5 nov 2010

Nova Hipótese Sobre a Orixe da Vida


No momento actual, e debido a intereses de diferente índole pero sobre todo intereses económicos, o home está transformando a natureza ao seu antollo. Desta forma a natureza pasa a estar en mans do ser humano quedando a súa propia capacidade de evolucionar nun segundo plano. Segundo Vandana Shiva, esto non debería ser así, senón que o que el denomina sistemas libres deberían estar exentos da manipulación xenética (amparada esta polo sistema legal) e así estes sistemas seguirán o seu curso natural da mesma forma que o fixeron durante centos de anos sen ningún tipo de intervencionalismo.
Todo isto lévanos a unha cuestión ética xa que neste momento o debate está entre modificar ou non os seres vivos, para isto cada persoa terá a súa propia resposta pero para non extralimitarnos do que se debe ou non se debe facer xorde un código ético avalado por profesionais. Aínda así a decisión final está nas mans da xente, é dicir, a natureza modificarase ou non en función do tipo de consumo que haxa nun certo momento.

Catarina

3 comentarios:

  1. Na miña opinión, a modificacion xenética deberiase utilizar unicamente para facer cambios significativos relacionados coa saúde, se tes un fillo que vai morrer de cancro e podes ter outro que o salve ... ¿por que non?
    Eses cambios si estarian xustificados, os que non o estarian serian os comentados cambios no fisico do rapaz, como color de ollos, etc.
    Nuria Garcia Vazquez (1ºA)

    ResponderEliminar
  2. A xenética non debería ser modificada ao noso antollo.Sen embargo,penso que certas cousas debería ser obrigatorio modificalas,por exemplo en canto ao tema da menciña.Creo que debería ser abrigatorio salvar certas vidas ou curar certas enfermidades coa vida doutras persoas que poden estar morrendo.
    Xulia Añón Caamaño 1ºA

    ResponderEliminar
  3. Pero eu considero ter os ollos negros unha enfermidade

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?