18 dic 2011

O Clan do Oso Cavernario.

Ayla é unha nena Cro-Magnon de 5 anos que queda soa no mundo tras o terremoto que fixo perecer a toda a sua tribo. Tras o suceso, vese obrigada a vagar soa, inexperta e indefensa polos bosques na procura de alguén que a recolla e lle dea covixo. Durante a súa procura, vese exposta a moitos perigos como as zarpas dun gran león cavernario, a deshidratación e innanición prolongadas. A piques xa de morrer, un grupo de Neanderthais atópaa e adóptana. Iza, a curandeira faise cargo dela como se fose unha filla do seu porpio seo, coidándoa con agarimo e traspasándolle todos os seus coñecementos. Mog-ur, o mago e irman de Iza, ve nela unha das marcas máis poderosas dos espíritos do Clan ademais dunha desenvoltura e axilidade mental sorprendentes. Mais o resto do grupo non e capaz de ver máis alo da súa estrana apariencia. As súas cualidades, como a capacidade para falar de forma ben articulada e fluída ou a súa axiliade física, resultan tan diferentes e extraordinarias para O Clan que nunca acabaran de aceptala plenamente como unha máis.
Recomendo este maravilloso libro que vos fara pasar a moitos de vos un agradable anaco(longo, pois o libro dá para rato) na compaña de Ayla, a cal lle colleredes moi pronto un especial afecto.

16 dic 2011

A vida dos planetas



A vida dos planetas,escrito por Richard Corfield,da unha detallada e completa explicación de cada planeta do Sistema Solar,como a súa composición,os métodos de investigación empregados para o seu estudo e dos diversos científicos que fixeron posibles todos estes avances.Nesta obra vese claramente o desafío entre os estadounidenses e os soviéticos pola carreira espacial, así como tamén menciona as meteduras de pata de ambos.En definitiva,un libro moi completo e extenso que para todo aquel que lle interese este tema,lle recomendo ler.
(Se queres ler un resumo máis completo preme aquí)

http://www.lanasa.net/

3 dic 2011

Os sanerxistas, uns falsos médicos

Para ver o video dádelle clic na fonte.
Os medicamentos non curan. É unha sentenza que repiten cada día os sanerxistas. "O cancro son sentimentos de rabia, de odio, de envexa, se non crees na enfermidade nunca terala", é unha afirmación que é parte das súas conviccións.
Neste video acudimos a unha das últimas conferencias de Alessandro dei Massi. Este italiano autodenomínase o creador da Sanerxía, é dicir unha "ciencia" para curar calquera cousa mediante enerxías. Cun curso de tan só cinco días asegúranos que curan un cancro terminal en tan só seis sesións por 495 euros. Porque a xente cree nestes fraudes?

Viaxar ao espazo en ascensor.


Os científicos está intentado construir un ascensor espacial dende un satélite que está en orbita nun punto fixo, a 36.000 km de altura, ata a Terra. O problema é conseguir un cable que resista o seu propio peso tanta distancia sen romperse. Será posible, cos avances da ciencia, levar a cabo este proxecto algún día?
>Fonte<

1 dic 2011

Planeta anano Eris é o xemelgo de Plutón.


CHILE,26 de outubro (2011).Os astrónomos lograron por primeira vez medir con precisión o diámetro do lexano planeta anano Eris grazas a que o interceptaron xusto mentres pasaba por diante dunha tenue estrela.Este evento foi observado a finais de 2010 por telescopios de Chile(incluindo o telescopio Belga Trappist no Observatorio La Silla de ESO .na Rexión de Coquimbo).As observacións amosan que Eris é un xemelgo case perfecto de Plutón en tamaño. Eris parece ter unha superficie moi reflectante,o que suxire que está cuberto por unha fina capa uniforme de xeo,cunha atmósfera probablemente conxeada.


29 nov 2011

Un asteroide ofrece novas claves para entender a orixe do Sistema Solar.

A nave da Axencia Espacial Europea visitou o asteroide o pasado ano.Os primeiros resultados dos seus análises,ofreceron aos astrónomos importantes pistas para entender a orixe do noso Sistema Solar.

