2 mar 2011

Terceira avaliación

Entramos na recta final do curso e ten que notarse no blog.
Nesta última avaliación retiramos o tema da evolución das entradas pero mantemos todas as demais recomendacións da segunda.
Como obxectivos novos:
  • Seguimos esquecendo facer referencia ás fontes. (incluso cando fusilamos directamente toda a información, algo, por certo, que é moi pouco elegante) Tamén debemos ter en conta que wikipedia non é o único referente do mundo, nin o máis válido.
  • Un pouco de atención á ortografía, que sabemos escribir moito mellor
  • As etiquetas; por que no tomarnos un par de minutos para pensalas mellor
Tamén aviso xa de que a primeira semana de xuño (5 de xuño ás 12 da noite) remata o prazo para presentar entradas e reseñas de libros.

27 feb 2011

Pensábades que un meteorito extinguira ós dinosaurios?



Uns investigadores afirman que se atopou un segundo impacto en Ucraína a maiores do que se atopou no Golfo de México. Afirman que estes dous impactos foron realmente os que extinguiron aos dinosaurios fai millóns de anos. Tamén sacaron a conclusión de que a Terra fora bombardeada por unha choiva deles. Actualmente os científicos pensan que a choiva de meteoritos foi producida pola colisión de obxectos próximos a Terra, a NASA lanzou un programa con obxetivo de vixialos para estar alerta.
Credes que paga a pena gastar diñeiro en vixialo ? Eu creo que sí paga a pena, porque poderemos ter moitos intereses persoais, a nivel mundial, moitos avances que tamén serían importantes... Pero a cousa está en que se non estamos a alerta disto, e realmente volve a suceder sen nós poder facer nada para evitalo ou por salvarnos, morreríamos todos e non servirían de nada os avances realizados, non?

Os transxénicos, causantes de alerxias.



Greenpeace afirma que os transxénicos son os culpables de alerxias, aparición de resistencias a antibióticos en bacterias patóxenas para o home polo emprego de xenes antibióticos, novos tóxicos presentes nos alimentos debido a cultivos Bt ou a proteína que se utilizan como marcadores nos cultivos transxénicos. Baseáronse nunha investigación realizada sobre o millo MON 810, cultivado principalmente en Estados Unidos e tamén trátase do 20% en España.

Debemos de tomar como referencia as investigacións de Greenpeace e crer que os transxénicos son prexudiciais?

Qué é a electrohipersensibilidade?



Algunhas persoas atribúen o conxunto difuso de síntomas a exposición de baixa intensidade a CEM, como migrañas, reaccións cutáneas, ansiedade, depresión, náuseas, fatiga, insomnio e perdida da libido. En Reino Unido e Suecia recoñecese a electro-hipersensibilidade (EHS) como unha enfermidade e só neste último país, pensase que existen arredor de 250.000 persoas afectadas. Ata o momento, as probas científicas non apoian a existencia dunha relación entre os síntomas e a exposición do CEM. Os estudos que se realizaron nos países escandinavos comprobaron que, en condicións adecuadamente controladas de exposición a CEM, non se observan pautas de reacción coherentes nos suxeitos. Esta enfermidade, segundo os resultados, podería deberse a outros factores como o ruído ou estar relacionado co estres debido a de presenza de novas tecnoloxías.

Como podemos evitalo na era na que vivimos xa que todo é tecnoloxía?

ELEMENTAL, QUERIDOS HUMANOS_JUAN LUIS ARSUAGA!!



Este libro ensínanos como foi a orixe da Terra, como se desenrolou a vida, a biodiversidade que presentamos na actualidade entre todas as especies e remata con un estudo sobre os homínidos. Ademais disto, fai referencia a diferentes teorías da vida que teñen posibilidade de ser ou non falseadas.

Posible cura para o alzheimer



O obxectivo desta posible cura é deter a principal lesión cerebral vinculada a esta patoloxía: as placas amiloides no cerebro. Para iso leva a cabo unha empresa española de biotecnoloxía Araclon Biotech, foi quen deseñou unha vacina activa que fai que o organismo xere anticorpos para combater o exceso da proteína beta-amiloide 40 e 42 na sangue. Ó impedir ese sobrante, esas substancias non se acumulan no cerebro e non o danan. O que pretenden conseguir nun futuro próximo é poder aplicar esta vacina entes de que a enfermidade dane o cerebro. Deseñaron un kit de detección na sangue do beta-amiloide e delataría aos afectados nos primeiros estados da enfermidade.

