8 feb 2013

   ANTIOXIDANTES



Beneficiosos ou perxudiciais? Algúns científicos como Linus Pauling afirman que algúns antioxidantes como a vitamina C son anticanceríxenos, da cal el tomaba 12 g ao día, curiosamente, morreu de cancro de próstata. En cambio outros, como Watson, opinan que os antioxidantes en exceso poden causar o efecto contrario, favorecer o desenvolvemento de tumores (células canceríxenas). Acaso podería a ciencia dar dúas respostas distintas á mesma cuestión? Quen debe decidir a polémica o científico de maior prestixio ou a experimentación? Quizais deberíamos comer menos laranxas...
Na seguinte páxina podedes atopar respostas de interese:

4 feb 2013

Unha breve historia de casi todo

E o título fai honor ao contido do libro, conta historias de case todos os temas que tratamos en clase. Escolle o teu tema e mergúllate na intrahistoria da Ciencia. Unha delicia de lectura