Os científicos do Instituto de Astrofísica de Andalucía, analizan a estrutura e a composición, un dos tres estudios sobre Lutetia.

Os astrónomos cren que Lutetia é un obxecto dun dos primeiros bloques cos que se formaron os planetas. Orixinouse durante as primeiras etapas da formación do sistema planetario.

Defínese grazas a súa alta densidade, normalmente os asteroides teñen densidades máis baixas. No caso de Lutetia, créese que posúe un núcleo denso de rocha e una capa de varios quilómetros que se foron fragmentando debido aos impactos recibidos. Os científicos din que é un obxecto que sobreviviu ás primeiras etapas da formación do Sistema Solar.

Durante os próximos anos, os científicos seguirán analizando a información.

http://www.elmundo.es/elmundo/2011/10/27/ciencia/1319737413.html

23 nov 2011

Un océano de hidrocarburos


Titán, a lúa laranxa e brumosa de Saturno, posúe centos de veces a cantidade de hidrocarburos que posúe a Terra. Estes forman océanos, lagoas e ríos na superficie, bastaría dragalos para obtelos e refinalos, o único problema: están lonxe, a millóns de kilómetros e a súa explotación é extremadamente custosa; para cando se abarate o voo espacial é probable que os hidrocarburos perdan a súa importancia ao existir novas fontes de enerxía.

Según un estudio liderado por Ralph Lorenz, membro do equipo de radar da sonda Cassini do Applied Physics Laboratory do Johns Hopkins University , Titán é unha fábrica xigante de químicos orgánicos, baixo temperaturas de 179ºC, os hidrocarburos, como metano e etano, forman océanos líquidos. Con 20% da superficie explorada pola sonda Cassini, descubríronse centos de lagos e mares cubertos de hidrocarburos líquidos, ademais as dunas escuras ao longo do ecuador poderían conter materiais carboníceos máis vastos que todas as reservas de carbón da Terra. Según unha estimación, o total de hidrocarburos bastaría para dar enerxía a Estados Unidos durante 300 años.

¿VISÍTANNOS?

Din que moita xente capturou ovnis -extraterrestres en fotografías ou vídeos. Todas as filmacións e fotografías de ovnis parécense nunha cousa: todas teñen baixa calidade, están desenfocadas e nunca encadran ben a imaxe.
Por máis que os “especialistas” en fotografías estuden as imaxes, nunca se ten unha visión clara do filmado, pero facendo un esforzo, nalgunhas ocasións nótase que son globos, avións, bolsas de plástico... Cando o vídeo ou a fotografía ten demasiada calidade e se aprecia demasiado ben o obxecto, nótase inmediatamente que é falso.
¿Déstesvos conta dunha cousa?, as filmacións nunca as realiza un fotógrafo profesional ou un cineasta, os platillos voadores nunca son fotografados por observatorios astronómicos, nunca os observan nas famosas "Star Parties" que fan os astrónomos afeccionados, tampouco son filmados por outros científicos doutras ramas que fan traballo de campo…Sempre son fotografados por persoas con pouco ou nulo criterio do que observan.

Ningunha das imaxes ou vídeos son proba de que “nos están visitando”.

Fin de trimestre

O día 30 de novembro dáse por rematado o prazo para enviar entradas ao correo electrónico.

15 nov 2011

Hawking afirma que os extraterrestres poden ser hostís

O físico Stephen Hawking afirma que é lóxico aceptar a existencia de vida intelixente fora da Terra e que os humanos deberíamos evitar o contacto con ela. "Para o meu cerebro matemático, os meros números fan que pensar sobre extraterrestres sexa perfectamente racional. O verdadeiro desafío é adiviñar cómo poden ser de verdade". Según el, a maioría dos extraterrestres serían o equivalente aos microbios, animais simples, o tipo de vida que dominou a Terra durante a maior parte da súa historia. Pero algunhas formas de vida poderían ser intelixentes e constituír unha ameaza.

"Si nos visitaran, os resultados serían como cando Colón chegou a América, algo que non salio ben para os nativos americanos".

A única razón pola que os extraterrestres poderían asaltar a Terra sería simplemente pola búsqueda de fontes de recursos naturais, e despois marcharían.

