6 feb 2015

A orixe dos sexos.





Os organismos pódense clasificar atendendo ao seu sexo en femeninos e masculinos, sendo os primeiros os capaces de producir óvulos e os segundos os productores de esperma. Pero foi sempre así? E se non o foi cómo e cándo tivo lugar o cambio e o proceso de evolución?

4 feb 2015

Unha breve historia de case todo

Unha obra que responde ao seu título, sempre que consideremos case todo só a ciencia experimental.
Bioloxía, Física, Química e Xeoloxía danse a man nesta obra.

HIJOS DE UN TIEMPO PERDIDO

De onde vimos? Cando nos erguimos? Cómo remataremos? 
En Hijos de un tiempo perdido viaxamos polos xacementos arqueolóxicos máis importantes do mundo para reconstruír a nosa historia e intentar responder a estar cuestións.

Non está non xenes.

A maldade, a intelixencia, a sociabilidade, a bondade... Non sei onde estarán pero neste clásico da literatura científica razónannos porqué non somos só os nosos xenes. Algo de culpa é nosa.

2 feb 2015

Etnias e razas



Os termos etnia e raza soen confundirse, xa que ambos serven para caracterizar a unha sociedade. Pero mentras etnia fai referencia a aspectos culturais dun pobo, a raza engloba ós rasgos físicos e biolóxicos que son representativos do mesmo. Existen as razas humanas, ou é unha etiqueta que foi posta pola sociedade? 

Exemplo de cómic

Plásticos. Un idilio tóxico

Si, hai que ser moi raro para recomendar un libro que se titula así pero xa me coñecedes. Pódese ler sen orde nin concerto e resulta apaixonante por calquera sitio que empecedes. Existe o mar de plástico? están os plásticos modificando as nosas hormonas?...