21 may 2011

"Ferro nas espinacas e outras crenzas"




No libro " Ferro nas espinacas e outras crenzas"aprenderás que a maior parte das veces que pensas que tes gripe non a tes, que o tabaco protéxete da enfermidade do parkinson e retrasa a do alzheimer, que o roxo non excita ós touros ( case que non distinguen as cores), que unha culler dentro do champán non sirve para nada porque non conserva a presión como se cree, que Popeye é un farsante porque non está así de forte polas espinacas e por estas últimas, na II GM, os americanos tiñan a certeza de ter forza só por tomalas etc.Tamén vos encontraredes ca homosexualidade dalgún animal ( por exemplo, o lagarto) caeredes en que sí se pode durmir con plantas verdes porque aínda que consuman osíxeno tamén o aportan a atmosfera e máis osíxeno consumen os nosos semellantes, coñeceredes o significado da palabra " regla" que se dá porque o Sol violou a súa filla e tirou o sangue a auga, que X+X non sempre é para femia nin X+Y para macho porque, por exemplo, a galiña é XY e o galo XX.Así que xa sabedes, a ler este libro.

Myre 1ºD

20 may 2011

Androides amigables?

O outro día disfrutei da película Blade Runner de Ridley Scott que me pareceu unha maravilla a pesar de que anteriormente intentará ver ,e fixeraseme moi pesada collendoa xa no transcurso desta,pero definitivamente a combinación da banda sonora maxistral de a trama da película que xa ten os seus anos, sen dúbida que é increible, por non falar dos efectos especiais da época moi conseguidos.
Mais eu queria expoñer un tema que aparece nesta máis ca facer unha crítica personal,e este tema é sobre a existencia duns androides ou replicantes como se lles queira chamar que nun futuro seguramente teremos no noso entorno...na película estes dan problemas graves o se descontrolar ou non obedecer as ordes que se lles tiñan dito,incluso ata o punto revelarse contra os seus amos e creadores.Eu preguntabame se nunha suposta realidade na que teñamos a opción de contar cas grandes axudas deste "robots" deberiamos aceptalas,xa que ata que punto poderían asegurar a fiabilidade destes?Ou se fosen perigosos?Ou se chegado un punto se usasen en guerras ou similares para provocar mortes humanas?
Desde logo eu creo que antes de contar con semellante tecnoloxía deberíamos pensar ben como a usaríamos ou se realmente merecería a pena correr eses riscos.

19 may 2011

A pílula masculina


Esta pílula de uso masculino que impediría a creación de espermatozoides, actualmente atópase en fase de desenrolo. No norte de Inglaterra levaronse a cabo diversos estudos xa que a maioría da poboación era masculina pero non acudía regularmente ao médico. Pero a desconfianza aparece por parte das mulleres, xa que non estan seguras de se os seus homes tomaran a pílula todos os días. En España é de supoñer que a situación sería moi diferente xa que a poboación masculina leva un control regular da súa saúde, e probablemente este método sería moi eficaz para aquelas parellas nas que a muller non pode tomar a pílula como método do control da natalidade debido a unha patoloxía coexistente.
Na miña opinión, esta pílula non é de todo eficaz, pois sempre existe o temor (como teñen moitas mulleres en Inglaterra) de que as súas parellas non a tomen, asique, non sería máis eficaz buscar un método anticonceptivo, por exemplo, que se poidese aplicar cada certo tempo? é dicir, que durase longos períodos de tempo? e é mais, que fose aplicado por médicos, así habería certa seguridade de que foi empregado, non?
FONTE DE INFORMACIÓN: http://www.metroecuador.com.ec/3501-pronto-llegara-la-pildora-masculina.html