Hace 4 horas
6 nov 2010
Fisiognomía
O home foi tachado de criminal só pola súa fisionomía sen ter en conta ningunha das probas científicas que normalmente se teñen que realizar. ¿É factible que vendo a unha persoa se poida culpabilizala dun crime? ¿Ou sería máis correcto aplicar o método científico para averigualo?. O máis apropiado sería aplicar este método para chegar a conclusións firmes e rigurosas sobre a culpabilidade ou non d individuo e o método científico aplicaríase sobre mostras biolóxicas que ó seren analizadas por persoas culaificadas situarían ou non á persoa na escea do crime. O método científico non aporta probas da culpabilidade das persoas a partir da súa fisionomía, só poderíamos ter certas tendencias do seu comportamento a partir dun análise psicolóxico pero aínda así non sería concluínte para culpabilizar á persoa sen outro tipo de probas (xa que o que unha persoa sexa capaz de facer non quere dicir que o vaia a facer).
En conlcusión, o máis apropiado sería non deixarnos levar por simples apariencias físicas e non prexuzgar á persoa son motivos, xa que as apariencias son engañosas e non hai ningunha relación directa entre o aspecto físico e o carácter da persoa, ou polo menos ata o momento non hai probas científicas diso.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Penso que o de concretar a fisionomia dun criminal é unha completa tonteria. Se hay mais criminais coas (poñamos por exemplo) mans pequenas será porque a maioria da poboación terá as mans pequenas. Pero tendo en conta todos os factores que levan a un criminal a cometer o crime... o fisico non teria influencia ningunha...
ResponderEliminarO analise psicoloxico? Si, neste si creo, sobretodo para reducir o grupo de sospeitosos cando non se teñen demasiadas pistas.
O metodo biolóxico? Moi seguro, no caso de que teñas suficientes probas que analizar.
Baixo a miña opinión, a fisionomía dun criminal xamais se poderia empregar como proba válida para culpabilizalo ou non, pero si como unha pista cando a descripción sexa o suficientemente exacta (o cal, non sole ocorrer). Porque un criminal teña os ollos negros ou as orellas prominentes, non todas as persoas con esas características o teñen que ser. É unha cuestión de lóxica, de sentido común.
ResponderEliminarPorén, unha proba que polo que a min respecta debería ser totalmente decisiva é a o método biolóxico, xa que é a unica totalmente fiébel. E, por suposto, a análise psicolóxica sempre pode axudar e incluso chagar a ser decisiva se os resultados son moi aclaratorios.
Remato este comentario facendo unha reflexión moi coñecida por todos, pero que non sempre levamos a práctica: As apariencias poden enganar (e, de feito, fano en moitas ocasións).
Patricia Añón 1º A
Estou completamente de acordo coa última afirmación: non hai ningunha relación directa entre o aspecto físico e o carácter da persoa.
ResponderEliminarSe realmente se quere saber se unha persoa é criminal por medio de estudos e investigacións, deberíanse concentrar en observar a actitude, as cualidades e as costumes da persoa, e non no aspecto físico.
Dende cando un home,por exemplo, por ter barba e unha cor de pel morena é un criminal? a resposta é evidente, dende nunca xa que isto non nos da informacións acerca do seu estado psicolóxico. O motivo polo que nos deixamos enganar, creo que é, unicamente, porque facemos comparacións con persoas doutros países que teñen características semellantes e que sí tachamos de terroristas. (po exempo, a descripción anterior pode relacionarse cun israelita).
A Nuria
ResponderEliminarA cuestión non é de fe, crer ou non crer. Trátase de analizalo dende un punto de vista científico, hai probas?
A Patricia. Unha proba psicolóxica bastaria para condear a alguén? Ata que punto está demostrado?
ResponderEliminar