7 mar 2014

Por que soñamos?



Todos nos fixemos esta pregunta algunha vez. diversas fontes afirman que cando soñamos o noso cerebro precisa máis cantidade de enerxía que cando simplemente durmimos e que o soño cumpre a función de seleccionar os recordos. Únicamente unah parte do cerebro deixa de funcionar durante o tempo de sono, o centro lóxico, atribúese a isto a presenza de elementos irreais nos soños. Tamén din que o noso cerebro ao durmir soluciona problemas relacionados co ocorrido durante o día. Debemos investigar científicamente sobre os soños ou atribuír a súa interpretación á pseudociencia?


Fontes:http://lamenteesmaravillosa.com/por-que-sonamos#sthash.9jPPLKMa.dpuf 
http://www.neoteo.com/por-que-sonamos/ 

QUE LINGUAXE FALABAN OS NEANDERTALES?

Unha investigación estadounidense, a partir da análise do comportamento mecánico dun óso do colo dun neandertal, asegura que estes tiñan a capacidade de falar linguas non moi diferentes as nosas. Ademais sitúa os comenzos da fala moito antes do pensado.
Poderíamos manter unha conversación cun neandertal?

Fontes: http://elpais.com/diario/2007/09/13/sociedad/1189634411_850215.html

5 mar 2014

Existe realmente a intuición feminina?


Un estudo, realizado por investigadores das universidades de Granada, Pompeu Fabra de Barcelona e Middlesex University de Londres revela que as mulleres son máis intuitivas que os homes debido a un compoñente biolóxico. O estudo vincula a este componente cunha menor exposición prenatal á testosterona no ventre materno. Isto fai que as mulleres sexan máis intuitivas e que os homes manifesten un pensamento máis reflexivo. Outras fontes din que os homes teñen máis desenvolto o lado esquerdo do cerebro,  e por iso son máis analíticos. Considerando ambos os dous tipos de pensamentos igualmente válidos e tamén falibles, É realmente posible que un dos dous sexos posúa unha capacidade superior?



2 mar 2014

El ladrón de cerebros

Poucas veces temos a posibilidade de entrar na mente dos principais investigadores do MIT. Moitas menos hai de que alguén teña a posibilidade de facelo e a capacidade de contalo.
http://pereestupinya.com/ladroncerebroses/