4 dic 2012

La conquista lunar


Hai moitos rumores sobre a chegada do home a lua, que é unha conpiración e  que todo se rodou nun plató. 
Este libro empeza dandonos a coñecer os principais conspiradores e os seus argumentos sobre a conspiracións. A simple vista as hipóteses desas persoas son bastante razonables econvincentes, a excepión de algunha que é demasiado ridícula, coma a de que o astronauta cando salta non ten a sombra debaixo, se non o lado
 O autor deste libro está convencido de que todo iso é mentira e a base de razonamentos científicos, fallos nas hipóteses conspiranoicas e probas que as contradín desminte todas as hipoteses falsas.
Está claro que o autor quere convencernos de que o home chegou a lúa, pero se lemos o libro dun conspirador el tratará de convencernos do contrario, aínda así este libro faranos cambiar de idea se creemos que o home non chegou a lúa, porque a diferencia dos que afirman o contrario, este libro non se basea en creenzas nin mitos, utiliza a razón e verifica as hipóteses con probas demostradas.
Jesús Cousillas 1º Bacharelato B

3 dic 2012

La vida de los planetas

Con este libro invítovos a dar un paseo polo noso lugar na Universo, o Sistema Solar.  Que sabemos del e como foi a viaxe do seu descubremento incluíndo algún dos seus máis sonoros fracasos.