26 mar 2011

Nova solución contra o cáncer de mama


Segundo a revista "The Lancet"un novo aliado xunta loita contra o cancro de mama: o eribulin(http://www.blogfarmacia.net/el-farmaco-eribulina-de-origen-marino), quimioterapia derivado dunha esponxa de mar moi común nas costas de Xapón que podería aumentar nun 20% a esperanza vida das mulleres que sofren metatárses.
O máis destacado do medicamento é ainfluencia que ten sobre os pacientes sen a necesidade de combinarse con outras substancias.

700 mulleres participaron no estudo para medir a toxicidade e os efectos de dita substancia que realizaou o instituto d´Vall Hebrón dirixido por Javier Cortés.O resultado foi moi positivo xa que se comprobou que era eficaz para todos os cácer de mama.
O eribulin ten un mecanismo de doble acción:impedir a división das células tumorais e eliminar a célula tumoral.A posibilidade de que o medicamento sexa eficaz nas fases iniciais do tumor será outro obxecto de estudo.
En tanto o eribuli xa é comercializado en Estados Unidosmentres que en Europa se
comercializará a partir de xuño.

20 mar 2011

A natureza é patentable?


Debemos ou, o que é máis, podemos patentar os produtos da natureza? Pois ben, para iso debemos ter claro que unha patente son aqueles dereitos concedidos polo Estado a un inventor ou cesionario, co fin de que divulgue o seu invento. Pero ben, qué podemos considerar un invento? Está considerado internacionalmente que non son inventos os seguintes: os principios teóricos ou científicos; os descubrimentos que consistan en dar a coñecer ou revelar algo que xa existía na natureza; os programas de computación; as creación artísticas ou literarias; os métodos de tratamento cirúrxico, terapéutico, etc.

Por tanto, atendendo a isto, o resto de casos que se atopen fora desta lista poden ser patentados. Se nos fixamos, anteriormente dixemos que os descubrimentos que consistan en dar a coñecer ou revelar algo que xa existía na natureza non eran considerados inventos. Polo tanto, non poden ser patentados.

Pero,e se atopamos unha planta que cure o cancro (por poñer un exemplo)? Poderíase facer algunha excepción?