6 nov 2010

A mica: posible orixe da vida

A orixe da vida tivo lugar no medio acuático, isto xa foi postulado anteriormente por cinetíficos como Oparin, que demostrou no laboratorio a formación de biomoléculas na atmósfera primitiva que se irían depositando nos océanos e dando lugar, co paso do tempo, aos coacervados.

As dúas teorías máis aceptadas sitúan a orixe da vida na auga: en fumarolas submarinas ou en charcas con alta concentración de biomoléculas orgánicas nas zonas costeiras. En contraposición a estas dúas teorías está a panspermia: que sitúa a orixe da vida nalgún lugar do cosmos pero esta teoría non foi aceptada.

Na actualiade, a científica Helen Hansman, da Universidade de California, e seguindo a teoría da orixe da vida en estractos de mica, aporta para isto numerosas probas contrastadas: tales como a existencia de potasio na mica e que tamén está presente nas nosas células; e o sodio que hai na auga, que se introduciría nos ocos da mica e de ahí explícase a presencia deste no noso sangue (se nos estractos de mica surxe a vida, as moléculas presentes na mica tamén o estarán nas células de todos os seres vivos).

Polo tanto esta científica conclúe que nos estractos de mica tería lugar unha bioquímica primitiva posibilitando o desenrrolo dunha vida precelular que posteriormente daría lugar aos seres vivos al e como se conocen hoxe en día.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?