Hace 3 horas
6 nov 2010
O mundo sufriu unha catástrofe mediante unha inundación mundial recente. Os defensores desta afirmción din que actualmente hai varias evidencias pero a estas opóñense as teorías científicas. Unha das evidencias son as rochas sedimentarias que conteñen fósiles de animais que non subiron á arca e morreron afogados. Pero estas rochas, ao seren analizadas polo método científico aplicado por persoas cualificadas, sábese que pertencen a diferentes épocas xeolóxicas, polo que xa non son válidas como proba desta afirmación. Da mesma forma din que as reservas combustibles de hidrocarburos son outra evidencia, xa que toda a materia vexetal que cubría a superficie terrestre quedaría, según eles, sepultada baixo as augas desa gran inundación. Pero estas, despois de ser analizadas sábese que son moito máis antigas que a época citada según a xenealoxía bíblica.
Tamén argumentan que diversos pobos separados xeográficamente contan a mesma historia: que houbo un home que meteu a diferentes especies de animais por parellas nunha arca durante un ano e que despois liberou, para que poboaran o planeta. A existencia deste mito en diversas partes do mundo pode darse por simple casualidade da mesma forma que todos os pobos teñen un ente creador, e este é diferente en cada pobo. Esta é unha característica propia do método pseudocientífico xa que este se basa en crenzas, mitos e observacións non contrastadas. Segundo o método científico esta afirmación non sería contrastable xa que dito método se basa en feitos observados a partir de fenómenos que teñen lugar na natureza.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿Estás seguro de que queres comentar?