26 feb 2011

UN MUNDO FELIZ



Co paso do tempo, os avances da tecnoloxía produciron moitas melloras na medicina e na bioloxía, ata o punto de poder crear unha sociedade de maneira diferente. Con diferente refirome a por exemplo, non ter que quedar embarazada para ter fillos. Iso é do que nos fala o libro de Aldoux Hudley, Un mundo feliz. O libro, basado no futuro, presentanos unha sociedade onde as persoas se crean nun laboratorio, con xenes que determinarán a súa vida, xa que presentanse cinco tipos de persoas, desde os máis intelixentes, guapos e con mellor traballo, ata os máis feos, pouco intelixentes e con un pésimo traballo. Ainda que isto pode soar surrealista, cada vez están máis cerca de conseguilo. Craig Venter e o seu grupo de laboraotior crearon un cromosoma de vida sintético, é decir, unha réplica do xenoma da bacteria Mycoplasma mycoides e despois transplantaron outra bacteria viva M. capricolum (especie de Mitoplasma relacionado coas ovellas e vacas), actuando como recipiente para crear unha nova, unha vez implantado, o ADN comezou a funcionar na nova célula. Entón que relación pode traer os avances do Proxecto Xenoma Humano con isto? Será posible crear toda una vida, nun laboratorio?

PROXECTO XENOMA HUMANO


O xenoma humano é a secuencia de ADN, que conten 23 pares de cromosomas no núcleo de cada célula humana diploide. O proxecto Xenoma Humano foi un proxecto científico, fundado no 1990 por científicos de todo o mundo, un dos seus obxectivos era clasificar os xenes desde o punto de vista físico e funcional, para así poder construir un mapa xenético característico da nosa especie. Grazas a este proxecto sabemos que os nosos xenes non é moi diferente ao de outras especies, como por exemplo o Orangután, co que presentamos un 97% de conicidencias. Como todo, este proxecto ten vantaxes, curar as enfermidades hereditarias insertando copias dos xenes que están “defectuosos” ou ausentes no xenoma dunha persoa para tratarlle dita enfermidade. De exemplo podemos poñer o Parkinson ou a diabétes. De comezo parece o proceso pode parecer doado, seguro que a pregunta e " a que se espera para aplicalo? " está na vosa cabeza. Mais as desvantaxes atopanse na bioética, entre outros problemas. Esta cuestiona problemas como, quen debe nacer? Que enfermidades se deben de tratar? Por iso non é tan doado. ainda asi, que opinades? Creedes que pode ser un gran avance na medicina e bioloxía?

Simpson




Debido a crenzas relixiosas, podemos estar influenciados e crer que as teorías sobre a evolución non son do todo coherentes e certas. Por moitas probas que se aporten, sempre hai alguén que contrapoñerá a teoría da evolución coa teoría do creacionismo. Como ben se ve reflexado no capítulo dos simpson, no libro de Darwin apórtanse probas máis que suficientes sobre a teoría da evolución pero, como xa dixen, sempre hai escépticos cunha perspectiva máis espiritual, é dicir, non só apoian o creacionismo senón que están seguros de que a evolución propiamente dita non existe. En que criterio se basan eles?

Relación entre o cancro e os retrovirus.



Fai escasos días, saíu á luz mediante os medios de comunicación que o cancro podería estar causado por un virus. En concreto os retrovirus.
Como xa sabemos, as nosas células trancriben toda a información en forma de ADN (mediante as proteínas) que logo sirven para o correcto funcionamento da célula. Os retrovirus teñen a capacidade de pasar o seu material xenético, que é o ARN, en ADN. Desta forma, a célula recoñece a información e comeza a trascribir estes xenes. O retrovirus, unha vez que afectou á celula, produce un pol de encimas que inhiben a actividade da célula; e a prioridade da célula infectada é pasar o ARN vírico a ADN. Os retrovirus poseen 2 copias de ARN, que se replican de unha maneira especial: pasan por unha forma intermediaria de ADN de dúas cadeas que se replican para formar unha dobre hélice de ADN. De este modo o retrovirus pode insertarse no xenoma celular, formando o oncoxen. Este proceso lévase a cabo mediante unha encima(a retrotranscriptasa ou a transcriptasa inversa). Os retrovirus poden producir moi diversas enfermedades, no peor dos casos cancro ou sida.
A continuación déixovos unha animación que resume de forma visual o funcionamento dos retrovirus cando se adentran nas células:
http://www.whfreeman.com/kuby/content/anm/kb03an01.htm

O CANCRO DE PULMÓN


O cancro de pulmón prodúcese polo crecemento exaxerado de células malignas neste órgano, e que se non se diagnostica a tempo pode desprazarse cara outros órganos do corpo.

