10 oct 2014

Nenos estelares
"Neno estelar" é o nome que lle dan algunhas persoas aos híbridos entre persoas e extraterrestres. Estes nenos, que vivirían na Terra coas súas nais, humanas, ata que os viñeran buscar seus pais extraterrestres, terían certas cualidades especiais que os distinguirían das persoas normais. Con algunha destas cualidades fixeron un cuestionario co que podemos saber se nós mesmos somos nenos estelares.
E ti, es "medio extraterrestre"? Coñeces a alguén que o poida ser?

O ébola.



O medio africano The New Dawn Liberia informou de que dúas vítimas do letal virus do ébola resucitaron convertidas en zombies e se adican a buscar presas polas rúas.
Non é máis posible que ós enfermos por error non se lle detectaran signos vitales, e por iso se habían dado por mortos cando non o estaban? Non deberían os medios que publicaron a noticia ter en conta a gravidade do tema antes de dar pe a unha psicosis colectiva coa repercusión que podría ter unha noticia coma esta nunha poboación todavía aferrada as crenzas socias?

fonte: http://www.libertaddigital.com/internacional/mundo/ 2014-10-02/aseguran-que- dos-muertos-por-ebola-recorren-las- calles-buscando-presas-1276529699/ 

9 oct 2014

Glup

"Neste libro, Mary Roach, utilizando anécdotas e respondendo curiosidades, dache a coñecer aqueles temas que consideramos extraños ou repugnantes, facendo que nos interesemos por eles"

8 oct 2014

Ruinas lunares 














O nome de ruinas lunares fai referencia ás supostas bases alieníxenas na Lúa. Mesmo hai quen quen di que algunhas destas foron destruídas polos estadounidenses, que sabían da súa existencia e as ocultaron desta maneira. No vídeo da fonte vemos unha visita a un destes edificios durante a misión do Apollo 11. Existen na Lúa bases alieníxenas, como afirman algúns ufólogos, ou é todo unha montaxe? 




Fonte:
  •  http://escepticcionario.com/define/ruinas-lunares-mirlo-rojo
  • https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiO14tjVUWgRgTFI9KMCQu6CwenKH9KVhGppQHZPEonJelycrlHcvmoOOVlL3ZsMOoMJMZE-5TC8X45T7MF7C4UYqVAiZf4haNBPaYHA8qYgVwAOpmHiL9ICdVGGyYrdyTnvlzQ0DWUZdo/s1600/ruinas+luna01.jpg
Fisiognomía
Algunha vez creches saber como era unha persoa só pola súa apariencia? É probable.
A fisiognomía é unha pseudociencia que pretende precisamente facer iso, estudar o carácter das persoas a través do seu aspecto físico, especialmente do seu rostro.
Pero, é posible coñecer rasgos da personalidade dunha persoa polos seus rasgos físicos? Pode unha persoa ser máis amable que outra polo feito de ter os ollos máis separados ca esta?

7 oct 2014

Están os extraterrestres contactando con nos?


Os círculos nas colleitas son debuxos que aparecen en campos de cultivo. Un investigador afirma que os círculos que aparecen nalgunhas colleitas son feitas por "razas alieníxenas da Galaxia de Andromeda", os cales se puxeron en contacto con el. Tamén asegura que estes circulos que aparecen nas colleitas de trigo ou maíz, son unha zona para comunicarse cos extraterrestres.
É realmente posible que os extraterrestres contacten con nos mediante campos de trigo? 



Como protegernos de los peligros de Internet


5 oct 2014

La conquista lunar ¡Vaya Timo!



Seguro que o home chegou á Lúa? Non será unha conspiración dos vosos profesores para obrigarvos a abandonar a idea de ser o primeiro en chegar a ela?
Neste novo título da coñecida colección ¡Vaya timo! tedes unha resposta científica.