11 nov 2011

Mentiras da Ciencia

“Esto está demostrado cientificamente” Sempre que escoitemos está frase pensamos que estamos ante un feito verídico, innegable... ¿pero que vos parece se os dixeran que baixo este nomo encérranse unha chea de fraudes,manipulacións e crenzas irracionais?  A lo menos isto é o que intenta demostrar,Dan Agin, coa súa obra As mentiras da ciencia. A través dela o autor denuncia a corrupción no mundo científico,os seus efectos negativos e o perigo que supuxo para a sociedade. Nela pódese atopar mentiras sobre os tranxenicos,contaminación,calentamento global, células nais... Seguro que a súa lectura non nos deixa indiferentes. Porén, a culpa non é da ciencia (sen ela o home non seria diferente a maioría dos animais ) , nin dos seus avances,se non dos científicos.  

Te doy mis ojos

9 nov 2011

A CIENCIA EN ESPAÑA

Seguro que a ningún nos estraña escoitar que España está en crisis, pero como afecta esta a ciencia?  Para sobrevivir a estes tempos, é evidente que necesitamos aumentar o nivel educativo e tecnolóxico,unha investigación potente e de cálida.
Ángel carracedo nunha entrevista que realizou para a voz afirma que hai poucos cartos empregados a ciencia e que en Galicia a Xunta debe contribuír a mellorar os centros de investigación.
Mentres en EEUU,Obama, dedicara a investigación mais do 3 % en España non chegamos o 2%. Ante isto un preguntase ¿si se envirte menos como se van a chegar a mellores solucións? Non deberiamos esquecer que a forma como se superan os retos en tempos difíciles é o que acaba marcando o futuro.

Fonte:

3 nov 2011

Descobren auga para cubrir todos os océanos alrededor dunha estrella


Astrónomos detectaron por primeira vez grandes cantidades de vapor de auga fría arredor dos discos de po que envolven unha estrela nova, o material que dá orixe aos planetas. O descubrimento, que aparece publicado na revista Science, suxire que este sistema solar esconde unha enorme reserva de xeo oculta coa que se poderían encher miles de veces os océanos da Terra. Quere decir isto que existen mais planetas como a Terra que están compostos por un porcentaxe alta de auga?Poderiamos encontrar planetas parecidos o noso donde vivir?

27 oct 2011

A Universidade Internacional de Valecia únese ós engañabobos.

A grafoloxía é a pseudociencia que asume que a través da interpretación da letra escrita pódese saber a personalidade,a intelixencia,as emocións e distintos rasgos psicolóxicos do escritor.Pese a esto , a evidencia científica non demostra relación algunha entre a letra e todos estos factores.Aínda así,esto non impidiu que os defensores a enseñen e a practiquen afirmando que é ciencia.Hai que saber ben a diferencia entre grafoloxía con caligrafía forense, que é o estudio científico da letra escrita para saber quen é o autor dela.
Pensades que a vosa letra determina a vosa personalidade?

http://es.wikipedia.org/wiki/Grafolog%C3%ADa
http://www.marisolcollazos.es/noticias-criminologia/?p=3482

Unha muller demanda por fraude en Estados Unidos a unha firma fabricante de pulseiras de equilibrio

Unha muller demandou a IRenew(http://irenewbracelet.org/),unha firma de Florida que vende pulseras de equilibrio na teletenda nocturna e webs,despois de comprar un par de unidades e que a súa saude non mellorara,según informa The Palm Beach Post. A muller pagou un total de 35,80 dólares polos dous brazaletes ``máxicos´´ coa esperanza de que,como afirma a compañía, requilibrarana enerxéticamente,aumentara a súa flexibilidade e disminuira a tensión,pero nn foi todo así.O abogado está buscando outros posibles clientes afectados que se unan á demanda e calcula que podrían esixir uns 5 millóns de dólares a esta firma nos tribunais.
Creedes que esas pulseras ``máxicas´´ poden influir na vida das persoas?

http://www.marisolcollazos.es/noticias-criminologia/?category_name=pseudociencia

20 oct 2011

A probabilidade dos platillos volantes


Richard feynman a través de este vídeo mostra a ironía sobre o que o algunha xente considera ciencia pero non o é xa que as conclusións que obtivo baséanse en crenzas non en feitos ou observacións.

