionais coa defensa de que son compatibles coa ciencia contemporánea.