21 jun 2015

El lado oscuro del universo

Este libro presenta unha perfecta unión entre a física de partículas e a cosmoloxía. Mediante unha breve toma de contacto con estas duas ramas da física, o autor tenta explicar, de forma moi sinxela e fácil de comprender, o que é a materia escura, a súa orixe e como esta rixe o funcionamento do Universo.

El espejismo de Dios

Crítica sublime de Richard Dawkins as relixións, centrandoa no cristianismo. Analiza e indiga as orixes, validez,si nos fan mellores personas, o motivo da sua existencia…;primeiramente dende unha perspectiva biolóxica para máis tarde facelo de forma antopolóxica e filosófica.

Supercontinente: La increíble historia de la vida en nuestro planeta

Este libro analiza a historia xeolóxica do noso planeta e a disposición dos continentes desta. De maneira moi amena e divertida explícanos como se foron xuntando e separando os continentes ao largo da vida do noso planeta, analizando os principais eventos sucedidos e indagando sobre as orixes da xeoloxía e os seus principais expoñentes.

El creacionismo ¡Vaya timo!

Este libro, como seu nome indica, expón as teses creacionistas, teoría que defende a Igrexa para explicar a orixe das especies. O autor mediante a crítica dura e o sarcasmo, da probas do tan equivocados que están os seus defensores. Ao mesmo tempo, aproveita para criticar a institución católica. Libro moi divertido, entretido, moi sinxelo de ler e altamente recomendable.