7 oct 2011

Steve Jobs, víctima da pseudociencia


Quizás polas crenzas da súa muller (que cre en todo tipo de absurdas cousas froito da "Era de Acuario") cando lle diagnosticaron cancro de páncreas cometeu o erro máis grande da súa vida. Jobs tivo a inmensa sorte de ter un cancro de páncreas raro, pouco frecuente, que era curable. Pero por influencia do que viviu ou pola da súa muller decidiu substituír os tratamentos que lle propuxeron por unha dieta anti-cancro. As persoas facemos calquer cousa, aínda que sabemos que son falsas, por mellorar a nosa vida?

Pseudociencia: Separar en diferentes clases nenos e nenas para mellorar a súa aprendizaxe


Moitos son partidarios de separar os nenos e nenas nas aulas para favorecer a súa aprendizaxe. Non obstante, agora un estudo publicado en "SCIENCE" reflicte que esta segregación non ten base científica e que as diferenzas na aprendizaxe son mínimas.

O estudo baixo o nome de " A pseudociencia da escolarización por sexos" bota nova luz sobre a segregación nas aulas, da que asegura que non é tan vantaxosa no que a resultados académicos se refire, senón que máis ben presenta aspectos negativos xa que a separación por sexos nas aulas contribúe a aumentar os estereotipos e a afianzar o sexismo, dificultando que os nenos interioricen ideas relacionadas coa igualdade de sexos. Cres que en colexios mixtos hai mais fracaso escolar que en colexios donde só haxa mulleres ou homes? Esta demostrado iso?

Instrucións para o novo curso 2011-2012

Comezamos novo curso e facémolo co blog a pleno rendemento xa na segunda semana. Para os despistados estades ante o blog dos alumnos de Ciencias para o Mundo Contemporáneo do IES Ponteceso. Neste espazo publicaremos noticias relacionadas cos temas de clase, buscaremos polémicas relacionadas coa materia ou falaremos de lecturas de divulgación científica. Nesta primeira avaliación, na que aínda estamos familiarizándonos co uso do blog intentaremos prestar máxima atención nas entradas aos seguintes aspectos:
  • Temas: en cada avaliación os temas a publicar deben estar relacionados cos contidos estudados nela. Nesta primeira avaliación os temas son: Ciencia e pseudociencia, O Universo, Xeoloxía.
  • Ortografía.
  • Rigor científico dos contidos. Sempre será interesante contrastar as nosas fontes.
  • Fontes. Non esquezamos nunca citar a procedencia de imáxenes ou información publicada nas entradas.
  • Etiquetas

6 oct 2011

Un Caso de Pseudociencia Mortal


Hai poucos anos unha empresa conseguiu vender en Iraq unha serie de detectores de explosivos chamados ADÍA-651. Prometíase que estes aparatos detectarían calquera substancia explosiva, droga ou mesmo marfil. A cousa era moi impresionante xa que, ademáis de ser un detector universal de cousas chungas, todo se facía sen batería nin outra fonte de enerxía. Todo un invento que faría innecesarios, por poñer un exemplo, os actuais controis nos aeroportos. O aparato é un mango de plástico cunha vara unida por un cable a unha caixa suxeita o cinto.
O detector en cuestión e un fraude evidente, todo e palabrería sen sentido e tecnoloxía esotérica, pero ese non fui impedimento para que a empresa os vendera masivamente ao goberno iraquí. Porque a xente compra cousas que se nota que son falsas?

O neno predicador

Qué mellor para predicar os seus pensamentos que un meniño , non?



Estamos claramente fronte un discurso pseudocientífico. Hai bastantes mostras de que así é. Entón agora pregúntovos eu a vós, saberiades dicir por qué é así?

UN GRUPO DE CIENTÍFICOS AUSTRALIANOS DESCUBRIRON OS FÓSILES DUNHAS DAS BACTERIAS MÁIS ANTIGAS DA TERRA


Expertos da universidade de Oxford afirman que a Terra ten 4.500 millóns de anos e que o inicio da vida no planeta comezou fai uns 3.800 millóns de anos, de modo que os científicos pensan que anos antes había bacterias capaces de vivir sen oxíxeno.

Estes fósiles foron encontrados nunha rocas sedimentarias que se formaron entre dous episodios volcánicos por eso se basan en que están moi seguros da súa idade. Atopáronos nunha zona rochosa coñecida como Strelley Pool, ao oeste do país, e os fósiles estaban adosados a microscópicos cristais de pirita.

Según o seu estudo, os fósiles foron sometidos a probas que demostran que as formas detectadas na roca son de natureza biolóxica xa que se poden observar estruturas similares as células, polo tanto, non é o resultado dun proceso de mineralización.

FONTE: http://www.noticiasciencias.com/2011_08_01_archive.html

5 oct 2011

Descobren un planeta que orbita alrededor da súa estrela en menos dun día


O planeta WASP-WASP-18B, que apenas necesita o 0,94 dun día terrestre (algo menos de 23 horas) para completar un xiro arredor do seu sol, corre o risco, explican os astrónomos, de caer rapidamente sobre a súa estrela. A curta vida que lle queda o planeta, que apenas representaría un milésimo da vida da súa estrela, sorprende os astrónomos. Tendrá esto consecuencia no sistema solar? Se cae un planeta, que pasará cos outros?

A contaminación asfixa España


O 87% da poboación española respira un aire que supera os índices recomendados pola Organización Mundial da Saúde (OMS), segundo o informe da calidade do aire na España. A OMS precisa que se tomamos os límites de contaminación que marca a lexislación europea, a porcentaxe da poboación afectada sería do 37%, máis de 17 millóns de persoas. A pesar da gravidade da avaliación, continúa unha lixeira melloría iniciada dende o 2008 sobre todo polo efecto da crise económica. A pesar de todas as advertencias, porque seguimos pasando de algo que nos afecta a todos?

