20 ene 2012

Fumarolas submarinas


As fumarolas submarinas dánse en zonas volcánicas e baixo os océanos, e son fendas polas cales saen gases a altas temperaturas. Nas fumarolas encóntranse ecosistemas nos cales as bacterias transforman a materia inorgánica que sae da fumarola en materia orgánica sen realizar a fotosíntese. Éstas ainda que non hai sufucientes medios para exploralas, poden convertirnse nas nosas reservas do futuro. Serán as fumarolas a fonte da primeira vida existente na Terra?


Fontes:

18 ene 2012

A verdade do experimento de Miller e Urey.

O mérito do experimento de Miller e Urey está atribuído a ambos homes pero, foi realmente idea dos dous? A realidade é que Miller, que estaba traballando para Urey, propúxolle facer un experimento para contrastar a hipótese de Oparín. O seu xefe non se mostraba de acordo con esta idea, pero Miller seguiu adiante co experimento. Cando finalmente os resultados foron concluíntes, Urey tamén quixo levar o mérito deste traballo, polo que simulou que sempre estivera de acordo e asi puido pasar tamén á historia.
Sabendo isto, debería seguir recoñecéndoselle a Urey este traballo?
(Fonte: enlaces anteriores)

La conspiración lunar ¡ vaya timo!

Este libro de Eugenio Fernández Aguilar conta a resposta que todos nos fixemos un día: O home chegou a Lúa? Comenza o libro coas hipóteses da xente e acaba o libro cunha conclusión.
Recoméndovos este libro porque antes de lelo tiña unha conclusión sobre este tema e agora teño outra.


http://http://www.austrinus.com/index.phpoption=com_content&view=article&id=347&Itemid=195
http://http://www.astrofotos.com.es/2007/07/el-hombre-en-la-luna-1969.html

17 ene 2012

A EXTINCIÓN DOS NEANDERTAIS

A extinción dos Neandertais segue a ser un capítulo por cerrar no coñecemento evolutivo que cada vez ve máis acotados os seus motivos. Algunhas das causas que se propoñen foi a inadaptación ó cambio climático derivado da última glaciación, a competitividade polos recursos co Homo Sapiens, e incluso o "esgotamento" xenético ou o exterminio violento do Neandertal  en combate. Se ben parece claro que máis que unha soa causa, trataríase dunha confluencia delas, aquí queda un artigo que apunta ó "amor" como causa probable da desaparición do Neandertal; ¿credes que o sexo cos humanos pudo ser a causa, ou cando menos unha das causas da extinción desta especie?