4 abr 2014

Mapa cerebral.

Presentan ´un mapa´ con las conexiones del cerebro humano
A revista Nature publicou dous traballos que prometen un importante impulso no coñecemento do cerebro e das súas patoloxías. O que conseguiron estos investigadores é unha especie de manual de instruccións de como se vai formando o cerebro, limitado a tres estadíos do desenvolvemento embrionario. Grazas a estes estudos, poderemos atopar a cura a algunhas enfermidades que teñen lugar no cerebro?

3 abr 2014

Biogasolina a partir de bacterias.

Un equipo de científicos coreanos consigue fabricar gasolina sen a necesidade de recurrir a un combustible fósil. Lográrono empregando a bacteria E.colique vive no noso intestino, grazas á manipulación do seu metabolismo.
Podería convertirse esta biogasolina no novo combustible para non ter que depender soamente do petróleo?

O noso cerebro está sintonizado para entender a linguaxe.

Un artículo publicado na revista Science determina que o son que realizamos ao falar deixa un rastro acústico que o cerebro é capaz de interpretar. Unha rexión do cerebro chamada circunvolución temporal superior é a encargada de realizar un mapa de sons e representalos. Axudará este descubrimento a evitar os transtornos de lectura?
Fonte: http://24reporte.wordpress.com/2014/02/03/nuestro-cerebro-esta-sintonizado-para-entender-el-lenguaje/

1 abr 2014

Remedios homeopáticos para bebés.


A homeopatía infíltrase cada vez máis na nosa sanidade. Dase o caso dun bebé andaluz que padecía cólico do lactante e que recibiu por man da súa pediatra unha receita de Nux vomica, un preparado homeopático cunha elevada disolución.
Como sería a túa postura se che ocorrera algo semellante?
Fonte: http://blogs.elcorreo.com/magonia/2014/01/13/pediatras-de-la-sanidad-publica-recetan-homeopatia-a-bebes/

30 mar 2014

ADN el secreto de la vida



Supoño que ninguén precisa que lle presente ao autor deste libro, o meu amigo James. Igual vos sorprende máis que recomende un libro del co que escoitamos estes días. Dá igual, o libro merece unha visita aínda que igual non mereza a pena unha cea co autor.

Entradas da terceira avaliación.

Xa podedes publicar entradas no blog.
Para os despistados estades ante o blog dos alumnos de Ciencias para o Mundo Contemporáneo do IES de Ponteceso. Neste espazo publicaremos noticias relacionadas cos temas de clase, buscaremos polémicas relacionadas coa materia ou falaremos de lecturas de divulgación científica. Nesta terceira avaliación, na que xa estamos familiarizándonos co uso do blog intentaremos prestar máxima atención nas entradas aos seguintes aspectos:
  • Temas: en cada avaliación os temas a publicar deben estar relacionados cos contidos estudados nela. Nesta segunda avaliación os temas son: Saúde e a Revolución xenética.
  • Ortografía.
  • Lonxitude da entrada. As entradas non poden ocupar máis de catro liñas. 
  • Enlaces. Como acabo de comentarvos a lonxitude das entradas está limitada polo que os enlaces son imprescindibles. Estes deben axudar a completar a información contida na entrada.
  • Rigor científico dos contidos. Sempre será interesante contrastar as nosas fontes.
  • Fontes. Non esquezamos nunca citar a procedencia de imáxenes ou información publicada nas entradas.
  • Etiquetas.
A ausencia de calquera destas cuestión invalidará a entrada.
Lembrade que para poder publicar primeiro tedes que enviar as entradas á dirección de correo que vos din en clase e despois esperar a que vos envíe a invitación. As entradas publicadas sen invitación non serán válidas.