22 feb 2014

Probas da evolución no noso corpo



Hai numerosas probas no noso corpo que apoian as teorías da evolución. A maioría de nos posuímos todas estas partes ou órganos aínda que outras xa son menos habituais debido a perda da súa transmisión. Como a “pel de galiña”usada no pasado para  parecer mais grandes e asustar aos inimigos. Na actualidade non ten ningunha función para o noso organismo polo que a medida do paso dos anos irán perdéndose. Desaparecerán estas características ou polo contrario adquiriremos algunha nova?  

Fonte: http://revolucioncientifica.com/

18 feb 2014

Ratas tan grandes como ovellas?

O doutor Jan Zalasiewicz, asegura que nun futuro, as ratas poderían pesar ata 80 kg. Según este xeólogo as ratas evolucionarán para ocupar o espazo na cadea alimentaria de outros mamíferos máis grandes que xa se extinguiron. O seu argumento básase no Cretácico: os animais pequenos coa desaparición dos dinosauros  foron aumentando de tamaño.

Pero en que dirección irá a evolución?  Terá razón Zalasiewicz ou pola contra as ratas faranse máis pequenas?

Cazadores europeos do Mesolítico.


O Institut de Bioloxía Evolutiva de BCN en colaboración co Centre for GeoGenetics de Dinamarca investigaron un ADN achado na cova de La Braña - Arinetero (León) e grazas as extraordinarias condicións nas que esta se atopaba, dito ADN puidose conservar case impoluto. Del sábese que pertencia a un home de entre 30 e 35 anos de idade que viviu fai uns 7.000 anos no Mesolítico e que ademáis, os cazadores e recolectores que colonizaron Europa nese período tiñan a pel moi morena e os ollos azuis. Se colonizaron Europa, de onde procederían estes cazadores?
Fonte: Pronto

Poden as mulleres pensar en duas cousas a un tempo?


Un experimento realizado con 100 estudantes (50 homes e 50 mulleres). O experimento consistía en realizar varias tarefas á vez, na cal se obtivo unha puntuación similar entre ambos os dous sexos, a segunda tratábase de facer un debuxo como estratexia para atopar unha chave perdida, no cal as mulleres demostraron máis rapidez. O estudo revela que as mulleres poden pensar no futuro con maior precisión e teñen maior capacidade de planificación que os homes.  Consideras científicos os resultados obtidos polo estudo ou pensas que estas capacidades se manifestan independentemente do sexo da persoa?


Como se domesticaron os gatos?


O can foi sempre o mellor amigo do home, pero…. E o gato? Fontes de investigación como un equipo internacional de científicos que analizaron restos do xacemento chino de Quanhucun, onde e acharon ósos de felinos. Afirman que estes comezaron a manter contacto cos humanos a través da agricultura. Esta domesticación comezou fai uns 5.000 anos. Os agricultores beneficiánbanse da mesma , debido á caza dos roedores por parte dos gatos. Se a existencia dun vínculo entre un humano e un gato conlevan que haxa unha certa coincidencia de personalidades, poden un gato e un humano desenvolver relacións complexas cun entendemento ou fin común?

Fonte : http://www.muyinteresante.es/naturaleza/articulo/los-gatos-se-hicieron-domesticos-gracias-a-la-agricultura-hace-5-000-anos-101387297353

17 feb 2014

A evolución

Esta é unha boa maneira para entender a evolución e a vida.

Son os homes mais listos que as mulleres?

Hasta este momento non había estudos sobre este tema pero recentes estudos demostran que o cerebro dos homes é algo máis grande que o das muleres, entre un 8 e un 13% máis. pero isto non significa que sexan máis listos os homes xa que a área do cerebro que é máis grande é o sistema límbico, a parte encargada das emocións. Isto lévanos a deducir que o sexo masculino terá maior posibilidade de ter enfermidades como a esquizofrenia, e a muller será inmune?
Fonte: http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/el-cerebro-masculino-tiene-mas-volumen-que-el-femenino-511392208777

O MÁIS ANTIGO ANTEPASADO DOS VERTEBRADOS


O Pikaia gracilens media uns 5cm de largo, tiña un corpo fusiforme percorrido por unha notocorda( tubo neural ) e habitaba os mares do Cámbrico Medio. Este animal posuía segmentos musculares chamados miómeros, notocorda e outras características que o posicionan na base dos cordados e polo tanto tamén dos vertebrados.
Que parecido gardamos entón os seres humanos con estas ancestrais criaturas?





Fontes:http://kerchak.com/el-antepasado-de-los-vertebrados-en-el-esquisto-de-burgess/


16 feb 2014

La Sierra de Atapuerca

http://www.atapuerca.org/evma.htm
Temos libro novo, e non é un calquera. Viaxade a un dos xacementos paleontolóxicos máis importantes do mundo con axuda dun libro no que a fotografía gaña ao texto.