18 dic 2012

Pódese transplantar a alma cun órgano?




A raiz dun accidente, e dunha duda “exixtencial” dunha presentadora de se se podería transplantar
alma cun órgano a Organización Nacional de Transplantes aclarou que a alma é un concepto que non se transplante que non ten ningún sustento científico ademáis de que as características da personalidade non vai para nada en contacto con ningún transplante.
Ademáis unha entrevista a diferentes pacientes que foron transplantados demostrouse que non lle
cambiou a súa alma e que viviron felices dende o transplante. A xente que cre iso non será porque viu demasiadas veces o capítulo dos simpsons?

Fonte:

http://www.lasexta.com/noticias/sociedad/organizacion-nacional-trasplantesindigna-declaraciones-marilo-montero_2012102400150.html

Estrela fugaz


Todos algunha vez vimos unha estrela fugaz, algúns piden un desexo e outros comentan o obervado.
Moitas veces dise que é unha estrela que morre e que se apaga e estamos acostumados a escoitar a frase “choiva de estrelas”. Sen embargo unha estrela fugaz está moi lonxe de ser algo similar a unha estrela.
O espazo fóra da nosa atmosfera, espazo interplanetario, está cheo de materiais, fundamentalmente eson anacos de rocas de varios tamaños deixados polo paso dunha cometa, meteoroides. Cando un deles entra na atmosfera debido o roce comeza a queimarse. Moito destes anacos de roca desintegrase completamente e a este fenómeno denomínase meteoro. Que pasaría se non se desintegrase por completo e chegase a nos? Morreriamos todos ou non nos dariamos conta?


Fonte:
http://www.achaya.cl/apuntes-de-astronomia/9-sistema-solar/17-ique-es-unaestrella-
fugaz

Nen asteroides, nen planetas errantes, nen chamaradas.


                                           
Según a NASA, non vos debedes preocupar, porque o mundo non acabará por ahora. Ainda que moitos creen que o calendario Maya acaba en Decembro do 2012, parece ser que se equivocaban. Simplemente segue uns ciclos de tempo que rematan e volven a comezar, e un deses ciclos remata no 2012, ou eso é o que din. Vos que creedes? Estouparemos en anaquiños e esparciremonos polo universo?ou darannos caza os extraterrestres? Cal será o noso fin? Se é que hai algún... http://www.elmundo.es/elmundo/2012/12/14/ciencia/1355487788.htm

17 dic 2012

O cerebro de Einstein é diferente


O cerebro deste gran físico foi preservado tras a súa morte no 1955 e ata fai pouco non o desvelaron. O patólogo Thomas Harvey fotografou o cerebro de Einstein e uns estudos recentes destas instantáneas revelaron que posuía un córtex prefrontal excepcionalmente desenvolvido o que posiblemente contribuíu a desenrolar as súas capacidades cognitivas superiores á media. Tamén se detectou anomalías nos lóbulos parietais que son os que interveñen no razoamento matemático e nas habilidades da visión espacial. Podería ser este o motivo da súa extraordinaria intelixencia?
Fontes:

Pingüín xigante na Antártida


Uns paleontólogos arxentinos descubriron o fósil dun pingüín que viviu hai 34 millóns de anos e que media 2 metros. Segundo as teorías destes investigadores as cores do plumaxe desta ave non eran branco e negro como os de agora senón que presentaban unha mestura de marrón avermellado e gris.  O exemplar máis grande desta especie na actualidade é o pingüín Emperador de 1,20 metros. Os paleontólogos queren seguir investigando para atopar mais esqueletos e así coñecer mellor como eran estes animais. Conseguiran atopar máis fósiles?
Fontes:
http://buscomonta.com/blog/?p=521

A marihuana que non coloca


Un grupo de científicos israelís desenrolaron unha de marihuana para uso medico sen efectos alucinóxenos. Isto conseguírono ao extraer da planta o compoñente psicoactivo THC. Con isto pretenden axudar aos pacentes de cáncer e escleroses múltiple xa que esta nova ‘maría’ ten un alto contido de cannabidol que o converte nun potente antiinflamatorio e esperan que non teña efectos secundarios. Ata o momento os resultados obtidos con ratos foron moi positivos e están á espera das probas con humanos. Terá o efecto esperado nos humanos?

Fontes:
http://www.clinica-aeromedica.net/?p=4382

Os espexismos


Son ilusións ópticas nas que percibimos realidades que non existen porque nas superficies de alta temperatura o aire quente permanece por debaixo do frío e isto produce que os raios luminosos se refracten formando asi imaxes que non son reais por exemplo, cando vemos sobre o asfalto ou a area do deserto unha especie de película de auga na que se reflexan os obxectos do entorno e da a sensación de que ante nos hai un estanque de auga. Como poderiamos distinguir as ilusións ópticas da realidade?
Fontes:
http://ciencias.jornada.com.mx/investigacion/ciencias-fisico-matematicas/investigacion/espejismos-que-son-y-como-se-producen

Un galego descobre a propagación do párkinson


Francisco Pan-Montojo Puga investigou a propagación desta enfermidade e averiguou que os pesticidas interactuaban coas células mitocondrias intestinais (que son as encargadas de aportar enerxía) provocando que se transmitan ao cerebro causando a morte das neuronas dopaminérxicas na substancia negra cerebral que teñen a función do aprendizaxe, das actividades motoras, do sono, o humor.. entre outros. Tamén relacionou a alteración da proteína sinucleína alpha con este descubrimento e grazas a isto poderán desenrolar fármacos para inhibir a acción da proteína e que impidan a progresión da enfermidade. Conseguiran erradicar esta enfermidade?


