17 jun 2017

Avances nas enfermidades esquecidas


Hai un par de meses, a directora da OMS anunciaba que se realizaran avances sen precedentes para acabar con estas enfermidades , sobre todo dende a introdución do micetoma dentro do listado, que produciu un gran incremento na concienciación da xente.

Canto tempo hai que o cancro está a facer das del?

A comezos do ano, atopáronse restos dun homínido nos que, tras analizalos, se descubriron indicios de cancro, o cal leva á pregunta do título: dende cando existe o cancro? Xa se atoparan tamén no fósil dun dinosauro as marcas dun tumor do que podería ser responsabel, polo que é probable que teñamos unha longa loita para acabar co seu réxime mortal.

Unha futura cura para o Alzheimer?

Científicos de Suíza e EEUU realizaron uns estudos cun anticorpo chamado aducanumab o cal reduce os depósitos da proteína que dificulta a relación normal entra as neuronas do noso corpo e que podería causar o alzheimer. Este aínda segue en etapa de proba pero os resultados do estudo realizado foron moi alentadores-

O sistema nervioso e o aparato dixestivo

Neste artigo fálanos das relacións que ten o noso sistema nervioso co aparato dixestivo, dende as neuronas que hai no intestino ata que a flora bacteriana podería ter influencia tanto no noso apetito como na noso estado anímico.

14 jun 2017

BIOIMPRESIÓN, O FUTURO DA MEDICIÑA?

Resultado de imagen de bioimpresion
A bioimpresión, que consiste na creación de estructuras celulares a partir do uso dunha impresora 3D especializada, ten pouco tempo de aparición e, sen embargo, xa se proclama coma o principio do futuro da mediciña.