5 nov 2010

O Xogo do posible.

Darwin afirmaba que a evolución está moi lonxe da perfección, polo que o mundo e todo o que nel hai non pode ser creación dun Deus como afirman os relixiosos. Se este fose certo, como se explicaría que a mesma especie teña diferenzas segundo o hábitat no que viva e surxan así as subespecies? Ademais, se todo o que crea Deus é perfecto: ¿por qué atopamos fósiles de especies que viviron noutros tempos e hoxe en día non existen? Como resposta a esta pregunta Darwin falou da evolución e selección natural, xa que as especies van cambiando para adaptarse ó ambiente no que viven, e as que non logran adaptarse desaparecen deixando espacio para que proliferen as máis aptas.
Segundo Darwin, e contrastado polo método científico, a vida non pode surxir da nada (a diferencia do que afirman as teorías pseudocientíficas) e os cambios que se observan nas especies co paso do tempo para mellorar pero non aparece da nada sen pasar un proceso previo de selección (a selección natural trata de mellorar o que xa existe pero o que no pode ser é que aparezan especies xa adaptadas ao medio).

3 comentarios:

  1. A teoria relixiosa creo que xa quedou descartada hay moito tempo por moita xente, a sua version da evolucion ten moitas lagunas, pois foi, na miña opinion, "inventada" cando aínda non se coñecia o verdadeiro orixe e evolucion do ser humano, é unha pena que por culpa da relixion as investigacions cientificas estiveran limitadas durante tanto tempo, pois agora poderiamos ter incluso mais informacion...

    ResponderEliminar
  2. A Nuria
    Tes que analizar se a afirmación e científica ou pseudocientífica pero con argumentos sólidos

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?