Novo planeta.


Gliese é un planeta entre 3 e 4 veces o tamaño da Terra. O seu peso é de 581 G. Atópase nun punto intermedio da súa estrela, o que lle permite a existencia de auga líquida na súa superficie. Tarda 37 días en dar volta a súa estrela e non xira sobre ela mesma o que fai que unha das caras do planeta sempre sexa de noite.
Cres que algún día existirá vida no planeta Gliese?

Fonte: revista REDES.

10 oct 2011

7 oct 2011

Steve Jobs, víctima da pseudociencia


Quizás polas crenzas da súa muller (que cre en todo tipo de absurdas cousas froito da "Era de Acuario") cando lle diagnosticaron cancro de páncreas cometeu o erro máis grande da súa vida. Jobs tivo a inmensa sorte de ter un cancro de páncreas raro, pouco frecuente, que era curable. Pero por influencia do que viviu ou pola da súa muller decidiu substituír os tratamentos que lle propuxeron por unha dieta anti-cancro. As persoas facemos calquer cousa, aínda que sabemos que son falsas, por mellorar a nosa vida?

Pseudociencia: Separar en diferentes clases nenos e nenas para mellorar a súa aprendizaxe


Moitos son partidarios de separar os nenos e nenas nas aulas para favorecer a súa aprendizaxe. Non obstante, agora un estudo publicado en "SCIENCE" reflicte que esta segregación non ten base científica e que as diferenzas na aprendizaxe son mínimas.

O estudo baixo o nome de " A pseudociencia da escolarización por sexos" bota nova luz sobre a segregación nas aulas, da que asegura que non é tan vantaxosa no que a resultados académicos se refire, senón que máis ben presenta aspectos negativos xa que a separación por sexos nas aulas contribúe a aumentar os estereotipos e a afianzar o sexismo, dificultando que os nenos interioricen ideas relacionadas coa igualdade de sexos. Cres que en colexios mixtos hai mais fracaso escolar que en colexios donde só haxa mulleres ou homes? Esta demostrado iso?

Instrucións para o novo curso 2011-2012

Comezamos novo curso e facémolo co blog a pleno rendemento xa na segunda semana. Para os despistados estades ante o blog dos alumnos de Ciencias para o Mundo Contemporáneo do IES Ponteceso. Neste espazo publicaremos noticias relacionadas cos temas de clase, buscaremos polémicas relacionadas coa materia ou falaremos de lecturas de divulgación científica. Nesta primeira avaliación, na que aínda estamos familiarizándonos co uso do blog intentaremos prestar máxima atención nas entradas aos seguintes aspectos:
  • Temas: en cada avaliación os temas a publicar deben estar relacionados cos contidos estudados nela. Nesta primeira avaliación os temas son: Ciencia e pseudociencia, O Universo, Xeoloxía.
  • Ortografía.
  • Rigor científico dos contidos. Sempre será interesante contrastar as nosas fontes.
  • Fontes. Non esquezamos nunca citar a procedencia de imáxenes ou información publicada nas entradas.
  • Etiquetas

6 oct 2011

Un Caso de Pseudociencia Mortal


Hai poucos anos unha empresa conseguiu vender en Iraq unha serie de detectores de explosivos chamados ADÍA-651. Prometíase que estes aparatos detectarían calquera substancia explosiva, droga ou mesmo marfil. A cousa era moi impresionante xa que, ademáis de ser un detector universal de cousas chungas, todo se facía sen batería nin outra fonte de enerxía. Todo un invento que faría innecesarios, por poñer un exemplo, os actuais controis nos aeroportos. O aparato é un mango de plástico cunha vara unida por un cable a unha caixa suxeita o cinto.
O detector en cuestión e un fraude evidente, todo e palabrería sen sentido e tecnoloxía esotérica, pero ese non fui impedimento para que a empresa os vendera masivamente ao goberno iraquí. Porque a xente compra cousas que se nota que son falsas?

O neno predicador

Qué mellor para predicar os seus pensamentos que un meniño , non?



