10 feb 2011

Por qué odiamos as verduras?

Solemos pensar que a cor verde ou a textura é o que fai que as espinacas, as acelgas ou as xudías sexan o máximo inimigo dos nenos e non tan nenos, pero isto so pode influír nun grado bastante pequeno.
Según varios estudos realizados,o rechazo cara as verduras prodúcese grazas ao
instinto de supervivencia. Os velenos son sempre amargos e o noso organismo desarrollou hasta 27 receptores para estes sabores e así poder evitar a ingesta destes, todo isto debido ao proceso evolutivo ao longo de varios anos. Por isto, cando se toma un medicamento ou certas verduras téndese ao rechazo, sobre todo nos nenos xa que non teñen aínda o gusto moldeado. Nalgunhas persoas é máis a sensación de amargor que noutras, isto débese ao xen TAS2R38 (que por suposto todos coñecemos) que ten dúas variantes, unha máis sensible que outra e é a máis sensible a que fai que teñamos unha maior sensación de amargor.

A evolución de Homer nun minuto


Gústame este vídeo, seguro que a vós tamén pero ten algún erro. Saberiades dicir cal/cales son?

9 feb 2011

Os antepasados das serpes teñen patas


Un novo estudio de fósiles de serpes de fai uns 95 millons de anos sacou á luz que estas tiñan patas, e con isto o debate de se proceden dos lagartos terrestres ou dos lagartos mariños.

En Grenoble (Suiza) aplicouse ao estudo da estructura interna dos osos das patas dos fósiles de Eupodophis Descouensi, unha serpe que habitou fai uns 95 millóns de anos pero que se descubriu fai, tan só, 10 anos. Dito animal ainda non perdera as patas traseiras completamente, e representa unha etapa intermédia da evolución.

Aínda que a simple vista o primeiro que se nos ocorre é que as patas eran propias das serpes terrestres, existe algunha posibilidade de que procedan das serpes mariñas? Terían ambos tipos de serpes patas, ou, pola contra, as mariñas posuirian outro tipo de estremidades que lle puidesen ser mais útiles?

A BIOTECNOLOXÍA EN GALICIA

Os distintos países industrializados fan unha continua aposta polas posibilidades que a biotecnoloxía oferta. De feito, en Galiza púxose en marcha no ano 2006 o Clúster de Biotecnoloxía de Galiza. Este clúster está constituído por máis de trinta empresas dos sectores: alimenticio, acuícola, agrícola, biomédico, etc.
Por outra banda, existen diversos grupos de investigación vinculados á biotecnoloxía. O máis interesante para min foi o grupo de ictioxenética da Universidade de Santiago de Compostela, que aplica ferramentas xenómicas para a mellora da cría do rodaballo. Amais están desenvolvendo o primeiro
microarray neste organismo coa intención de localizar os xenes potenciais de resistencia fronte a diversas patoloxías. Outro grupo moi interesante atopámolo na Universidade da Coruña onde traballan no tratamento de substancias industriais. Outro exemplo é o grupo do Salustiano Mato, na Universidade de Vigo, quen traballa nos bioprocesos do que se deu en chamar vermicompostaxe (compostaxe grazas aos vermes).
Aquí vos deixo unha páxina moi interesante sobre a biotecnoloxía e a agricultura:
ADEGA

8 feb 2011

Diferencias entre VIH e SIDA



O virus da inmunodeficiencia humana (VIH) é o causante de que exista o SIDA (síndrome de inmunodeficiencia adquirido) xa que unha persoa que teña VIH se a diagnostica a tempo para freala non ten porque ter o SIDA. Este virus ataca o sistema inmunotario e deixa ó organismo exposto a unha gran cantidades de infecións e cánceres que na súa maioría foron mortais.

Moitas das enfermidades, bacterias e virus que habitualmente en persoas sans non provocan enfermidades serias en persoas con SIDA poden chegar a provocar a morte.

As principais causas de transmitir o (VIH) son: A través do contacto sexual: sexa sexo oral, vaxinal ou anal, a través da sangue: por transfusións sanguíneas(agora non frecuentes pero antigamente si se deron casos) ou por compartir agullas , de nai a fillo por herencia dos xenes ou por medio da leite materna.

Hai outros métodos pero que non son tan frecuentes,por exemplo,cunha pequena lesión con unha agulla, por inseminación artificial por un seme doado infectado.

A infecicón por VIH non se propaga por: Contacto casual como un abrazo, mosquitos, participación en deportes e tocar cousas que xa foron tocados por unha persoa infectada co virus.

As persoas con máis risco de contraer o VIH son os drogadictos ó compartiren as agullas para inxectarse droga, así como os nenos nacidos de nais con VIH que non recibiron a terapia durante o embarazo, persoas que non usan precaución ó practicar relacións sexuais sexan persoas con VIH ou con persoas con SIDA. Tamén están en risco aquí las persoas que recibiron transfusións sanguíneas ou produtos para a coagulación entre o 1977 e o 1985.

Un avance para o SIDA:

http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/02/02/0003_201102G2P36991.htm

¿Qué opinades disto?



Xullo 1969

7 feb 2011

Creacionismo


As teorías sobre a evolución partiron do fixismo, vertente que afrmaba que as especies non evolucionaron desde a súa creación. Darwin, pola contra, demostrou que os seres vivos sufrimos un proceso de selección natural para adaptarnos ao medio no que vivmos. Contra isto, a relixión defende a idea de que o home é unha excepción, que ocupa unha posición única no centro da creación, mentres que o resto das especies apareceron de maneira idéntica en número e aspecto as actuais, a través de un só creador.Que resumindo, é a vertente do creacionismo.

É o creacionismo unha teoría científica?

Que criterios fan crible esa teoría?

Debe ensinarse nos colexios como teoría científica?


6 feb 2011

Os coacervados.



Explicando as posibles orixes da vida,topámonos cos coacervados,protobiontes creados no laboratorio.A auga non se evapora pola presión tan grande que hai.Non se consideran células verdadeiras porque non teñen ADN nin ARN,pero si se consideran pseudocélulas porque puideron orixinar células procariotas.Vos creedes que os coacervados resolven o problema da orixe da vida?Imaxinábadesvos a vida así?