A maioría das formas de cancro de pulmón orixinase nas células deste, pero pode propagarse (metástases) ó pulmón dende outras partes do organismo. O cancro de pulmón é o máis frecuente tanto en homes como en mulleres.

As causas de que se produza cancro de pulmón son: tabaco, efetos do radón, exposición a carcinóxenos, predisposición xenética, axentes causantes de cancro no traballo, marihuana e a inflamación recurrente, polvo de talco, exceso ou deficiencia de viatamina A e a contaminación do aire.

Deixovos aquí un artigo do periódico:

http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/01/30/0003_201101G30P42994.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

25 feb 2011

Onde están o límite das operacións estéticas?



As operacións estéticas que se realizan na actualidade como: rinoplastias, liposucción, aumento de peito, reducións de abdome … teñen consecuencias moi negativas para a nosa saúde. Como podemos chegar a morrer nun quirófano? Como somos tan inconscientes de non mirar pola nosa saúde e asesorarnos antes de operarnos? Esa é a verdadeira realidade de onde está o límite, se é máis importante a nosa imaxe física ou a nosa saúde.

DIOXINAS


As dioxinas encóntranse no medio ambiente de todo o mundo, estas son un tipo de compostos químicos altamente contaminantes. Estamos expostos a elas máis do 90% dos alimentos, principalmente nos produtos alimenticios como son: os cárnicos e láteos, peixes e mariscos.

As dioxinas teñen una elevada toxicidade e poden provocar problemas de reprodución e desenrolo, afectar ó sistema inmunitario, nas hormonas, e así chegar a causas cáncer.

As medidas máis eficaces para evitar ou reducir a exposición humana son as adoptadas na orixe, ou sexa, facendo os controis dos procesos industriais máis rigorosos.

Fai pouco tempo encontráronse altos niveles de dioxina en galiñas poñedoras alemáns.

Aquí vos deixo un enlace onde podedes aceder a información acerca destes fenómenos:

http://www.who.int/mediacentre/factsheets/fs225/es/index.html

¿Qué pensades acerca de que haxa tantos niveles de dioxina nos alimentos?


A galiña é un dinosaurio evolucionado?


Un grupo de xenetistas tras analizar un fósil dun fémur pertencente a un tiranosaurio descubren que este pertence á mesma árbore evolutiva que as galiñas ou as avestruces. Só que estas últimas están máis especializadas. Agora parádevos a pensar, realmente credes que unha galiña pode ser un dinosaurio evolucionado e especializado?
Eu creo que sí que pode ser así porque os dinosaurios son de fai millóns de anos e pode que evolucionaran moito ate chegar a ser unha galiña. Pode que pensedes que os dinosaurios morreron ao impactar aquel meteorito na Terra, pero non foi así, non morreron todos, e como despois do impacto o seu medio xa non era o mesmo, os que foron tendo mutacións favorables ao novo medio no que vivían foron sobrevivindo mellor e deixando máis descendentes os cales poden ser as aves de hoxe en día. Ademáis, temos probas disto, os restos fósiles do archaeopteryx, que é a especie entre os dinosaurios e as aves.

A EVOLUCIÓN BIOLÓXICA:

Charles Darwin e Alfred Russel Wallace propuxeron en 1858,en forma independente, que a selección natural é o mecanismo básico responsable do orixe das novas variantes fenotípicas e, en última instancia, de novas especias.Actualmente están recollidas estas ideas xunto con outras, nas leis de Méndel e outros avances posteriores na xenética.Denomínase sintese moderna ou teoría sintética.