Estamos claramente fronte un discurso pseudocientífico. Hai bastantes mostras de que así é. Entón agora pregúntovos eu a vós, saberiades dicir por qué é así?

UN GRUPO DE CIENTÍFICOS AUSTRALIANOS DESCUBRIRON OS FÓSILES DUNHAS DAS BACTERIAS MÁIS ANTIGAS DA TERRA


Expertos da universidade de Oxford afirman que a Terra ten 4.500 millóns de anos e que o inicio da vida no planeta comezou fai uns 3.800 millóns de anos, de modo que os científicos pensan que anos antes había bacterias capaces de vivir sen oxíxeno.

Estes fósiles foron encontrados nunha rocas sedimentarias que se formaron entre dous episodios volcánicos por eso se basan en que están moi seguros da súa idade. Atopáronos nunha zona rochosa coñecida como Strelley Pool, ao oeste do país, e os fósiles estaban adosados a microscópicos cristais de pirita.

Según o seu estudo, os fósiles foron sometidos a probas que demostran que as formas detectadas na roca son de natureza biolóxica xa que se poden observar estruturas similares as células, polo tanto, non é o resultado dun proceso de mineralización.

FONTE: http://www.noticiasciencias.com/2011_08_01_archive.html

5 oct 2011

Descobren un planeta que orbita alrededor da súa estrela en menos dun día


O planeta WASP-WASP-18B, que apenas necesita o 0,94 dun día terrestre (algo menos de 23 horas) para completar un xiro arredor do seu sol, corre o risco, explican os astrónomos, de caer rapidamente sobre a súa estrela. A curta vida que lle queda o planeta, que apenas representaría un milésimo da vida da súa estrela, sorprende os astrónomos. Tendrá esto consecuencia no sistema solar? Se cae un planeta, que pasará cos outros?

A contaminación asfixa España


O 87% da poboación española respira un aire que supera os índices recomendados pola Organización Mundial da Saúde (OMS), segundo o informe da calidade do aire na España. A OMS precisa que se tomamos os límites de contaminación que marca a lexislación europea, a porcentaxe da poboación afectada sería do 37%, máis de 17 millóns de persoas. A pesar da gravidade da avaliación, continúa unha lixeira melloría iniciada dende o 2008 sobre todo polo efecto da crise económica. A pesar de todas as advertencias, porque seguimos pasando de algo que nos afecta a todos?

A causa bioquímica de que as patacas fritas gusten tanto.

Na Universidade de California, Irvine, descubríuse que o que fai a estes alimentos irresistibles é que cada vez que os consumimos prodúcese no noso intestino unha substancia similar aos compostos da marihuana que provoca unha conducta glotona. Os culpables son unhas substancias químicas naturales chamadas endocanabinoides, que incitan a inxestión desmesurada de alimentos graxos. Dende un punto de vista evolutivo, a existencia deste mecanismo ten lóxica, xa que os animais necesitan consumir graxas necesarias para o funcionamento das células e son escasas no entorno natural. Poderíase bloquear esta substancia mediante fármacos para poder reducir a ansiedade por este tipo de alimentos?Fonte:http://noticiasdelaciencia.com/not/2077/la_causa_bioquimica_de_que_las_patatas_fritas_gusten_tanto/

Descóbrese a causa dos ataques tardíos de asma.

Uns 300 millóns de persoas sufren asma no mundo. Xeralmente, os síntomas desencadeados por alérxenos presentes no ambiente fan que as vías respiratorias se estreiten causando dificultades para respirar. Pero moitas persoas sufren unha resposta asmática tardía, de tres a oito horas despois da exposicion aos alérxenos . Unha investigación, realizada con ratos, dou ca causa destas reacción tardías. Descubríuse que certos alérxenos estimulan a determinados nervios do organismo para que liberen acetilcolina, que fai que as vias respiratorias se estreiten. Serán os resultados aplicables aos seres humanos e poderanse utilizar medicamentos para bloquear a acetilcolina?Fonte:http://noticiasdelaciencia.com/not/2278/descubren_la_causa_de_los_ataques_tardios_de_asma/

4 oct 2011

Unha vacina española contra o sida funciona no 90% dos casos


Un grupo de científicos españois coseguiu que o seu test de vacuna contra o SIDA acertara no 90% dos casos. Este é un exame na primeira fase da investigación, pero é un resultado espectacular. Este é un inicio moi prometedor. Habia 30 voluntarios sans para probar esa vacina, a gran maioria tiña defensas contra el. Segundo o Centro Nacional de Bioctenoloxía a vacina ten unha protección específica contra o VIH no 90% dos voluntarios. Sen chegar o 100%, podemos falar dun gran avance?

