25 nov 2010

Novo blog recomendado: Alerta pseudociencias

Planeta de paso


Un equipo de astrónomos do Observatorio Europeo del Sur,descubriu un planeta
formado noutra galaxia,que se instalou na nosa,na Vía Láctea.É a primeira vez que
se descubre un planeta o redor de unha estrela pobre en metal e vella.Trátase dun
planeta xigante de gas do tamaño de Xúpiter que xira ao redor da estrela xigante
HIP13044 a uns 3200 anos luz de nós,da constelación de Farnax.
Pénsase que foi orixinado fóra da nosa galaxia porque senón,o planeta tiña que ser
engullido por parte da estrela que se expandiu ao pasar á fase de xigante vermella.

Reencarnación despois da morte?

A crenza na reencarnación aparece na India dende o século VII e estendese ata os nosos dia. Obtense, segun din, do froito do desexo humano por explicar as diferencias de intelixencia, saúde, etc. que existen entre ditos humanos. Basanse, partindo dun pensamento pseudocientífico que apoia crenzas e regras propias, en que despois da morte o noso espíritu apoderase doutro corpo para manter a nosa alma.

- Opino que, como ben dixen antes, tratase de pseudociencia, porque trata de explicar uns feitos que non se basan en ningunha proba factible, senon que todo ven á partir dunha crenza. Non obstante, tampouco seria posible atopar probas de que a reencarnación si existe, porque estamos a falar dun dos limites da ciencia.

21 nov 2010

Conferencia sobre a doazón de órganos


Antón Fernández, médico do Juan Canalejo, xunto con Xosé Manuel, receptor de órganos, transladáronse hasta o IES de Ponteceso para concenciar aos alumnos de 1º de BAC sobre a importancia do transplante e doazón de órganos.

Galicia está entre as comunidades españolas que maís baixo ten o índice de doazón. Para cambiar esto debemos entender a importancia que ten e o que supón facernos doadores de órganos xa que grazas a eso podemos salvar moitas vidas, ata sete cos órganos de un só corpo. Axudar aos demais está nas nosas mans. ¿Por que non facernos doadores?