6 nov 2010

Mentalidade científica

O vello ancián tiña por certo que o aparello de Golgi non era real, e durante anos admitiu o que el creía por verdade universal, sin molestarse en aplicar o método científico e comprobalo. Aínda que este comportamento pertence á pseudociencia, a súa mente era científica, xa que cando un biológo celular lle deu probas convincentes de que o aparello de Golgi era real, o vello viu que estivera nun erro: segundo a súa mente científica, e a pesar de non comprobar en primeira persoa se o que el tiña por certo era verdade ou non, soubo aceptar que as súas conclusións era provisionais e non verdades universais e inmutables como propón o método pseudocientífico.

6 comentarios:

  1. O ancián, ademais de errar na orixinalidade do aparato de Golgi, errou nalgo posiblemente máis importante: levar á practica as características da pseudociencia sendo un auténtico científico. Pois, durante anos pensou que o aparato de Golgi non era real sen ter probas para demostralo nin corroboralo, algo que é fundamental nos estudos científicos.
    Porén, cando víu as probas que contradecían a súa teoría soubo aceptalas. Asique, aínda que cometeu un erro á hora de realizar un estudo, comportouse coma un científico modificando as súas ideas.

    ResponderEliminar
  2. Si, estou de acordo, o seu pensamento era pseudocientífico. Se cría que o aparello de Golgi era real, sería porque él realmente consideraba as probas que había suficientes, entón a súa intención non era a de ofrecer un pensamento como verdade universal, senón que verdadeiramente o cría probado. E por tanto, cando recibiu o que para él eran novas probas da súa verdadeira existencia, cambiou a súa teoría.

    ResponderEliminar
  3. Estamos ante un caso no que se mestura comportamento pseudocientífico e mentalidade científica. Neste caso, o ancián estivo mantendo durante toda a súa vida un comportamento pseudocientífico, ca que xamais intentou comprobar a veracidade dos seus pensamentos (estaba ante un dogma, non existe porque o digo eu e punto) mais cando lle amosan as probas contundentes é quen de rectificar e aceptar o seu erro (comportamento científico.)
    Despois de facer esta reflexión, cabe pensar que o científico era algo preguiceiro e non quixo comprobar nada, xa que cando outra persoa o fixo por el non opuxo ningún argumento en contra.


    Patricia Añón 1º A

    ResponderEliminar
  4. A Ivana
    As probas nesa época tampouco eran totalmente definitorias. Este señor tiña unha opinión baseada en probas, unha opinión errónea pero científica

    ResponderEliminar
  5. A Nuria
    Repasa o que escribiches porque é moi contraditorio.

    ResponderEliminar
  6. A Patricia
    As probas nesa época tampouco eran totalmente definitorias. Este señor tiña unha opinión baseada en probas, unha opinión errónea pero científica

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?