27 dic 2010

Entradas da segunda avaliación

Unha vez superada a proba inicial da primeira avaliación, chega o momento de evolucionar. Neste novo trimestre as entradas deben cumprir unhas condicións máis estritas que na avaliación anterior:
  • O tema de todas as entradas debe estar relacionado coa evolución e a revolución xenética, os temas que trataremos nesta avaliación.
  • Todas as entradas deberán dar lugar a unha polémica referida á controversia ciencia-pseudociencia ou a relación dos avances científicos coa sociedade.
  • As entradas deben ser curtas e incluír hipervínculos, etiquetas e, algo moi importante, referencias que nos permitan analizar as fontes de cada entrada.
A partir deste momento tedes as portas do blog abertas. Ánimo e a traballar.