Hubble descobre a cuarta lúa de Plutón


O Telescopio Espacial Hubble descubriu por casualidade unha nova lúa en torno a Plutón ao facer observacións en busca de aneis do planeta anano. Cun diámetro estimado de 13 a 34 km, o novo satélite, que será coñecido temporalmente como P4, é a menor das catro lúas descobertas en torno a Plutón ate o momento. A lúa nova esta entre as órbitas de Nix e Hydra, que tamén foron descubertas por Hubble no 2005. Os científicos creen que o sistema de lúas formouse nun choque entre Plutón e outro corpo planetario.

O bolígrafo da NASA que desafía a gravidade.



Cando a NASA comezou o proxecto espacial con voos tripulados por astronautas, descubriron rápidamente que os bolígrafos nn funcionarían con gravidade 0. Para combatir este problema,os científicos da NASA contrataron a compañia Ander Consulting como asesores-consultores,para estudar e resolver o problema. Emplearon unha década e doce millóns de dólares desenrolando un bolígrafo que escribise con gravidade 0, con un cartucho detinta presurizada,escribe cara arriba e cara abaixo, baixo a auga,e prácticamente calquer superficie incluido o cristal e nun rango de temperaturas dende baixo cero ata máis de 300ºC ...

Curiosamente,os Rusos utilizaron un lápiz para afrontar o problema.


O tsunami de Xapón provocou a rotura dun glaciar na Antártida


Os científicos da NASA descubriron que o tsunami que golpeou Xapón o 11 de marzo causou a rotura dun glaciar na Antártida e a creación de novos icebergs a máis de 13000 quilómetros de onde se produciu o terremoto. Ata agora, a posible creación de icebergs a través de ondas dun tsunami foi unha teoría, pero grazas as e grazas a este terremoto os científicos puxeron a ollada na Antártida e asi confirmalo.Os icebergs novos creáronse do glaciar Sulzberger. O maior destes icebergs novos é do tamaño da isla de Manhattan. Significa isto que temos unha nova teoría sobre a creación dos icebergs? Cres que estes desprendementos poden afectar no cambio climático?

Posible presenza de auga salgada en Marte


A NASA anunciou o descubrimento de manchas superficiais nas ladeiras de Marte que pode ser formada por auga salgada, abrindo de novo a posibilidade de atopar vida en Marte. O descubrimento foi feito a través da análise dunha serie de imaxes obtidas pola sonda MRO, que explora o planeta vermello dende 2006. Isto non son probas concluíntes de que haxa auga en estado líquido activo na superficie do planeta, aínda que foi detectada auga conxelada preto da superficie. Con estas probas estamos mais cerca da vida noutro planeta? Cres que somos os únicos habitantes do sistema solar?

¿Como será o transporte do futuro?


O Citicar foi o vehículo eléctrico fabricado en EUA como solución a crise do petróleo de 1973, pero só se venderon 4000 unidades e caiu no olvido. Hoxe o coche eléctrico volve a ser unha promesa. Todos os fabricantes de auntomóbiles anuncian os seus propios modelos de coches eléctricos, mentras os laboratorios ensaian outras fontes de enerxía. Cres que os coches eléctricos teñen futuro? A xente comprarase un coche que axudara na ecoloxía ou pasarase dese tema como se esta a facer nestes tempos?

30 sept 2011

O cerebro humano xa alcanzou o seu límite.


