14 may 2011

Barbacid denuncia que o Gobierno lle impide crear un anticancerígeno‏

Mariano Barbacid e o seu equipo de oncoloxía experimental do Centro Nacional de Investigacions Oncolóxicas (CNIO) abriu unha vía para o tratamento do cáncro de pulmón, que afecta sobre todo aos fumadores. Pero tivo que renunciar a investgación e ao desenrrolo de anticancerígeno, xa que non recibe fondos públicos para dita investigación e o Ministerio de Ciencia impídelle a inversión privada no proxecto xa que o Estado asegura que a fórmula elexida é incompatible coa lei actual, xa que di que «unha fundación pública non pode establecer acordos que impliquen a súa participación nunha sociedade de tipo mercantil», xa que o CNIO recibiría financiación privada para levar a cabo o proxecto.
O anticancerígeno demostrara en modelos con ratons que a inhibición dunha quinasa (proteínas que modifican a outras) impide a aparición e desenrrolo do cáncro inducido polos oncogenes K-RAS, especialmente nos fumadores. Dados estes resultado, o CINIO iniciaría a sínteses destes inhibidores, pero renunciou ó proxecto por non ter financiación necesaria.
Debemos compaxinar os investimentos privados e públicos?
ENLACES:
http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/05/04/0003_201105G4P34991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
FONTES: periódico: A VOZ DE GALICIA

12 may 2011

A Revolución xenética

A revolución xenética supuxo un cambio nas teorías que intentaban darlle a explicación a herdanza biolóxica e a transmisión de caracteres de país e fillos.Méndel é considerado o pai desta revolución e co seu traballo,non valorado ata despois da súa morte,puxo de manifestó que hai uns factores hereditarios,incluídos nas células reprodutoras que pasan de pais a fillos e que son as responsables dos caracteres externos dos seres vivos.
Primeiro sóubose que a herdanza se transmite polos núcleos das células ovo e espermática.Máis tarde demostrouse que os que portan esta información son os cromosomas.Finalmente conociuse a molécula responsable desta transmisión:o ácido desoxirribonucleico(ADN) .

Un xen responsable das migrañas?


Un grupo de investigadores canadienses xunto con un grupo de científicos da Universidade de Oxford lograron atopar un xen, chamado Tesk, que resultou ser o causante das migrañas, Os estudos afirman que se este xen se desenrola de forma defectuosa pode chegar a activar terminacións nerviosas que activan a dor e producen as migrañas. Para isto analizaronse máis de 100 persoas con dores de cabeza frecuentes, e tamén ás súas familias, xa que esta dor pode ser hereditaria. Pero que sexa hereditaria quere decir que obrigatoriamente sexa transmitida de pais a fillos? que teña que pasar por todas as xeracións obrgatoriamente?
Na miña opinión, que as migrañas si que teñen que ser hereditarias, xa que hai estudos que demostran que existen partes do ADN que aumentan o risco de que esta "enfermidade" sexa cada vez máis abundante na poboación. E vos, que opinades?

11 may 2011

O xogo do posible



O proceso de selección natural non se parece a ningún aspecto do comportamento humano. Pero si se trata de facer unha comparación, hai que dicir que a selección natural traballa como un “experto en bricolaxe”: este aproveita todo o que atopa ó seu redor para producir algún obxecto utilizable, e apáñase co que lle ven á man. En xeral, os obxectos que produce non responden a ningún proxecto de conxunto, senón que son o resultado dunha serie de acontecementos continxentes. Por varios motivos o proceso de parécese a esa forma de operar. A evolución actúa como un experto en bricolaxe que ó longo de millóns y millóns de anos foi modificando lentamente a súa obra, retocándoa continuamente. Pretende mellorar a súa obra engadindo novas estruturas ás las antigas en lugar de substituílas. seguir lendo
Verónica 1º Bach A

10 may 2011

Logran cultivar un proto-ollo


Nunha escena da película Blade Runner podemos ver como, nun laboratorio, se crean ollos con técnicas de bioloxía avanzadas. Aínda que isto resulte un tanto incrible, pois é difícil comprender como se pode crear un ollo sen o desenrolo embrionario do resto do corpo, é certo que actualmente hai certos tecidos do ollo que si se poden crear nun medio de cultivo, a partir de células nai, sen necesidade de desenrolo embrionario. O desenrolo embrionario está cada día mellor caracterizado a nivel molecular pero aínda estamos moi lonxe de comprender como a acción de células de diversos tipos se organiza en tres dimensions para crear tecidos e órganos. Credes que é posible cultivar un órgano sen un anterior proceso embrionario? E o caso de que isto sexa certo, pensades que ten algunha utilidade? serviria realmente para algo?

9 may 2011

Sabemos o que comemos?



As dioxinas son compostos químicos obtidos a partir de procesos de combustión que implican ao cloro. Estas forman parte da enorme colección de contaminantes tóxicos persistentes que os laboratorios foron ampliando ata superar as cen mil substancias químicas que impregnan produtos de consumo de todas clases. Os contaminantes tóxicos persistentes disólvense nas graxas de moitos alimentos e acumúlanse en diversos órganos, no sistema nervioso...
Unha vez chegan as dioxinas ao medio ambiente é moi difícil desfacerse delas. Como non van chegar aos nosos alimentos se están en todas partes
Estes contaminantes tóxicos chegan a nós en doses pequenas e son moi resistentes á degradación. Se inxires esa pequena dose "non pasa nada", pero se a inxires diariamente, ano tras ano, irase acumulando no teu corpo durante décadas. Tampouco pasa nada?

Fonte: XL Semanal Nº1227 - Do 1 ao 7 de Maio de 2011.