2 nov 2013

CIENCIA E GUERRA

A ciencia é necesaria para o desenvolvemento da humanidade, pero a que prezo se pagan os avances da ciencia cando son utilizados en conflictos bélicos? Non demasiado lonxe de nós queda a II Guerra Mundial.
Onde a ciencia xogou un papel importante no seu transcurso, foron utilizados gases para o exterminio de persoas e tamén o comenzo da utilización e fabricación de armas biolóxicas que máis tarde provocarían atentados terroristas como en EEUU en 2001 con ántrax, unha bacteria potencialmente mortífera e efectiva ou en 2013 en Siria onde persoas foron atacadas con gas sarín, composto que afecta violentamente ao sistema nervioso e pode ser mortal.
As víctimas destas armas bélicas son elevadas, estes acontecementos deben facernos pensar que o seu uso debe ser extremadamente controlado e que a ciencia debe estar nas mans de persoas que sepan que a ciencia debe ser desenvolvemento e non recesión.




1 nov 2013

VIDA, FÁCIL OU DIFÍCIL DE ACHAR?

A teoría sobre a existencia de vida fóra do noso sistema solar gaña cada vez máis peso. As últimas investigacións dun equipo de astrofísicos do Instituto de Astronomía de Cambridge sitúan a un asteroide con enormes cantidades de auga orbitando arredor dunha enana branca chamada GD61.
Como todos os planetas se forman por acreción de asteroides, estes son como os ladrillos para a súa formación e acaban pasando a ser parte da súa composición química.
Polo tanto pode que a presencia de auga, a base da vida coñecida estea xeneralizada no Universo e sea máis común do que en realidade cremos.

27 oct 2013

La ridícula idea de no volver a verte

Novo curso e nova entrega do proxecto "Un libro cada día". Por segundo curso vou asumir o reto de proporvos unha nova forma de gastar o tempo, ler divulgación científica.
Cada semana vouvos ofrecer un libro para consumo individual. Serán títulos de divulgación científica relacionados coa materia de CCMC e que pretenden ser unha porta para todos os que teñades curiosidade e gusto pola lectura. Todos os libros que vos propoña estarán na biblioteca, ou intentarei que estean, e a proposta ten coma intención que alguén os lea e nos faga unha crítica no blog. Podedes ver os títulos do ano pasado na "etiqueta un libro cada día"
Vale, xa teño a vosa atención, estades todos nerviosos pensando que penso propor para empezar? Pois este é o primeiro


De acordo, non é divulgación pero proba a consumilo e dime despois se non merece estar aquí. Amor e Ciencia, que máis podemos pedir