Un grupo de investigadores da Universidade de Cambridge, afirman que os seres humanos chegamos a nosa máxima capacidade cerebral tras analizar a estructura do cerebro.Requírese unha gran cantidade de enerxía para aumentar tal capacidade, e parece ser que non é posibel subministrala por el.De feito, os expertos afirman que podía ser probabel que o cerebro chegue a diminuír o seu tamaño para así reducir a enerxía que consume.
O profesor de neurobioloxía, Simon Laughlin dixo que tal demanda de enerxía que pide o noso cerebro quere dicir que existe un límite para a información que podemos alacenar.Outros científicos afirman que o cerebro está ¨cableado¨, como unha gran rede de fibras que une as diferentes áreas.
En difinitiva, o profesor de psiquiatría do Centro Médico de Utrecht, Martijin van de Heuvel dixo: ¨É arriesgado predicir o futuro, pero existen serias restriccións a intelixencia humana¨
A cuestión é moi sinxela: ¿ Creedes ou non, que somos unha gran rede de fibras con un limite de enerxía que chegue a provocar o limite ou reducción desta?

Fonte:
http://www.laflecha.net/canales/ciencia/noticias/el-cerebro-humano-ya-ha-alcanzado-su-limite/

Un satelite precipitase contra a Terra.

O satélite incontrolado UARS seguía perdendo altura. Nos últimos días a súa órbita lixeiramente elíptica, descendera uns 35 km. Segundo o último parte da NASA os expertos estimaban, grazas aos datos de seguimento, que a reentrada na atmosfera terrestre do artefacto se produciría o venres pola tarde (23/09/2011), e puntualizando que non sabían aínda predicir o momento e a localización da reentrada con maior precisión.

O UARS (Upper Atmospheric Research Satellite), con case 6 toneladas, y 10 metros de largo por 4 e medio de diámetro, estaba dando tumbos en órbita, sen unha orientación fixa, o que dificultaba a proxección da súa traxectoria para determinar o momento no que chegaría á alta atmosfera terrestre e o lugar onde caería.

http://www.youtube.com/watch?v=6wegs3OG9XY

http://www.youtube.com/watch?v=KCgwiFGngn0

http://mx.ibtimes.com/articles/17836/20110928/nasa-reingreso-satelite-uars-donde-impacto.htm

29 sept 2011

O alcohol obstaculiza as funcións reconstituíntes do sono



Un estudio realizado na Universidade de Akita (Xapón) e na Escola de Medicina da Universidade de Stanford (Estados Unidos) sobre dez adolescentes, aos que se lle suministratos dosis de alcohol en diferentes dosis, afirma que o consumo deste provoca unha considerable diminuición da calidade do sono e do seu papel restaurador, motivo polo que moitas persoas alcohólicas sufren de insomnio.

6 jun 2011

50 cosas que hay que saber sobre genética

"50 cosas que hay que saber sobre genética" é un libro moi interesante xa que fala de temas dos que estamos a falar na nosa vida real moitas veces e a maioría delas sin saber se é certo ou non e aqui explicacho.
Trata temas como a intelixencia, a raza, homosexualidade... e de todos deles che explica o mais básico que che sirve por exemplo para cando estás nunha conversacion poder falar con propiedade e non falar por falar.
A min personalmente gustoume moito porque lendo libros deste tipo aprendes cousas que che poden servir para algo, incluso despois para a clase mismo.

5 jun 2011

A COMIDA BASURA PROVOCA UNHA ADICCIÓN PARECIDA A DAS DROGAS.

Un estudo realizado por científicos de The Scripps Research Institute, en Estados Unidos, revelou que os mesmos mecanismos moleculares do cerebro que propician a adicción ás drogas desenrolanse cando comemos comida basura.

A investigación, dirixida polo profesor deste instituto, Paul J. Kenny, estableceu que inxerir de maneira compulsiva comida basura, especialmente adictiva e nociva para a saúde, sería extremadamente difícil de parar, do mesmo modo que é moi difícil deixar as drogas.
No estudo, realizado con ratas, demostrouse que o desenrolo da obesidade nestes animais coincidiu cun deterioro progresivo do equilibrio químico dos circuitos de recompensa do cerebro.
Todos sabemos que comer este tipo de comida non era bo para á nosa saúde, pero non imaxinábamos que fose adictivo. Deberíamos controlar máis a nosa alimentación? Comer máis comida saudable e deixar un pouco de lado este tipo de comida aínda que nos guste moito máis?