Por que as potencias mundiais non colaboran cos estudos desta cura? Chegaran as seguridades sociais a financiala?

Fibromialxia





A fibromialxia non se recoñece como unha enfermidade, se non como un síndrome, un conxunto de síntomas que resulta difícil detectala. Chega a diagnosticarse polas molestias que se sofre a raíz dunha dor nos músculos e tendóns, tamén pode aparecer síntomas como: fatiga extrema, dores de cabeza ou alteracións na concentración. Non ten cura, pero existen tratamentos para mellorar a dor e tratar os síntomas, deben de basearse: no coñecemento da enfermidade, tratamento farmacolóxico e exercicio físico. O pronóstico que ten é que as persoas que o padecen é probable que continúen sufrindo dores pero nun 30-40% dos casos diminúe debido os tratamentos. Pola contra os sobre-esforzos físicos, cambios climáticos ou estados de ansiedade poden supoñer a reagudización.

Tendo en conta que isto o padece o 3% da poboación, as empresas investigadoras estarán dispostas a investir parte do seu capital por esa porcentaxe?

Por que as mulleres viven máis que os homes?



A esperanza de vida dunha muller na actualidade está sobre os 85 anos mentres que os homes quedan nos 75. Segundo as estatísticas, só os homes islandeses aspiran a ser octoxenarios. Este fenómeno debese a: 1) Unha investigación xaponesa sinala a un xene do cromosoma paterno Ragsrf1 2) Inflúen os factores ambientais, como o estilo de vida e a clase social. Os homes polo xeral cóidanse menos que as mulleres pois elas levan unha dieta máis equilibrada, e sofren menos accidentes de tráfico. Unha excepción é Xapón, xa que as mulleres chegan o centenario, pero a súa vida ten maiores penalidades xerando problemas psíquicos nelas, aumentando así a venda de somníferos e tranquilizantes.

Por que os homes non se toman tan en serio a vida como as mulleres e se coidan máis?

Porque se extinguiu o" dentes de sable"?











Esta e unha pregunta que se fan moitos cientificos xa que era un animal cunhas caracteristicas idoneas para as condicions nas que vivia.O "dentes de sable" recibe o nome de Machairodus pertencia a familia dos macairodontinos, era un animal do tamaño dun leon actual pero habia grandes diferenzas entre eles ,o " dentes de sable" tiña as patas dianteiras mais grandes que as traseiras parecido a como as teñen as hienas actuais , a espalda era mais corta e a cola era mui curta similar a do lince actual ,pero sen dubida o que mais destacaba deste animal eran os seus impresionantes colmillos dun gran tamaño e que non se atopan en ningunha especie actual .Os colmillos deste animal supuxeron un gran debate para os cientificos xa que nun primeiro momento supuxeron que os utilizaban para cazar apuñalando a presas de pel moi dura como o rinoceronte pero esta hipotese pronto perdeu forza xa que se descubriu que os colmillos eran demasiado fraxiles para soportar este emprego durante un periodo longo de tempo , polo que se pensa que o "dentes de sable" cazaba propiciando un corte as suas presas normalmente no cuello provovandolles unha hemorraxia e logo esperaba a que morreran.Os cientificos pensan que a diminución do tamaño dos animais terrestres puido frear a súa evolución e levalo a extinción, sendo esta a principal explicación a súa desaparición.

Transmítense mais xérmenes dando a man que bicando.


Os xérmenes son pequenos microorganismos que temos no corpo, que poden ocasionar enfermidades. Hai catro tipos, bacterias (que poden producir caries, dor de oído...), virus (que pode causar gripe,baricela...), fungos (erupcións na pel) e protozoos ( que poden causar dores de barriga,náuseas...).

Os xérmenes invaden o noso corpo, quitannos os nutrintes e a enerxía e prodúcennos toxinas, as cales nos poden dar mareos, vómitos..

Estes pequenos bichos transmítense polo aire cos estornudos, a tos ou incluso a respiración. Inda que tamén se propagan polo sangue, pola súor ou pola saliva. Simplemente con tocar algo que está contaminado ou darlle a man a alguén que está resfriado, xa podes collelos.