Fontes:

Descubrimento das galaxias máis antigas


A NASA revelou a aparición de sete novas galaxias, as máis primitivas e lonxanas detectadas polo telescopio espacial Hubble ata agora. Calculase que teñen uns 13 millóns de anos, isto quere dicir que foron formadas cando o Universo tiña un 3% da súa idade actual. Tan só 380 millóns de anos tras o Big Bang formouse a máis antiga delas. Con este primeiro censo fiable sobre o universo confirmase unha vez mais a lei de Hubble sobre a expansión do mesmo e o corremento hacia o vermello. Poderemos seguir atopando novas galaxias?

Fontes:

A orixe dos xitanos


Un estudo realizado por un grupo de científicos de diferentes nacións constatou que as probas de ADN realizadas á etnia xitana determinaron que estes proceden da India e que non chegaron a Europa ata antes do 1400 cos peregrinos do camiño de Santiago. Aínda que ao principio foron admitidos pola sociedade ao ver que non se adaptaban as nosas normas acabaron sendo perseguidos. No noso país hai uns 350.000 xitanos.  Haberá outras etnias que sexan orixinarias dese mesmo lugar?


Fontes:

Xeo en Mercurio


Os investigadores da NASA descubriron grazas á sonda Messenger que en Mercurio hai grandes cantidades de auga xeada nos seus cráteres situados nos polos do planeta e material orgánico. Este é o máis pequeno dos planetas no Sistema Solar e o máis próximo ao Sol. Aínda que con isto xa ten algo máis en común coa Terra non quere dicir que haxa vida nel agora pero tampouco se pode descartar a idea de que o haxa nun futuro. Poderemos ter proximamente veciños no noso sistema planetario?



Fontes:

Os raios verdes


¿Realmente existen ou son una ilusión óptica? ¿E tan so una invención de Xulio Verne ou son unha realidade? Pois ben, este fenómeno non é nin una ilusión nin una lenda, isto acontece cando a luz solar atravesa a atmosfera e refráctase, como ocorre cos prismas. Podémolo ver cando se pon o Sol durante uns segundos, aínda que tamén pode ser azul por que a súa luz é de alta frecuencia e presenta estas cores. Tamén podemos ver a parte superior da esfera solar ou lunar verde cando o horizonte non ten obstáculos, coma no océano pero ademais pode aparecer sobre as nubes ou as montañas. Chegaría Xulio Verne a ver algún na súa vida?
Fontes:


UNIVERSOS PARALELOS

                                                      
 
Que son os universos paralelos? É posible que exista outro “eu” ? É un tema moi dificil de comprender e no que prácticamente TODO está por descubrir. Pero ainda así moitos científicos, xa sexan matemáticos, físicos... aseguran que existen, xa que calquera outro tipo de universos como o lineal, presentan moitos erros nas nosas teorias. Para o modelo de universos paralelos, existen moitos universos independentes ao mesmo tempo, nos que as leis físicas son distintas en cada un e non en todos podería haber vida. Algúns científicos opinan que é imposible pasar de un a outro xa que son totalmente independentes, en cambio outros pensan que si se podería pasar de un a outro porque poden estar conectados de algunha forma como poderían ser os buratos negros ou os agujeros de gusano. Os modelos máis coñecidos de universos paralelos, son os universos burbulla e o multiverso. Será certo que vivimos nunha gran burbulla?, Poderemos chagar a visitar aos nosos veciños de outras burbullas algún dia?
              Se isto foi suficiente para despertar a vosa curiosidade, nesta páxina http://www.astromia.com/universo/modelosuniverso.htm , explícavos máis sobre o tema.

De la Deriva Continental a la Tectónica de Placas


Caramba, pareceme que esto xa o vivín antes!


A miúdo temos esa estraña sensación de que o que nos está a acontecer xa o vivimos antes e eso é pola
expresión francesa "déjà vu" que significa “xa vivido”. Esto débese a unha anomalía na memoria, unha actividade epiléptica localizada no lóbulo temporal que fai que a información do que estamos a ver se desvíe unha milésima de segundo e nos de esa sensación de que o que estamos a sentir, vivir ou visitar (déjà sentí, déjà visité o déjà vécu) xa o viviramos antes, pero co inconveniente de que non sabemos cando e como sucedeu daquela vez. Será por iso que algunhas persoas pensan que ven o futuro?

Fonte:
http://blogs.20minutos.es/yaestaellistoquetodolosabe/deja-vu-la-extrana-sensacion-de-haberlo-vivido-antes/