26 abr 2014

Os xenes da tolerancia á dor


2.721 persoas con dor crónica e que toman opioides foron divididas según a súa perpeción da dor e tras comprobar a frecuencia dunha serie de xenes neles estabrecéronse aos xenes COMT, DRD2, DRD1 e OPRK1 como posibles vinculados á tolerancia para aguantar a dor.
Que pode determinar a frecuencia da presenza destes xenes?
Poderá significar isto a desaparición da dor en persoas que a sufran de xeito crónico?
Fonte: http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/6164765/sociedad+ciencia/identifican-los-genes-vinculados-a-la-tolerancia-al-dolor#.U1qkevl_tAE

Por que o alcohol reduce a visión nocturna?


Según un estudo, o alcohol aumenta a percepción de halos círculos luminosos e o seu etanol disolve a capa externa da película lagrimal deteriorando así a imaxe que vemos. Este efecto é maior cunha tasa de alcohol superior a 0.25 mg/litro (límite recomendado pola OMS)
Afectará este descubrimento ás tasas límites para conducir?
Fonte: http://ecodiario.eleconomista.es/ciencia/noticias/5732687/04/14/Beber-alcochol-empeora-la-vision-nocturna-y-aumenta-la-percepcion-de-halos-luminosos.html

Descifran o código xenético da mosca tse tse


Este insecto produce nos humanos a enfermidade do sono e afecta tamén á producción de alimentos en África. O descubrimento da súa secuencia de ADN permitirá nun futuro desenvolver métodos para convater a que é unha fas enfermidades máis devastadoras.
Poderase erradicar por completo esta enfermidade?
Fonte: http://www.20minutos.es/noticia/2121889/0/secuencia-adn/mosca-tse-tse/nuevas-vias-combatirla/

A orixe do cromosoma Y


Científicos demostran que o xen que determina o sexo (SRY) se formou fai 180 millóns de anos no antepasado común dos marsupiais e os placentarios e que o xen responsable da aparición do cromosoma Y (AMHY) tivo lugar nos monotremas fai 175 millóns anos.
Antes de que aparecera este cromosoma, que determinaba a diferenza de sexos?

Pais fumadores fillos obesos?



[Img #19142]

Unha investigación revela que os fillos de persoas que empezaron a fumar na adolescencia teñen máis probabilidade de sufrir problemas metabólicos xa que pesan entre 5 e 10 kilos máis que o resto de nenos.
É isto ciencia ou pseudociencia?



Fonte: http://noticiasdelaciencia.com/not/10017/hijos_con_mas_grasa_corporal_nacidos_de_padres_fumadores_desde_corta_edad/

24 abr 2014

ÓRGANOS A LA CARTA





       Imaxínaste poder cambiar pezas do teu corpo que non funcionan como a un coche? E poder curarte dunha enfermidade para toda a vida sen necesidade de medicación? Estas e moitas máis preguntas son as tratadas neste libro Órganos a la carta. Mostra como a medicina rexenerativa ou a clonación terapéutica se van abrindo camiño a hora de solucionar problemas como a falta de órganos, o rechazo dos transplantes ou a cura de enfermidades como a diabetes.

23 abr 2014


O DILEMA DAS CÉLULAS NAI

As células nai son células capaces de reproducirse por mitosis e formar calquera tipo de células. As aplicacións destas células na medicina son innumerables. Pero tamén se encontran moitos inconvintes, tanto éticos como médicos, daquela, estaria xustificado o seu uso? :




                                    http://www.revistafusion.com/2002/diciembre/repor111.htm


21 abr 2014

Una tumba para los Romanov y otras historias con ADN

http://www.librosyliteratura.es/una-tumba-para-los-romanov-y-otras-historias-con-adn.html
Rematabamos o trimestre falando de ADN e comezamos o novo co mesmo tema. Neste caso nun libro curto e apaixonante que enlaza ciencia e historia. Foron asasinados todos os membros da familia real rusa ou houbo alguén que escapou a este destino?

FOXO3A: O XENE DA LONXEVIDADE.









Un estudo revela que moita da forza vital do home provén do xene FOXO3A.
O código xenético consta de catro letras: A, T , C e G. O doutor B. Willcox afirma que cando certa posición de dito xene ten en lugar da letra T, a letra G, aumenta a posibilidade de vivir ata os 90. Como temos dúas copias de cada xene, se a G aparece en ambas, a probabilidade de cumprir os 98 dispárase.
Pero de verdade é  isto un dos motivos dunha larga vida?            
                                            


O Xene “Homer Simpson”.










Científicos da Universidade Emory, demostran que tras a desativación dun xene nos ratos, estes vólvense máis intelixentes que aqueles que o teñen activado.
Este xene, o RGS14, apodado “Xen Homer Simpon” (tamén presente nos humanos) está na rexión CA2 do hipocampo.

Qué ocorrería se este xene fora tamén desactivado nunha persoa?

20 abr 2014

Un tempo na UCI pode dar unha debilidade muscular que se prolonga ata 2 anos

Investigadores da Facultade de Medicina da Universidade Johns Hopkins observaronn 222 pacientes de 13 UCI en 4 hospitais de Baltimore. Mediron a súa fortaleza muscular ao saíren do hospital e aos 3,6, 12 e 24 meses. O estudo di que máis de 1/3 tiñan debilidade muscular ao saír, e que esta pode persistir un tempo. Variando o tratamento poderiase lograr a desaparición desta doenza nos pacientes?

Fontes
http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/news/fullstory_145554.html
http://www.onmeda.es/sintomas/debilidad_muscular.html
https://www.encolombia.com/medicina/neumologia/rev-neum13n3-disfuncion.htm