As formas mais comúns de evitalos son usar panos de papel, lavar as mans despois de tocar algo ou poñer a man na boca ao estornudar.

A súa principal vía de transmisión non é o aire, como moita xente cre, se non as mans, xa que moitos destes microorganismos sobreviven en determinadas zonas da casa como os pomos, as portas das neveiras.. polo que a maioría deles que podemos coller viven con nós, día a día.



Uxía V.F 1ºC

Os dados do reloxeiro


"Os dados do reloxeiro" é un libro escrito por Xurxo Mariño Alfonso.
Trata de explicar temas científicos, con unha linguaxe cotiá e un vocabulario ao alcance de todos.

O libro está dividido en cinco bloques científicos, como poden ser a ecoloxía, a cosmoloxía, a tecnoloxía, a evolución do home... que á súa vez, están divididos en artigos que falan de feitos concretos.

O artigo que mais me gustou foi o de "Para comezar, un bico", porque me pareceu moi curioso iso de que coller as cousas cunha determinada man, ou a tendencia a xirar a cabeza cara un lado ou cara o outro xa se faga presente durante o embarazo. E é certo iso de que a xente que usa a man dereita tende a xirar a cabeza cara dereita, e a xente zurda xíraa cara ó lado esquerdo.


O bloque mais intesetante para min foi " O medio natural e Nós, matrimonio de conveniencia" (ecoloxía), porque che fai ver que un tratamento che pode curar unha enfermidade pero, utilizandoo en exceso, pode chegar a matarte; que todos os antibióticos que tomamos os mexamos e acaban contaminando as augas... inda que me parece un pouco estúpido iso de poñerlle multas os granxeiros porque as súas vacas fagan moito as súas necesidades, vale que contaminen, pero pobres... non se poden aguantar.


O bloque que menos me gustou foi o de "Enigmas do infinitamente grande e pequeno" (física, cosmoloxía), simplemente porque non o entendin, o autor ó estar especializado en este tema, explícase tanto e dá tantos detalles que non podes comprendelos todos, polo que acabas de ler o artigo sen enterarte de nada, non digo que non sexa un tema interesante pero podía facelo un pouco mais lixeiro.


En xeral, o libro gústoume bastante, é sinxelo de ler e ten cousas moi interesantes que che chocan bastante.



Uxía V.F. 1ºC

Os humanos somos máis intelixentes, ou non?



Como xa vimos, a principal diferenza entre humanos e animáis(os primates, e en concreto o chimpancé, que é o noso descendente máis cercano) radica na intelixencia e na capacidade de aprender. Sóese dicir que os humanos somos máis intelixentes que os primates pero, é isto certo?

Pois ben, un grupo de antropólogos, biológicos, físicos, psicólogos e médicos realizaron un estudo no Instituto de Yerkes(Canadá) analizando o comportamento de 50 macacos xaponeses. Para realizar o estudo, os investigadores dividiron aos xóvenes primates en 3 grupos: o primeiro baixo o coidado da súa nai, o segundo por unha enfermeira e o terceiro por un antropólogo.Os datos obtidos entre éstes tres grupos son os seguintes:

- Os primares que menos aprenderon son os que estaban sendo educados pola sua nai, xa que ésta mostra pouco interés en ensinarlle.

- Pódese constatar que, se son adestrados, os primates son capaces de comunicarse perfectamente por medio duna máquina de escribir ou un ordenador.

Tras comparar a capacidade de aprendizaxe de un neno e un chimpancé recen nacidos, os científicos comprobaron que o mono aprende máis rápido que o bebé; pero que o proceso de aprendizaje do mono detense aos tres anos de vida, mentres que o neno segue aprendendo ao longo de toda a súa vida.

Outra similitude é que entre humanos e chimpancés temos comportamentos moi parecidos á hora de falar dos seus conflitos, principalmente pola búsqueda de alimentos e a conquista das femias.

Por último compre mencionar que os chimpancés teñen a tendencia de apollarse, aliarse, consolarse e defender o seu estátus de forma moi similar á dos humanos.

Tras esta reflexión:somos os humanos igual, mais ou menos intelixentes que os primates? A evolución que existe entre ambos é soamente física ou tamén psicolóxica?