27 feb 2014

EL ENEMIGO INVISIBLE


    El enemigo invisible é un libro que mostra como os virus, a pesar do seu tamaño constitúen un dos organismos máis complexos capaces de matar a millóns de persoas, escondéndose,vivindo nun mesmo corpo toda unha vida e incluso controlalo.

Empregan as mulleres máis palabras que os homes ao longo do día?



Un estudo realizado polas Universidades de Texas e Arizona entre 1998 e 2004 foi o encargado de rexistrar, transcribir e contar o número de palabras pronunciadas por 396 estudiantes, unha metade homes e a outra mulleres. O estudo conclúe que elas din diariamente unhas 16.215 palabras, e eles 15.669, dependendo dos individuos. Outras fontes aseguran ademais que as mulleres teñen mellor capacidade lingüística e de comunicación e falan mellor e máis rápido que os homes. Se os homes teñen maior capacidade cerebral, por que non se manifesta neles esta apreciación?

Fontes : http://www.martinoticias.com/content/article/19876.html

http://eldia.es/gente/2014-02-26/0-mujer-usa-palabras-dia.htm

26 feb 2014

"A ciencia no punto de Mira"

Quén lle recomendo leer este libro? e quén non?
A todo o mundo que lle guste o mundo da física, e as persoas que son bastante curiosas, xa que este libro si se pode definir de algún modo é curioso.
A quén non llo recomendo : as persoas que normalmente non están habituadas a leer.
Eu , José Castro , invítovos a que o leades.

HIERRO EN LAS ESPINACAS...Y OTRAS CREENCIAS


Debo recomendar este libro a todos e a cada un de nós, xa que somos seres que nos escudamos moitas veces e con facilidade na irracionalidade concebindo así as crenzas, esta obra desarma moitas destas con rigor científico e matices de humor...       ( ler máis)                         

25 feb 2014

O cerebro humán das persoas violentas é diferente?


Un novo estudo de neuroimaxen di que as persoas con un largo historial de comportamento violento tenen máis materia gris en certas zonas do cerebro.
Para chegar a esta conclusión os investigadores identificaron en varios suxeitos varóns, cal era a súa morfoloxía cerebral relacionada co abuso de certas sustancias como o alcohol ou as drogas , en moitos casos acompañada de comportamentos violentos. Deste modo puideron observar que independentemente de que un suxeito abuse de certas sustancias os suxeitos violentos teñen máis sustancia gris en certas rexóns do cerebro cos suxeitos non violentos.
Grazas a este etudio poderemos recoñecer a persoas violentas máis facilmente?

http://www.muyinteresante.es/salud/preguntas-respuestas/iel-cerebro-de-las-personas-violentas-es-diferente

24 feb 2014

Visto nunha farmacia de Carballo...


De verdade están considerando a homeopatía unha ciencia?

Porque xesticulamos


gestures

Podemos xesticula mentres falamos, debido a que o control das mans pode ser tratado simultaneamente no noso cerebro a medida que falamos. O obxectivo da xesticulación é a transmisión das ideas dunha forma máis clara e contundente. A orixe destas xesticulacións está nos peixes que mostran redes neuronais responsables da xesticulación, xa que trasladan a parte posterior do cerebro as ordes para que podamos usar as mans. Sería máis complicada unha conversa se non fixeramos xestos?

Fonte: http://www.medciencia.com/por-que-gesticulamos-cuando-hablamos/

Diferenzas entre o can e o lobo


husky-reuters.jpg

Ambas especies evolucionaron da liñaxe lobuna desaparecida fai un 15.000 anos. A diferencia entre as razas de cans e lobos está nos xenes que asimilan amidón. Pensase que isto é a clave da domesticación dos cans xa que lle sería máis fácil adaptarse a una sociedade con una dieta agrícola Ademais sábese que ocurreu nunha época de descenso tanto no número de cans como de lobos Aínda así, a domesticación seque a ser un misterio que se esta esclarecendo co investigación xenética. Pensades que o verdadeiro motivo da domesticación dos cans foi a dieta agrícola da sociedade ou foi outro?

UN NOVO FÓSIL

A Romundina era un peixe blindado que habitaba na Australia Occidental no Devónico Superior. Este fósil é un intermediario entre os ciclóstomos, unha clase de peixes sen mandíbula e os galeáspidos, unha clase extinta de peixes que habitaban no Silúrico Medio o Devónico Inferior. Este descubrimento axudará a unha mellor comprensión da transición entre o ensamblado progresivo da cara e a mandíbula nos vertebrados.

Debemos o noso rostro a esta especie de peixe?







FONTES:http://www.el-nacional.com/ciencia_y_ambiente/primitivo-ayuda-entender-evolucion-vertebrados_0_354564669.html

23 feb 2014

La ciencia del sexo

http://pereestupinya.com/sex2-esp/
Participarías nunha investigación sobre o orgasmo masculino? Neste libro Pere Estupinyà aborda cientificamente o mundo do sexo. Queres acompañalo?

Unha vida sen dor

Podería ser esto a próxima morfina ou penicilina? Un recente descubremento amósanos unha posible vida sen dor. A dor ven dunha endotoxina que segrega un tipo de bacteria chamada bacteria Gram negativa. Ao segregarse esta endotoxina unha zona do cerebro ata agora descoñecida actívase e temos a sensación da dor.
De verdade sería non ter dor evolucionar ou pola contra sería involucionar e perder un tipo de defensa contra o mundo exterior?