9 nov 2010

O INSECTICIDA DDT



O DDT comezou a utilizarse como insecticida en 1939 (descuberto por Müller, quen recibiu o Premio Nobel en 1948). Ó principio o seu uso evitou moitas mortes, ademais da protección das colleitas e do aniquilamento de insectos domésticos. Pero descubríronse importantes problemas, o máis importante foi a acumulación do veleno ó longo da cadea trófica. Por exemplo, o DDT que se estende sobre un cultivo encóntrase nunha concentración baixísima nas plantas pero, nos insectos que se alimentan destas, está máis multiplicado. Dende o meu punto de vista, a concentración de veleno séguese multiplicando a medida que a cadea alimenticia avanza, chegando a conseguir, deste xeito, a extinción de animais. Ó meu entender foron 31 anos ata que foi prohibido mundialmente nos que se empregou dun xeito moi nocivo para os seres vivos. Sabendo isto, daríanlle o Premio Nobel a Müller?