15 feb 2013

HOUBO ALGUNHA VEZ VIDA NO PLANETA VERMELLO?





É  unha pregunta que nos facemos fai moito tempo, pero que de momento segue sendo unha incógnita a pesar diso séguese investigando. A radiación que existe no planeta tal vez impida que si se poida desenrolar vida na superficie, e se hai hidróxeno probablemente esté debaixo onde hai máis calor. Un grupo de científicos lanzou unha hipótese anos atrás,  que dicían que a capa de xeo do polo sur de Marte derrítese na Primaveira e que hai manchas escuras chamadas "Arañas" debidas a erupcións de gas e area, pero tamén podería deberse a microorganismos fotosintéticos que viven nunha capa de auga líquida. Cande se secan, oscurécense o xeo derrítese e quedan expostas.
O noso futuro está nese planeta?

AS BACTERIAS QUE VIVEN BAIXO O XEO DA ANTARTIDA SOBREVIVEN SEN FONTES DE ENERXÍA EXTERNA





Científicos de USA  en moitas das súas expedicións á Antártida, descubriron unhas bacterias que viven a temperaturas de -13º, en auga con altas concentracións de sal, amoníaco, azufre e óxido nitroso, sen luz nin osíxeno baixo o xeo de un lago da Antártida. Este descubrimento de pistas sobre a existencia  de habitantes de outros planetas. Os científicos secuenciaron o ARN de moitas mostras e atoparon 32 tipos de organismos que pertencen a 8 tipos de bacterias. O lago chámase Vida , onde os organismos son capaces de vivir sen ningunha fonte de enerxía externa.

Como é isto posible?


O XENOMA DE 220 AFRICANOS ILUMINA A ORIXE DA HUMANIDADE





O xenoma de 220 persoas de 11 poboacións Subsaharianas confirman que os bosquimáns San (que estiveron en África  hai 100 millóns de anos) , descenden directamente dos primeiros humanos modernos. Identificaron 6 xenes ( poden ser os xenes que fixeron evolucionar ata a nosa especie desde un homínido máis primitivo) claves no desenrolo do cráneo e o cerebro que foron obxecto da Teoría Sintética da Evolución nesa época e crearon a anatomía humana en pouco tempo.
Realmente, son os africanos os máis evolucionados?



CAL FOI PRIMEIRO O OVO OU A GALIÑA?


É unha pregunta que tantos debates e análises suscitáronse ao longo da historia, e a maioría das respostas apuntan ao ovo. O plantexamento que se fai é: se un elemento X, non pode existir sen outro Y, e viceversa, entón resulta máis complicado do que parece. Aristóteles o comparou co home: o primeiro home existiu sen pai nin nai, o cal resulta imposible. Esta pregunta tamén foi abordada por Stephen Hawking, Langan e Charles Darwin, pois está relacionada coa Teoría da Sintética da Evolución e de acordo con esta sería primeiro o ovo, pois estes xa existían antes cas galiñas. Un estudo científico recente chegou a conclusión de que foi primeiro o ovo, porque o material xenético non pode modificarse durante a vida do animal. Os científicos de acordo con esta teoría de que a galiña evolucionou de outra especie, a mutación daríase nun embrión dentro dun ovo preexistente. Aínda así seguen habendo dúbidas.
E vós que pensades?

 Fonte: http://www.ojocientifico.com/4171/que-fue-primero-el-huevo-o-la-gallina








11 feb 2013

Po de estrelas

Atopámonos neste libro de novo o formato máis repetido nas lecturas de divulgación, unha colección de temas tratados en apenas dúas páxinas. Que fai diferente este libro? Pois dúas cuestións importantes. A primeira é que se trata dun compendio de artigos así que non hai outro modelo para facelo. Pero sobre todo a linguaxe amena e clara, as ilustracións que engaden aínda máis chispa ás explicacións e o interese dos temas que trata. Merece a pena probar.