9 dic 2010

"La amenaza de Andrómeda"

É unha novela de ciencia-ficción escrita en 1969 por Michael Crichton. Narra a historia dunha crise científica americana de gran magnitude que durou cinco días.

O goberno de Estados Unidos comeza cun novo proxecto de búsqueda de virus no espacio, lanzando satélites e sondas a orbitar arredor da terra.
O último dos satélites enviados impacta con algún corpo extraño, desvíase e cae nun pequeno pobo no interior de Estados Unidos. Pouco despois, descobren ós habitantes do pobo mortos. Moitos sen sinais de violencia, outros suicidados, pero ningún con restos de sangue. Os rescatadores do satélite teñen tempo de gravar a un supervivente cruzando a rúa, antes de correr o mesmo destino. Inmediatamente, declárase unha situación de emerxencia e convócanse a diferentes expertos para dar coa causa da morte de todas aquelas persoas.


Na miña opinión, o libro ten un argumento que engancha ao lector desde o principio, aínda que hai momentos nos que chega a resultar un pouco aburrido e complicado de entender, xa que ás veces utiliza termos bastante científicos.
Recomendaríallo a aquelas persoas ás que lle gusten as novelas de ciencia ficción que non se alonxen da realidade. Aqueles que non se animen a ler o libro, poden ver a película desta novela que Robert Wise levou ó cine en 1971.