7 jun 2012

MÚSCULOS ARTIFICIAIS


Creación de músculos artificiales que non só imitan aos músculos humanos, senón que ademáis superanos con creces.O avance foi realizado por científicos da Universidade de Texas, estes músculos serán capaces de expandirse e contraerse ata nun 220% en cuestión de milisegundos con tan só aplicarlle unha simple voltaxe, son mais fortes que o aceiro e mais duros que o diamante. Tamén será lixeiro, xa que con apenas 1.5 miligramos do material é suficiente para cubrir unha área de 30 metros cadrados.
Serán posibles os transplantes de músculos artificiais?


NOVO ANTICONCEPTIVO MASCULINO

Unha investigación científica da universidade escocesa de Edinburgo demostrou que o xene chamado katnal1 é clave para propiciar que os espermatozoides maduren nos testículos .Segundo os investigadores, se se aprende a regular o xene Katnal1 poderase desenvolver un anticonceptivo masculino non hormonal. Segundo o investigador, trataríase dun método que sería reversible, xa que só afectaría as células de esperma en etapas posteriores do desenvolvemento do seme, polo que non impedirá a capacidade global para producilo, unha especie de "vasectomía xenética".
Con este método reduciranse os embarazos non desexados?


CORAZÓN ARTIFICIAL


Médicos do Hospital Bambino Gesu de Roma salvan a un bebé de 16 meses cunha doenza cardíacaimplantandolle un corazón artificial máis pequeno do mundo. Este corazón diminuto de tan só 11 gramos tendo en conta que o corazón dun adulto pesa 900 gramos, tiña unha capacidade de manexar 1.5 litros de sangue. O cativo sobreviviu 13 días con este corazón ata que atoparon un doante e puido ser transplantado.

Graxa das células nais.
No hospital Gregorio Grañón de Madrid reconstruíron mamas a partir da graxa das súas células nais, isto permite recuperar o volume natural sin acudir á prótesis artificiais. A misión das células é xenerar novos vasos sanguíneos para alimentar o novo implante da graxa.

Substiuira a graxa das células nais a prótesis artificial?

FONTE: http://www.abc.es/20120604/sociedad/abci-celulas-madre-segura-mama-201206041342.html
Bebé creado mediante o FIV para combatir o cancro de mama.

Nace o primeiro bebé sin o xen BRCA1 que se atopa no cromosoma 17 que predispón padecer cancro de mama. Na familia de este bebé déronse varios casos de este cancro e a nai era portadora dese xen polo acudiron a Fecundación in vitro (FIV) para ter un bebé sin ese xen hereditario.
Cres que en casos coma este se debería acudir a FIV?

FONTE:
http://geneticabioetica.blogspot.com.es/2011/05/noticias-sobre-la-genetica.html

6 jun 2012

Cor de ollos.
A Universidade de Colorado (EE.UU.) publicou en Nature Genetics que según a cor de ollos pódese saber que probabeis enfermidades de pel se pode sufrir. Os que teñen os ollos azuis teñen menos posibilidades de padecer vitíligo e os que teñen os ollos marrón padecer melanoma.
Poderáse grazas a cor de ollos evitar padecer enfermidades de pel?

FONTE: http://www.abc.es/salud/noticias/color-ojos-predice-riesgo-melanoma-11921.html

Transplante de cara.

Richard Norris, de 37 anos, levaba 15 anos ferido moi gravemente cunha arma de fogo. Cando saía á rúa utilizaba unha máscara.
A intervención levada a cabo na Universidade de Maryland doulle ao paciente unha nova cara, nariz, dentes, lingua e unha mandíbula. Os ciruxanos traballaron 36 horas e utilizaron órganos de cinco pacientes. Retiraron todo o que estaba deformado e reconstruírono a partir de partes do tecido do corpo.
Despois de 15 anos, Richard pode cepillarse os dentes e afeitarse, e recuperou o sentido do olfato.
Está claro que agora somos capaces de facer transplantes totales de cara, pero deberíamos facelos? Está ben ter a cara doutra persona? Como se ve el o mirarse ó espello?

5 jun 2012

Sempre se escoitou que un fillo da vida

Estudos recentes demostran que esta afirmación é certa. Nas mulleres que dan a luz despois dos 45 anos atopanse catro xens que inhiben a apoptosis e xens asociados coa lonxevidade. Quizas a eterna xuventude estea en ser nai ós 50?
http://www.informador.com.mx/tecnologia/2012/369002/6/investigacion-israeli-encuentra-genes-rejuvenecedores-en-madres-maduras.htm

Científicos de UE identifican 65 xenes vinculados co autismo

Dos 65 xenes identificados relacionados co autismo, poden demostrar que catro deles, denominados SCN2A, CHD8 KATNAL 2 e GRIN2B, mantén un forte vinculo ca enfermidade. Isto fai que teñan unha imaxe mais clara de como se produce o autismo, que os conducira a detectar obxectivos terapéuticos que lles permita desenrolar novos tratamentos contra a enfermidade.Segun científicos ter fillos a unha idade avanzada tamén provoca o risco de autismo. Crees que o autismo se determina nos xens ou na idade dos pais?
http://www.informador.com.mx/tecnologia/2012/367941/6/cientificos-de-eu-identifican-65-genes-vinculados-al-autismo.htm

Bacterias que resisten antibióticos



Científicos identificaron un mecanismo en bacterias  que lles confire resistencia ante varios dos antibióticos habitualmente usados.Moitos antibióticos  son efectivos xa que inducen un estrés oxidativo  nas bacterias e  agora descubriuse que estes combaten dito estrés mediante a liberación de óxido nítrico (NO). Isto confire resistencia fronte ao antibiótico debendo aumentar as doses. Este descubrimento permitirá desenvolver axentes que bloqueen o óxido nítrico, permitindo o uso de  antibióticos a doses máis baixas e, polo tanto, con menos efectos adversos. ¿Servirá para curar enfermidades crónicas?

A célula nerviosa artificial




A primeira célula nerviosa artificial que pode comunicarse con neuronas do noso corpo, usando neurotransmisores, estase desenvolvendo por científicos nunha universidade de Suecia e queren crear unha pequena unidade que poderá ser implantada no corpo e liberar neurotransmisores para tratar pacientes. Os proxectos actuais apuntan a aliviar condicións como a xordeira, epilepsia e Párkinson. ¿Servirá para que un lesionado medular volva a andar?



Rematamos o curso

O víndeiro venres 8 de xuño remata o prazo para enviar entradas ao correo.
O prazo para publicar e comentar remata o venres 15 de xuño.