A causa bioquímica de que as patacas fritas gusten tanto.

Na Universidade de California, Irvine, descubríuse que o que fai a estes alimentos irresistibles é que cada vez que os consumimos prodúcese no noso intestino unha substancia similar aos compostos da marihuana que provoca unha conducta glotona. Os culpables son unhas substancias químicas naturales chamadas endocanabinoides, que incitan a inxestión desmesurada de alimentos graxos. Dende un punto de vista evolutivo, a existencia deste mecanismo ten lóxica, xa que os animais necesitan consumir graxas necesarias para o funcionamento das células e son escasas no entorno natural. Poderíase bloquear esta substancia mediante fármacos para poder reducir a ansiedade por este tipo de alimentos?Fonte:http://noticiasdelaciencia.com/not/2077/la_causa_bioquimica_de_que_las_patatas_fritas_gusten_tanto/

Descóbrese a causa dos ataques tardíos de asma.

Uns 300 millóns de persoas sufren asma no mundo. Xeralmente, os síntomas desencadeados por alérxenos presentes no ambiente fan que as vías respiratorias se estreiten causando dificultades para respirar. Pero moitas persoas sufren unha resposta asmática tardía, de tres a oito horas despois da exposicion aos alérxenos . Unha investigación, realizada con ratos, dou ca causa destas reacción tardías. Descubríuse que certos alérxenos estimulan a determinados nervios do organismo para que liberen acetilcolina, que fai que as vias respiratorias se estreiten. Serán os resultados aplicables aos seres humanos e poderanse utilizar medicamentos para bloquear a acetilcolina?Fonte:http://noticiasdelaciencia.com/not/2278/descubren_la_causa_de_los_ataques_tardios_de_asma/

4 oct 2011

Unha vacina española contra o sida funciona no 90% dos casos


Un grupo de científicos españois coseguiu que o seu test de vacuna contra o SIDA acertara no 90% dos casos. Este é un exame na primeira fase da investigación, pero é un resultado espectacular. Este é un inicio moi prometedor. Habia 30 voluntarios sans para probar esa vacina, a gran maioria tiña defensas contra el. Segundo o Centro Nacional de Bioctenoloxía a vacina ten unha protección específica contra o VIH no 90% dos voluntarios. Sen chegar o 100%, podemos falar dun gran avance?

Hubble descobre a cuarta lúa de Plutón


O Telescopio Espacial Hubble descubriu por casualidade unha nova lúa en torno a Plutón ao facer observacións en busca de aneis do planeta anano. Cun diámetro estimado de 13 a 34 km, o novo satélite, que será coñecido temporalmente como P4, é a menor das catro lúas descobertas en torno a Plutón ate o momento. A lúa nova esta entre as órbitas de Nix e Hydra, que tamén foron descubertas por Hubble no 2005. Os científicos creen que o sistema de lúas formouse nun choque entre Plutón e outro corpo planetario.

O bolígrafo da NASA que desafía a gravidade.



Cando a NASA comezou o proxecto espacial con voos tripulados por astronautas, descubriron rápidamente que os bolígrafos nn funcionarían con gravidade 0. Para combatir este problema,os científicos da NASA contrataron a compañia Ander Consulting como asesores-consultores,para estudar e resolver o problema. Emplearon unha década e doce millóns de dólares desenrolando un bolígrafo que escribise con gravidade 0, con un cartucho detinta presurizada,escribe cara arriba e cara abaixo, baixo a auga,e prácticamente calquer superficie incluido o cristal e nun rango de temperaturas dende baixo cero ata máis de 300ºC ...

Curiosamente,os Rusos utilizaron un lápiz para afrontar o problema.


O tsunami de Xapón provocou a rotura dun glaciar na Antártida


Os científicos da NASA descubriron que o tsunami que golpeou Xapón o 11 de marzo causou a rotura dun glaciar na Antártida e a creación de novos icebergs a máis de 13000 quilómetros de onde se produciu o terremoto. Ata agora, a posible creación de icebergs a través de ondas dun tsunami foi unha teoría, pero grazas as e grazas a este terremoto os científicos puxeron a ollada na Antártida e asi confirmalo.Os icebergs novos creáronse do glaciar Sulzberger. O maior destes icebergs novos é do tamaño da isla de Manhattan. Significa isto que temos unha nova teoría sobre a creación dos icebergs? Cres que estes desprendementos poden afectar no cambio climático?

Posible presenza de auga salgada en Marte


A NASA anunciou o descubrimento de manchas superficiais nas ladeiras de Marte que pode ser formada por auga salgada, abrindo de novo a posibilidade de atopar vida en Marte. O descubrimento foi feito a través da análise dunha serie de imaxes obtidas pola sonda MRO, que explora o planeta vermello dende 2006. Isto non son probas concluíntes de que haxa auga en estado líquido activo na superficie do planeta, aínda que foi detectada auga conxelada preto da superficie. Con estas probas estamos mais cerca da vida noutro planeta? Cres que somos os únicos habitantes do sistema solar?

¿Como será o transporte do futuro?


O Citicar foi o vehículo eléctrico fabricado en EUA como solución a crise do petróleo de 1973, pero só se venderon 4000 unidades e caiu no olvido. Hoxe o coche eléctrico volve a ser unha promesa. Todos os fabricantes de auntomóbiles anuncian os seus propios modelos de coches eléctricos, mentras os laboratorios ensaian outras fontes de enerxía. Cres que os coches eléctricos teñen futuro? A xente comprarase un coche que axudara na ecoloxía ou pasarase dese tema como se esta a facer nestes tempos?