24 feb 2011

O ANCESTRAL COMÚN CO MONO


Pierolapithecus catalanicus é unha especie extinguida de primate homínido descuberto en decembro de 2002 por un equipo de paleoantropólogos liderado polo catalán Salvador Moya-Sola. O único individuo coñecido que viviu fai preto de 13 millóns de anos, un período pouco estudado, foi nomeado como "Pau". A súa importancia reside no que podería ser o ancestral común de humanos e grandes monos( chimpancés, gorilas... ) Quere decir esto que nos evolucionamos e eles non?

23 feb 2011

Relacións entre neandertais e homo sapiens.


Sabemos que antes de nós houbo outros homínidos, tales como o australopitecus ou o homo habilis, por exemplo. Pero... puideron estes aparearse entre eles?
Segundo o proxecto do Xenoma Neandertal (o cal costou cinco millóns de euros e catro anos de traballo), neandertais e homo sapiens apareáronse probablemente fai 50000 ou 80000 anos.
Cotexáronse secuencias xenéticas dos neandertais con xenomas de persoas de Europa, Asia, Oceanía e África e tamén con chimpancés. Así, puidose saber que é o que distingue homo sapiens e neandertais de chimpancés e os xenes que evolucionaron en nós e nos distinguen de ambos.
Algo que non se esperaba nesta investigación foi que algunhas secuencias xenéticas dos neandertais coinciden coas dos homo sapiens de Eurasia e Oceanía, pero non coas de África.
Isto quere dicir que os xenes de neandertais e homo sapiens mesturáronse pouco antes ou pouco despois de que a nosa especie saíse de África.
Estímase que a maioría dos humanos actuales tería entre un 1% e un 4% de porcentaxe neandertal. Como interpretades isto?

WALL-E


A película de Wall-e refléxanos un futuro marcado pola influencia tecnolóxica ata o punto de ridiculizar ás persoas. A evolución que levan os seres humanos está encamiñada, segundo a película, a vivir nunha “cadeira de rodas” sen poder movernos debido ó sobrepeso que collemos, xa que as máquinas nos dán todo feito. Así deixamos de empregar as facultades que posuímos dende camiñar ata o simple feito de pensar. Serían esaxeradas as consecuencias dunha sociedade tan tecnolóxica no ámbito da evolución?

22 feb 2011

O ananismo, antídoto contra o cancro.


Un equipo internacional de expertos identificou unha mutación no xene que regula a hormona do crecemento, a responsable que que un grupo de persoas teñan unha talla tan baixa e isto é o que impide o desenrolo do cancro e da diabete.
Para isto estudouse a evolución dun grupo de 99 ecuatorianos que padecian enanismo, e demostraron como as celulas destes individuos activan un proceso de morte celular controlada (apoptosis) cando se enfrontan a situacións de estres.
- Penso que é realmente algo sorprendente, pois o cancro cada vez estase a ver máis na sociedade na que vivimos, e que de pronto apareza algo tan simple e que, a simple vista ten tan pouca relación, e dificil de crer. E por que so sucede isto no caso dos seres que padecen ananismo? non seria xenial que contasemos con iso todos? Que posibles explicacións lle atopades a esta mutación?

21 feb 2011

A intelixencia dos homínidos.


Seguro que algunha vez se vos ocorreu ir pisando pegadas que alguén deixou na area; pois que saibades que non sodes nada orixinais, eso xa o facían os primeiros homínidos bípedos (australopithechus afarensis), tal e como desmostraron os restos atopados en Tanzania. Pero a pergunta é: cómo unhas pegadas que se deixaron fai 3.6 millóns de anos se poden conservar na actualidade? A resposta está na xeoloxía: o volcán Sadimán entra en erupción,chove (as cenizas molladas son similares ó cemento fresco), os homínidos pasan por alí, brilla o sol, secánse as pegadas... e así estiveron ata que en 1978 foron descubertas. O problema agora é que estas pegadas se están deteriorando e aínda o goberno de Tanzania dí que quere facer un parque para poder visitar estes restos. Cál sería o mellor método para conservalas?