18 oct 2014


Todos os herexes foron considerados grandes científicos,  é este un científico ou un mentiroso?

17 oct 2014

A cromoterapia.

A cromoterapia é unha técnica que pretende curar certas enfermidades a través do uso de cores. Segundo esta técnica, a cor pode aliviar tanto enfermidades infecciosas como de orixe psicolóxico, co poder orixinal da luz que traballa en todos os niveles do ser como a forma cósmica mais potente. Aplícase, normalmente, en sesións nas que se rodea o corpo cun determinado color durante 30 minutos, e ten efectos visibles pasadas unhas semanas.
Terá algún efecto sobre a nosa saúde o feito de observar unha determinada cor? Substituiranse as pastillas e a medicación de determinadas enfermidades por sesións observando cores?



Ozonoterapia para curar o ébola

A asociación de Ozonoterapia asegura que cun tratamento baseado na introdución de ozono por vía rectal se poderían curar pacentes con ébola dunha maneira segura e sen efectos secundarios. Aparte de que os doentes con ébola estarían a experimentar diarreas e sería algo difícil suministrarlles o ozono por vía rectal, cres ti que este tratamento, cun gas considerado tóxico, pode resultar efectivo ou só mataría ó paciente? 

Fontes: 

"Una tumba para los Romanov"




Queres saber como se resolveu o misterio do asasinato da familia real rusa? E coñecer, ademais, diferentes técnicas coas que se solventan crimes empregando o ADN? Ou prefires descubrir como estamos todos conectados polos nosos xenes? 
Isto e máis podes atopalo neste libro, que, ademais, é moi sinxelo de entender.


15 oct 2014

REFLEXOLOXÍA PODAL.



Que maravilloso sería poder curar calquera dor tan só cunha masaxe nos pés. Si, nos pés. Segundo a reflexoloxía zonas do noso corpo como o lombo, a cabeza, os riles... están refletidos en concretas zonas dos pés, a partir disto, aplicando presión nestos puntos concretos dos pés podemos calmar a dor en calquera outra zona do corpo. 
A verdade é que non existe ningunha proba nin estudo que poida confirmar que a reflexoloxía funciona, pero hai xente moi convencida de que esta terapia alternativa lle axudou a calmar algunha dor, aínda que o máis posible e que só sufran o efecto placebo. 
Debería a seguridade social financiar estas prácticas ou, pola contra, deberían ser consideras un timo e ser prohibidas?

FONTE:http://salud.bioetica.org/reflexologia.htm 


Tras ver Funny Games pareime a pensar si na xenética humá podía existir un xen da maldade, aqueles que poden ter os asasinos, psicópatas, etc; só disa forma explicaría o comportamento dos dous irmáns que nista película matan a familias como si fora un xogo. Tras investigar un pouco pola internet atopei un estudo onde se estudaron a dous grupos de persoas clasificadas entre violentos e non violentos, pero todos eles sometidos na infancia a un ambiente hostil semexante. Os individuos violentos presentaban unha mutación no xen receptor da serotonina, que é a encargada, entre outras cousas; da inhibición da ira e da agresión.  

¿A maldade existe?


Aquí atoparedes o enlace onde fala un pouco máis detalladamente disto.

http://www.slideshare.net/drhmoreno/el-indice-de-maldad-est-genticamente-determinado



14 oct 2014

La vida de los planetas

Cal foi o principal fracaso da carreira espacial? E o maior éxito? Neste libro tes un pouco de todo e, xa de paso, información dos nosos veciños do Sistema Solar

Explorando o planeta vermello

Ver imagen en Twitter ¿Una roca con forma de «semáforo»? Ver nuestra publicación en Flickr, AQUÍ
Localizan en Marte unha rocha con forma de canón,pero este non é o único descubrimento recente neste planeta,tamén encontraron outra con forma de semáforo.

Serán simples pedras? Serán sinais de que exista vida fóra da terra? Extraterrestres quizais?

Sobre a hipnose



A hipnose é real,xa que é o estado no que se alcanza profunda consciencia sobre os pensamentos e emocións.Desconéctase do esterior,por así decilo.
Pero pasa a ser unha práctica pseudocientífica cando se empeza a creer que nos poden dominar con ela,xa que en todo momento podémonos dar conta do que pasa fóra.

Haberá xente coa capacidade de controlar a mente doutras persoas ou serán estás as que creen que viven está experiencia?

http://www.misuperacionpersonal.com/superacionpersonal-articulos/autohipnosis/como-funciona-la-hipnosis.htm